Calendario

Eventos do mes Xaneiro de 2017

DOG 30/01/2017
Novo nome para o IES de Tomiño

O IES de Tomiño pasa a chamarse IES Antón Alonso Ríos.

Outros 27/01/2017
Formación práctica en centros de traballo

Na web da Consellaría a resolución da convocatoria pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.

Outros 27/01/2017
Contratos programa

Listaxe definitiva dos centros seleccionados, para o curso 2016/17, con contratos-programa en educación infantil, primaria e secundaria.

Outros 27/01/2017
Bibliotecas escolares solidarias

Publicados os centros inscritos nas accións "Voluntariado na biblioteca escolar" e "Voluntariado de Lectura-A".

Outros 26/01/2017
Proba do DELF

Anunciados os centros de realización das probas do DELF escolar.

DOG 23/01/2017
Puntuacións en varias listaxes de interinidades

No DOG as puntuacións definitivas e a relación de excluídos definitivos en tecnoloxía, economía, administración de empresas, informática, operacións de produción agraria, patronaxe e confección, servizos de restauración e sistemas e aplicación informáticas.

Outros 19/01/2017
Contratos programa

Listaxe provisional dos centros de primaria e secundaria seleccionados, para o curso 2016/17, con contratos-programa.

DOG 18/01/2017
Axudas a proxectos de fomento do uso de galego en centros privados

No DOG a convocatoria de subvencións para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada.

DOG 18/01/2017
Axudas a proxectos de fomento do uso de galego en centros públicos

Publicadas as axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública.

Outros 16/01/2017
Admisión de alumnado

Na web da Consellaría o proxecto de orde pola que se modifica o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de EI, primaria, ESO e Bacharelato.

DOG 12/01/2017
Acreditación de competencias profesionais

Convocado proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral en determinadas unidades de competencia.

DOG 09/01/2017
Plan Proxecta

Publicada a relación definitiva de centros admitidos no Plan Proxecta para o curso 2016-2017.

DOG 09/01/2017
Adquisición de libros de texto

Ampliados os importes para o financiamento das axudas para a adquisición de material escolar para o alumnado de primaria, ESOe educación especial.

DOG 09/01/2017
Técnico superior en hípica

Autorizadps, na modalidade a distancia, os módulos do bloque común e do bloque específico das ensinanzas de técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo e de técnico deportivo superior en Hípica no Centro Autorizado de Ensinanzas Deportivas Santa Apolonia de Santiago de Compostela.

DOG 09/01/2017
Auxiliares de conversa para centros concertados

No DOG a regulación do réxime de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa.

DOG 09/01/2017
Axudas a centros concertados para atención a alumnado con NEE

Resolta a convocatoria de axudas a centros privados concertados para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2016/17.

DOG 09/01/2017
Puntuacións definitivas en equipos electrónicos

Publicadas as puntuacións definitivas do corpo de PTFP na especialidade de Equipos Electrónicos.

DOG 09/01/2017
Bacharelato para maiores de 20 anos

No DOG a orde que regula a proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos.

DOG 09/01/2017
Acceso a ciclos formativos
Convocadas probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2017.
Outros 09/01/2017
Clubes de lectura

Resolución da convocatoria para incentivar o funcionamento de Clubes de lectura en centros públicos durante o curso 2016/2017.

Outros 09/01/2017
Curso para profesorado de francés

Na web da Consellaría a convocatoria de cursos de formación para profesorado de francés ao abeiro do convenio para a obtención do DELF (Diploma de Estudos en Lingua Francesa) escolar.

< Xaneiro 2017 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31          

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario