Calendario

Eventos do mes Decembro de 2016

Outros 26/12/2016
Orde que regula a avaliación do Bacharelato para acceso á universidade no curso 2016/17

Publicada no BOE a Orde pola que se determinan as características, o deseño e o contido da avaliación do Bacharerato para o acceso á Universidade, as datas máximas de realización e de resolución dos procedementos de revisión das cualificaciones obtidas, para o curso 2016/2017. 

DOG 23/12/2016
Listaxes provisionais para contratación: tecnoloxía, economía, informática, operacións de produción agraria e sistemas e aplicacións informáticas

ANUNCIO do 13 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais en varias especialidades do corpo de PES e PTFP.   

Outros 23/12/2016
Publicación das puntuacións definitivas e relación de excluídos definitivos na especialidade de Equipos Electrónicos

Publicado na web da Consellaría o anuncio da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos polo que se comunica a publicación das puntuacións definitivas e a relación de excluídos definitivos do corpo de PTFP na especialidade de Equipos Electrónicos

Outros 23/12/2016
Proxectos de dinamización lingüística en centros públicos

Convocatoria para a realización de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade da Consellería durante o curso académico 2016/2017

DOG 21/12/2016
Novo nome para o CEIP de Oleiros

O CEIP de Oleiros (A Coruña) pasa a chamarse CEIP Juana de Vega.

Outros 21/12/2016
Diploma de estudos en lingua francesa

Circular que informa da posibilidade de obter o DELF nos centros de ensino público.

DOG 20/12/2016
Concurso de traslados de adultos

Publicada unha modificación na convocatoria de concurso de traslados para os centros de educación de adultos que afecta ao profesorado de secundaria de francés.

Outros 19/12/2016
Puntuacións en varias listaxes de interinidades

Puntuacións provisionais e relación de excluídos provisionais en tecnoloxía, economía, administración de empresas, informática, operacións de produción agraria e sistemas e aplicacións informáticas.

DOG 16/12/2016
Premios extraordinarios en ensinanzas artísticas

No DOG os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de música, danza e de artes plásticas e deseño do curso 15/16.

DOG 14/12/2016
Inmersión lingüística en inglés

Resolución definitiva cos centros que participarán no programa de inmersión lingüística en inglés, English Week, en 6º de primaria e na ESO.

DOG 13/12/2016
Premios na ESO ao esforzo e á superación

Concesión dos premios de ESO ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2015/16.

DOG 13/12/2016
Novo nome para o IES de Ponteareas

O até agora chamado IES de Ponteareas vai pasar a chamarse IES do Barral.

DOG 12/12/2016
Novas ensinanzas no IES Lama das Quendas

Autorizadas as ensinanzas básicas iniciais de persoas adultas nos niveis I e II, no IES Lama das Quendas (Chantada).

DOG 12/12/2016
Plan de estudos de diversas especialidades

Publicado o plan de estudos da especialidades de Dirección e Produción e Xestión (ensinanzas artísticas superiores de música) e amplidados os anexos do plan de estudos correspondente á especialidade de Interpretació.

Outros 02/12/2016
Concurso de Traballo por Proxectos

Resolución do III Concurso de Traballos por Proxectos baixo a coordinación ou coa participación da biblioteca escolar.

DOG 01/12/2016
Plan de estudos de Deseño

Regulada a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Deseño e estabelecido o seu plan de estudos.

DOG 01/12/2016
Ensinanzas artísticas superiores de Música

Establecido o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Música, nas especialidades de Composición, Interpretación, Musicoloxía e Pedagoxía.

DOG 01/12/2016
Conservación e restauración de bens culturais

No DOG o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, nas especialidades de Bens Arqueolóxicos, Escultura e Pintura.

DOG 01/12/2016
Ensinanzas de arte dramática

Publicado o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática.

< Decembro 2016 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario