Calendario
Eventos do mes Marzo de 2017
Puntuacións en varias listaxes de interinidades
No DOG as puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais en varias especialidades.
Instrucións para a realización da proba de acceso á Universidade
Publicadas as instrucións para a realización da avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU) para curso 2017/2018.
Normas para a aplicación dos concertos educativos
Publicadas no DOG as normas para a aplicación do réxime de concertos educativos con centros docentes privados para o curso académico 2017/18 e seguintes.
Concurso de fotografía escolar
A Consellaría de medio ambiente organiza o concurso de fotografía 'Entendendo as nubes' dirixido a todos os centros de primaria, secundaria e formación profesional.
Acreditación de competencias profesionais
No DOG o nomeamento dos asesores e as asesoras que actuarán no proceso de acreditación de competencias.
Centros admitidos no Clube de Ciencia
Na web da Consellaría a relación definitiva de centros admitidos para participar no programa piloto de innovación educativa "Club de Ciencia".
Gastos de funcionamento dos centros públicos
Publicado na web da Consellaría o orzamento asignado para os gastos de funcionamento para este ano 2017.
Apertura de interinidades en especialidades de música
No DOG a apertura dunha listaxe de interinidades no corpo de rofesores de música e artes escénicas nas especialidades canto, clarinete e percusión.
Técnico deportivo en vela para un centro privado
Autorizada a modalidade a distancia das ensinanzas de técnico deportivo e técnico deportivo superior en vela con aparello fixo e con aparello libre no centro privado Santa Apolonia (Santiago de Compostela).
Máis unidades para un centro que segrega por sexo
Autorizada a ampliación de 4 unidades de ESO no centro privado Montespiño (Culleredo).
Adxudicación provisional do concurso de centros de adultos
Na web da Consellaría a adxudicación provisional do concurso de mestres para centros específicos de educación e promoción de adultos.
Adxudicación provisional do concurso de orientación
Publicada a adxudicación provisional do concurso de traslados específico para xefatura de departamento de orientación.
Adxudicación provisional do concurso de mestres
Na web da Consellaría a adxudicación provisional do concurso xeral de traslados do corpo de mestres para o ano 2017.
Cursos CELGA
Engadido un centro na orde que convoca os cursos CELGA.
Concurso de Traballo por Proxectos
Publicada a convocatoria do IV concurso de Traballos por Proxectos.
Orde de direccións
No DOG o concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección dos centros docentes públicos.
Avaliación de competencias
Publicadas as comisións de avaliación que actuarán no proceso de acreditación de competencias.
Certificados de profesionalidade
Convocadas probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación.
Programa Clube de Ciencia
Na web da Consellaría a resolución provisional de centros admitidos para participar no programa Clube de Ciencia.
Convocatoria dos cursos preparatorios para os CELGA 2017
Publicada no DOG a orde pola que se anuncia a convocatoria de cursos preparatorios para as probas dos certificados CELGA.
Servizos mínimos para a folga
Publicada a orde cos servizos mínimos para a folga no ámbito do ensino do 9 de marzo de 2017.
Resolución provisional do CXT de secundaria
Na páxina web da Consellaría a resolución provisional do concurso de traslados de secundaria.
Técnico en emerxencias e protección civil
No DOG ocurrículo do ciclo formativo de grao medio de técnico en emerxencias e protección civil.
Técnico superior en ortoprótese e produtos de apoio
No DOG o currículo do ciclo formativo de grao superior de técnico superior en ortopróteses e produtos de apoio.
Formación en linguas estranxeiras para o alumnado
No DOG as axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017 para o alumnado.
Premios extraordinarios de FP
Convocados premios extraordinarios de FP de grao superior correspondentes ao curso 2015/16.
Autorización de moitas novas unidades nun centro privado
O colexio privado Peñarredonda da Coruña está autorizado a ampliar dúas unidades en primaria e catro unidades na ESO.