Calendario

Eventos do mes Xuño de 2016

Outros 29/06/2016
Listaxes provisionais de comisións de servizo por conciliación.

Publicadas na web da Consellaría. O prazo para reclamar remata o 5 de xullo.

Outros 28/06/2016
Proxecto E-dixgal

Na web da Consellaría a relación definitiva de centros seleccionados na convocatoria para participar no proxecto E-DIXGAL.

DOG 27/06/2016
Técnico superior en integración social

No DOG o decreto polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior do título de técnico superior en Integración Social.

DOG 27/06/2016
Admisión de alumnado de FP

No DOG o procedemento de admisión do alumnado de ciclos formativos de FP de grao medio e de grao superior en réxime ordinario e para as persoas adultas.

Outros 24/06/2016
Resolución provisional de comisións de saúde. Prazo até o 1 de xullo para reclamar

Listaxes publicadas na web da Consellaría. O prazo de reclamacións remata o 1 de xullo. Está previsto que a reunión para a revisión das reclamacións sexa a mediados de xullo.

DOG 23/06/2016
Oferta de FP

Orde coa actualización da oferta de FP polo réxime ordinario en centros públicos.

DOG 23/06/2016
FP para adultos

No DOG a oferta modular polo réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia, de ciclos formativos de grao medio e de grao superior en centros públicos.

Outros 23/06/2016
Equipos de orientación específicos

Na web da Consellaría as puntuacións provisionais do concurso de méritos para cubrir postos nos equipos de orientación específicos.

Outros 23/06/2016
Permutas en primaria

Actualización da bolsa de solicitantes de permutas para profesorado de infantil e primaria.

DOG 22/06/2016
Listaxe definitiva de admitidos e excluídos para as oposicións

No DOG a listaxe definitiva do profesorado admitido para as oposicións do 2016.

Outros 22/06/2016
Proba de galego nas oposicións

Resultado da proba de coñecemento de lingua galega do concurso-oposición do 2016.

DOG 21/06/2016
Licenzas por formación

Publicada a orde que convoca licenzas por formación para o curso 2016/17 destinadas ao funcionariado docente.

DOG 21/06/2016
Distribución por tribunais dos opositores

Publicada no DOG a distribución por tribunais do profesorado matriculado para a oposicións 2016.

DOG 20/06/2016
Fabricación de produtos farmacéuticos, biotecnolóxicos e afíns

Publicado o decreto co currículo do ciclo formativo de grao superior de técnico superior en fabricación de produtos farmacéuticos, biotecnolóxicos e afíns.

DOG 20/06/2016
Destinos provisionais para secundaria

No DOG a convocatoria para a adxudicación de destino provisional para PES, PTFP, EOI..., que non teñan destino definitivo, que sexan desprazados, con comisión de servizos, interino, substituto ou que solicite o reingreso.

DOG 20/06/2016
Destinos provisionais para mestres

No DOG a convocatoria para a adxudicación de destino provisional para mestres que non teñan destino definitivo, que sexan desprazados, con comisión de servizos, interino, substituto ou que soliciten o reingreso.

DOG 17/06/2016
Avaliación e promoción do alumnado de primaria

Publicada unha corrección de erros na orde da avaliación e a promoción do alumnado que cursa educación primaria.

DOG 17/06/2016
Proxectos experimentais de formación profesional dual

Pequena corrección de erros na orde que autoriza proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de FP.

Outros 17/06/2016
Proxectos de formación permanente do profesorado

Convocatoria dos Premios a Proxectos de Formación Permanente do Profesorado 2016 dirixidos aos centros docentes que participan nos plans de formación permanente do profesorado.

DOG 16/06/2016
Datas, horas, lugares e distribución por tribunais das oposicións

Publicadas as datas, horas, lugares e distribución por tribunais dos aspirantes que concorren ás oposicións 2016.

DOG 16/06/2016
Proba de galego nas oposicións

No DOG a listase definitiva dos opositores que deberán realizar a proba de acreditación do coñecemento de lingua galega para as oposicións 2016.

DOG 16/06/2016
Proba de castelán nas oposicións

Lista definitiva coa opositora que deberá realizar a proba de acreditación do coñecemento de lingua castelá nas oposicións 2016.

DOG 16/06/2016
Proxectos experimentais de formación profesional dual

Autorizados proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional.

DOG 16/06/2016
Cursos CELGA

Convocados cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Outros 16/06/2016
Listaxe definitiva de admitidos e excluídos para as oposicións

Na web da Consellaría as listaxes definitivas de admitidos e excluídos no concurso-oposición do 2016.

Outros 16/06/2016
Destinos provisionais para mestres

Na web da Consellaría a orde para a adxudicación de destino provisional para o curso 2016/2017 aos mestres que non teñan destino definitivo, desprazados, comisións de servizos...

Outros 16/06/2016
Destinos provisionais para secundaria

Na web da Consellaría a orde para a adxudicación de destino provisional para o curso 2016/2017 ao profesorado de secundaria, PTFP, EOI..., que non teña destino definitivo, desprazado, en comisións de servizos...

DOG 15/06/2016
Axudas para estudos universitarios

Resolución das axudas para estudos universitarios no curso académico 2015/16 de segundo e posteriores cursos matriculados nas universidades galegas.

DOG 15/06/2016
Calendario escolar

Publicado no DOG o calendario escolar para o curso 2016/17.

DOG 15/06/2016
Tribunais das oposicións

Publicada no DOG a composición definitiva dos tribunais que xulgarán as oposicións 2016.

DOG 14/06/2016
Premios extraordinarios de FP

No DOG a concesión dos premios extraordinarios de FP de grao superior.

DOG 13/06/2016
Ténico en operacións de laboratorio

No DOG o currículo do ciclo formativo de grao medio de técnico en operacións de laboratorio.

DOG 13/06/2016
Ensinanzas profesionais de artes plásticas

No DOG as instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2016/17.

Outros 13/06/2016
Probas de galego e castelán nas oposicións

Publicada a listaxe definitiva dos opositores que deberán realizar a proba de coñecemento de lingua galega e castelán nas oposicións 2016.

Outros 10/06/2016
Datas, horas e lugares das oposicións

Datas, horas e lugares na que se fará a presentación e a primeira proba das oposicións 2016.

DOG 10/06/2016
Orde de avaliación en primaria

Publicada a orde pola que se regula a avaliación e a promoción do alumnado que cursa educación primaria.

Outros 09/06/2016
Licenzas por formación

Proxecto de orde das licenzas por formación destinada ao funcionariado docente non universitario para o curso 2016/2017.

DOG 09/06/2016
Asistencia a actividades de formación

Resolución coa relación de profesorado beneficiario de reintegros de gastos por asistencia a actividades de formación durante o ano 2015.

DOG 09/06/2016
Corrección de erros na convocatoria de oposicións

Publicada unha pequena corrección de erros na convocatoria das oposicións 2016.

DOG 08/06/2016
Bibliotecas escolares

Convocado o plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos para o curso 2016/17.

Outros 08/06/2016
Acceso a ciclos formativos

Listaxe de cualificacións provisoria das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. 

DOG 08/06/2016
Prazas nos CRD

Convocadas prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios.

DOG 08/06/2016
Proba de castelán nas oposicións

No DOG a hora e lugar para a realización da proba de castelán para as oposicións do 2016.

DOG 08/06/2016
Proba de galego nas oposicións

Publicada a hora e lugar de realización da proba de galego para as oposicións 2016.

DOG 08/06/2016
Puntuacións en fundamentos de composición e óboe

No DOG as puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais nas especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas de fundamentos de composición e óboe.

Outros 08/06/2016
Tribunais das oposicións

Publicados na web da Consellaría os tribunais completos que xulgarán as oposicións do 2016.

DOG 06/06/2016
Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia

Publicado o currículo do ciclo formativo de grao superior de técnico superior en deseño e edición de publicacións impresas e multimedia.

Outros 06/06/2016
Tribunais de galego e castelán nas oposicións

Na web da Consellaría a composión dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega e castelá nas oposicións do ano 2016.

DOG 03/06/2016
Axudas a proxectos de fomento do uso de galego

No DOG publicadas as axudas aos proxectos de fomento do uso do galego dos centros públicos. 

DOG 02/06/2016
Nova unidade para un centro privado

O centro privado Compañía de María de Cangas vai contar cunha nova unidade de educación especial.

DOG 01/06/2016
Novo nome para o CEIP Vilarmide

O CEIP Vilarmide de Muxía pasa a chamarse CEIP Vilarmide-Eduardo Noya.

DOG 01/06/2016
Formación permanente do profesorado

Resolución coa convocatoria da selección de plans de formación permanente do profesorado.

Outros 01/06/2016
Habilitacións no corpo de mestres

Anúnciase a apertura do prazo ordinario para a que os docentes do corpo de mestres poidan solicitar o recoñecemento de nova especialidade.

< Xuño 2016 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30      

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario