Calendario

Eventos do mes Maio de 2016

DOG 30/05/2016
Deseño e xestión de produción gráfica

Publicado o  currículo do ciclo formativo de grao superior de técnico superior en deseño e xestión da produción gráfica.

Outros 27/05/2016
Avaliación e promoción do alumnado de primaria

Na web da Consellaría a orde que regula a avaliación e a promoción do alumnado que cursa educación primaria.

Outros 26/05/2016
Tribunais das oposicións

Publicada a composición dos tribunais para as oposicións a inspectores, secundaria, técnicos de formación profesional, mestres e adquisición de novas especialidades para o ano 2016.

Outros 26/05/2016
Listaxe de admitidos e excluídos para as oposicións

Na web da Consellaría as listaxes provisionais de admitidos e excluídos no concurso-oposición para o ano 2016.

DOG 25/05/2016
Técnico en impresión gráfica

No DOG o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en Impresión Gráfica.

DOG 24/05/2016
Contratos programa

Resolución definitiva dos centros seleccionados para desenvolver os contratos-programa en educación infantil, primaria e secundaria.

DOG 23/05/2016
Acreditación de competencias profesionais

Modificada a composición das comisións de avaliación que actuarán no proceso de acreditación de competencias.

Outros 23/05/2016
Programa Educación Responsable

Na web da Consellaría a convocatoria para a selección de CEIPs e IES que desexen participar no programa “Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade".

Outros 23/05/2016
Plans de formación permanente do profesorado

Anunciados os plans de formación permanente do profesorado que se van implantar no curso 2016/2017.

DOG 20/05/2016
Formación práctica en centros de traballo

Publicada a orde pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.

DOG 20/05/2016
Lectorados de galego

Convocadas seis bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas.

Outros 19/05/2016
Formación en linguas estranxeiras

Publicadas as listaxes das actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016 destinadas ao alumnado.

Outros 19/05/2016
Progama PIALE

Na web da Consellaría as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas do programa PIALE 2016.

DOG 19/05/2016
Probas libres

Convocadas probas libres de títulos extinguidos.

DOG 19/05/2016
CPI As Mirandas

Autorizado o cambio de nome do antigo CPI Conde de Fenosa (Ares) que pasa a chamarse CPI As Mirandas.

DOG 18/05/2016
Xestión de vendas e espacios comerciais

No DOG o currículo do ciclo formativo de grao superior de técnico superior en Xestión de Vendas e Espazos Comerciais.

DOG 18/05/2016
Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

Publicada a convocatoria de axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado de primaria, ESO e educación especial.

Outros 18/05/2016
Permutas en secundaria

Actualizada a bolsa de solicitantes de permutas para o profesorado de PES, PT, EOI...

Outros 18/05/2016
Concilia para quen non concursou

Do 16 ao 31 de maio está aberto o prazo para que solicite comisión de servizo por conciliación da vida laboral e familiar a todo o profesorado que non participou no concurso de traslados.

DOG 13/05/2016
Nova autorización a un centro privado

Autorizada a educación secundaria para persoas adultas na Escola Familiar Agraria Fonteboa (Coristanco).

DOG 12/05/2016
Proba de acceso á universidade

Nomeados os membros e publicados os parámetros de ponderación das materias da fase específica da proba de acceso á universidade no curso 2016/17.

DOG 12/05/2016
Lectorados de galego

No DOG as bases e a convocatoria de seis prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas.

DOG 11/05/2016
Programa CUALE

Convocatoria para autorización os CPIs, IES e CIFP para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado (CUALE).

Outros 11/05/2016
Reclamacións das cualificacións de 2º de bacharelato

Publicada a Circular nº 2/2016 pola que se estabelece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións no segundo curso do bacharelato.

DOG 09/05/2016
Técnico en actividades comerciais

No DOG o decrecto que estabelece o currículo do ciclo formativo de grao medio do título de técnico en Actividades Comerciais.

DOG 09/05/2016
Vacantes definitivas do CXT no DOG

Vacantes definitivas do concurso de traslados do ano 2016 publicadas en DOG.

DOG 09/05/2016
Resolución definitiva do CXT no DOG

Publicada no DOG a resolución definitiva do concurso de traslados do curso 2015-2016.

Convocatorias 09/05/2016
Comisións de servizo por saúde

Comeza o prazo de 15 días para solicitar comisión de servizos por motivos de saúde (propia ou dun familiar) para o profesorado que participou no concurso de traslados. Remata o 24 de maio.

Convocatorias 09/05/2016
Comisións de servizo por conciliación

Comeza o prazo de 15 días para solicitar comisión de servizos por conciliación da vida laboral e familiar para o profesorado que participou no concurso de traslados. Remata o 24 de maio.

DOG 09/05/2016
Interinidades en fundamentos de composición e óboe

Anunciada a apertura do prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións en fundamentos de composición e óboe.

DOG 06/05/2016
IES Martaguisela (O Barco de Valdeorras)

Autorizada a implantación do bacharelato de Artes no IES Martaguisela (O Barco de Valdeorras).

DOG 06/05/2016
IES Martaguisela (O Barco de Valdeorras)

Autorizada a implantación do bacharelato de Artes no IES Martaguisela, no concello do Barco de Valdeorras.

DOG 06/05/2016
Escola de Danza Municipal de Ponteceso

Autorizada a inclusión da Escola de Danza Municipal de Ponteceso no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

DOG 06/05/2016
Recursos didácticos curriculares en galego

Convocadas subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares.

DOG 06/05/2016
Direccións nos CIFP

Publicada a convocatoria de postos de directores e directoras da rede de CIFP polo sistema de libre designación.

Outros 06/05/2016
Resolución definitiva do CXT

Na web da Consellaría a adxudicación definitiva do CXT para o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, EAA e OA, CMUS, mestres e inspectores.

Outros 04/05/2016
Concurso Eduemprende Idea 2016

Convocado o concurso Eduemprende Idea 2016 para proxectos empresariais dirixido a alumnado de FP, ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño.

Outros 04/05/2016
Programa Educación Responsable

Na web da consellaría a convocatoria para centros que desexen participar no programa “Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade".

Outros 04/05/2016
Proxectos de innovación en normalización lingüística

Resolución da convocatoria para a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística para o curso académico 2015/2016.

< Maio 2016 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31          

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario