Calendario

Eventos do mes Abril de 2016

Outros 28/04/2016
Instrucións para a realización da reválida de 6º

Instrucións da Consellaría para a aplicación e a corrección da proba de reválida en 6º de primaria.

DOG 28/04/2016
Ensinanzas superiores de música

Ditadas as instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Música para o curso 2016/17.

DOG 28/04/2016
Ensinanzas superiores de arte dramática

No DOG as instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2016/17.

DOG 28/04/2016
Acceso a ensinanzas superiores sen ter o bacharelato

Resolución coas instrucións para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores para quen non teña título de bacharel.

DOG 28/04/2016
Corrección de erros na convocatoria de oposicións

Publicada unha corrección de erros nalgunhas titulacións relacionadas para determinadas especialidades convocadas nas próximas oposicións.

Outros 27/04/2016
Instrucións para a realización das reválidas

Na web da Consellaría as instrucións para o desenvolvemento das reválidas de 3º e 6º de educación primaria. 

DOG 26/04/2016
Premios extraordinarios de bacharelato

Convocados os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2015/16.

DOG 25/04/2016
Novas unidades para un centro privado

Autorizadas 6 unidades de primaria para o centro Casa do Neno de Santiago de Compostela.

DOG 25/04/2016
Seccións bilingües

Publicada a convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües aos centros públicos.

DOG 22/04/2016
Técnico superior en asesoría de imaxe persoal e corporativa

No DOG o currículo do ciclo formativo de grao superior de técnico superior en asesoría de imaxe persoal e corporativa.

DOG 21/04/2016
Premio Proxecta

Convocado o Premio Proxecta de Innovación Educativa 2016 para os centros docentes admitidos no Plan Proxecta durante o curso escolar 2015/16.

DOG 21/04/2016
E-Dixgal

No DOG a solicitude para os centros participaren no proxecto Educación dixital (E-DIXGAL) durante o curso 2016/17.

DOG 21/04/2016
Prazas sometidas a convenio

Corrección de erros na orde publicada o 30 de marzo coa convocatoria de concurso de méritos para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consallería de Educación.

DOG 19/04/2016
Equipos de orientación específicos

Convocado concurso de méritos para cubrir postos nos equipos de orientación específicos.

DOG 19/04/2016
Oposicións

No DOG a convocatoria de oposicións para inspectores de educación, ensino secundario, PTFP, mestres e para adquisición de novas especialidades. 

DOG 18/04/2016
Reválidas de 3º e 6º de primaria

Resolución coas instrucións para a realización das reválidas de 3º e de 6º de primaria.

Convocatorias 13/04/2016
Comisións de servizo por motivos de saúde

Comeza o prazo para solicitar comisión de servizo por motivos de saúde para aquel profesorado que non participou no concurso de traslados.

Outros 13/04/2016
Premio Proxecta

Na web da Consellaría o borrador do Premio Proxecta de Innovación Educativa 2016 para os centros docentes da Consellería admitidos no Plan Proxecta.

DOG 13/04/2016
Puntuacións en varias listaxes de interinidades

Puntuacións definitivas e relación de excluídos en francés, navegacións e instalacións mariñas, procesos e medios de comunicación, fabricación e instalación de carpintería e moble, produción de artes gráficas e soldadura.

Outros 12/04/2016
III Concurso de traballo por proxectos

Na web da Consellaría a convocatoria do III Concurso de Traballos por Proxectos baixo a coordinación ou coa participación da biblioteca escolar.

Outros 11/04/2016
Puntuacións en varias listaxes de interinidades

Publicación das puntuacións definitivas e relación de excluídos en francés, navegacións e instalacións mariñas, procesos e medios de comunicación, fabricación e instalación de carpintería e moble, produción de artes gráficas e soldadura.

DOG 08/04/2016
Comedores escolares

Convocadas axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais.

Outros 08/04/2016
Estadías en empresas

Resolución definitiva das estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2016.

DOG 07/04/2016
Convocadas prazas para o PIALE

No DOG as prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa (programa PIALE) para o ano 2016.

DOG 05/04/2016
Acreditación de competencias profesionais

Nomeados os asesores e as asesoras que actuarán no proceso de acreditación de competencias profesionais.

DOG 05/04/2016
Recuperación dun tramo da paga extra do 2012

Anunciada no DOG a próxima recuperación dun tramo da paga extra que non cobramos en decembro de 2012.

DOG 01/04/2016
Fondo de acción social

Publicado o fondo de acción social para a atención a persoas con discapacidade.

< Abril 2016 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30  

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario