Calendario

Eventos do mes Marzo de 2016

DOG 30/03/2016
Direccións de centros públicos

No DOG a convocatoria de concurso de méritos para a selección e o nomeamento da Dirección dos centros docentes públicos.

DOG 30/03/2016
Prazas sometidas a convenio

Convocado concurso de méritos para o persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellaría de Educación.

DOG 30/03/2016
Bacharelato plurilingüe

No DOG a convocatoria para a ampliación das ensinanzas plurilingües no bacharelato para o curso 2016/17 nos centros pertencentes á rede de centros plurilingües.

DOG 30/03/2016
Novos centros plurilingües

Publicada a convocatoria para a incorporación de novos centros docentes á rede de centros plurilingües.

Outros 30/03/2016
Estadías en empresas

Resolución provisional coa selección de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2016. 

DOG 29/03/2016
Actividades de formación en linguas estranxeiras

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016 para alumnado de centros públicos.

DOG 29/03/2016
Acceso a ciclos formativos

Publicada a composición do tribunal que deberá xulgar as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior.

DOG 23/03/2016
Modificación da autorización ao centro Cemar.

ORDE do 7 de marzo de 2016 pola que se modifica a autorización do centro privado Cemar do concello de Mondariz-Balneario (Pontevedra).

DOG 23/03/2016
Autorización dun novo centro privado de infantil en Culleredo

ORDE do 7 de marzo de 2016 pola que se autoriza a apertura e funcionamento do centro privado Royal School do concello de Culleredo (A Coruña), para impartir o segundo ciclo de educación infantil.

DOG 23/03/2016
Extinción da autorización do centro privado Los Cerezos en Pontevedra

ORDE do 8 de marzo de 2016 pola que se extingue a autorización do centro privado Los Cerezos do concello de Pontevedra, por cesamento de actividades docentes.

DOG 23/03/2016
Cambio de denominación do CEIP de Oroso, que pasa a chamarse CEIP do Camiño Inglés.

ORDE do 10 de marzo de 2016 pola que se autoriza o cambio de denominación do colexio de educación infantil e primaria de Oroso, do concello de Oroso.

DOG 18/03/2016
Puntuacións en varias listaxes de interinidades de música

No DOG as puntuacións definitivas e a relación de excluídos definitivos nas especialidades de acordeón, clave, frauta travesa e linguaxe musical.

DOG 17/03/2016
Vacantes do concurso de traslados

Publicadas no DOG as vacantes provisionais para o concurso de traslados 2015-2016.

DOG 15/03/2016
Nova unidade para un centro privado

Autorizada unha nova unidade de educación especial para o centro privado Calasanz-Padres Escolapios da Coruña.

Outros 09/03/2016
Puntuacións en varias listaxes de interinidades

Puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais en francés, navegacións e instalacións mariñas e procesos e medios de comunicación, fabricación e instalación de carpintería e moble, produción de artes...

Outros 08/03/2016
Vacantes do concurso de traslados

Na web da Consellaría as vacantes provisionais do concurso de traslados.

DOG 07/03/2016
Novo ciclo de FP nun centro privado

Autorizado un ciclo formativo de FP  básica en Informática de Oficina no CPR Divino Maestro (Ourense).

DOG 07/03/2016
Novo centro privado na Coruña

Autorizada a apertura e funcionamento temporal do centro privado estranxeiro Coruña British School.

DOG 07/03/2016
Oferta de emprego público

Publicado o decreto polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes.

Outros 04/03/2016
Instancias de participación no CXT

Publicadas na web da Consellaría as instancias dos participantes no concurso de traslados 2016.

DOG 01/03/2016
Ampliación da orde de permisos e licenzas

Engadidos dous novos supostos na orde de permisos e licenzas que afectan ás funcionarias e as laborais en estado de xestación e á adaptación progresiva da xornada laboral para tratamentos oncolóxicos.

< Marzo 2016 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario