Calendario
Eventos do mes Febreiro de 2016
Premios extraordinarios de FP
No DOG a convocatoria dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior.
Inmersión lingüística en inglés
Resolta a convocatoria de actividades de inmersión lingüística en inglés para ao alumnado de 6º de primaria e de ESO.
Acreditación de competencias profesionais
No DOG a composición das comisións de avaliación que actuarán no proceso de acreditación de competencias.
Proxecto de orde de oposicións
Na web da Consellaría publicado o proxecto de orde pola que se convocan oposicións de inspección, primaria, secundaria e formación profesional neste ano 2016.
Puntuacións en varias listaxes de interinidades
Publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais nas especialidades de acordeón, clave, frauta travesa e linguaxe musical.
Auxiliares de conversa para centros concertados
Resolta a convocatoria de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa en linguas estranxeiras.
Estadías en empresas
Publicada a convocatoria de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2016 destinadas ao funcionariado docente non universitario.
Nova orde de permisos e licenzas
No DOG a nova orde de permisos, licenzas e vacacións do persoal docente.
Sorteo Letra Oposicións
RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2016 pola que se fai público o resultado do sorteo a que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
Acreditación de competencias profesionais
Habilitado persoal asesor e/ou avaliador para a acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral.
Comisión ditaminadora do CXT
No DOG a composición da comisión ditaminadora do concurso de traslados entre funcionarios docentes.
Habilitacións profesionais
Convocadas probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2016.
Acceso a ciclos formativos
Convocadas probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2016.
Apertura de interinidades
Ampliadas as titulacións e apertura dun novo prazo para solicitar prazas de interinidades en fabricación e instalación de carpintaría e moble, produción de artes gráficas, soldadura e técnicas e procedementos de imaxe e son.

