Calendario

Eventos do mes Xaneiro de 2016

Outros 27/01/2016
Premios innovación en FP

Relación de proxectos presentados para os premios de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica en FP.

Outros 27/01/2016
Contratos programa

Listaxe definitiva dos centros seleccionados para o curso 2015/2016 con contratos-programa en educación infantil, primaria e secundaria.

DOG 25/01/2016
Nova unidade para un centro privado

Autorizada unha unidade de educación especial a maiores das existentes no centro privado Salesiano San Juan Bosco (A Coruña).

Outros 25/01/2016
Admisión de alumnado

Anúnciase o inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017.

DOG 22/01/2016
Formación práctica en centros de traballo

Resoltas as axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.

DOG 22/01/2016
Interinidades en clave, acordeón, flauta travesa e linguaxe musical

Ábrese o prazo para solicitar interinidades en acordeón, clave, frauta travesa e linguaxe musical.

DOG 22/01/2016
Interinidades en varias especialidades

Apertura de interinidades en especialidades de secundaria (francés, navegacións e instalacións mariñas e procesos e medios de comunicación) e de FP (fabricación e instalación de carpintería e moble, produción de artes gráficas, soldadura e técnicas e procedementos de imaxe e son).

Outros 20/01/2016
Interinidades en clave, acordeón, flauta travesa e linguaxe musical

Apertura do prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións nas especialidades de acordeón, clave, frauta travesa e linguaxe musical.

DOG 19/01/2016
Concurso de traslados

No DOG a convocatoria de concurso de traslados para secundaria, EOIs, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, PTFP, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres e inspectores.

DOG 18/01/2016
Curriculum de técnico deportivo en atletismo

Publicado no DOG o currículo dos ciclos inicial e final de grao medio de técnico deportivo en Atletismo.

Outros 15/01/2016
Contratos programa

Listaxe provisional dos centros seleccionados, para o curso 2015/16, con contratos-programa nos centros docentes de educación infantil, primaria e secundaria.

Outros 14/01/2016
Concurso de traslados

A Consellaría dita instrucións para o profesorado que teña destino fóra da comunidade.

DOG 11/01/2016
Curricula de ciclos formativos

Currículo dos ciclos inicial e final de grao medio correspondentes aos títulos de técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo, e técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre.

Outros 11/01/2016
Proxectos de innovación en normalización lingüística

Na web da Consellaría a convocatoria para a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística en centros docentes para o curso académico 2015/2016.

DOG 08/01/2016
Convocado o proceso de acreditación de competencias profesionais por experiencia laboral

ORDE do 23 de decembro de 2015 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais

DOG 07/01/2016
Convocatoria de subvencións para proxectos de fomento do uso do galego en centros privados para o curso 2015/16.

ORDE do 1 de decembro de 2015 pola que se anuncia a convocatoria de subvencións para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada de Galicia, que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2015/16.

DOG 07/01/2016
Convocatoria de subvencións para proxectos de fomento do uso do galego en centros públicos para o curso 2015/16.

ORDE do 1 de decembro de 2015 pola que se anuncia a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia, que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2015/16 

DOG 07/01/2016
Resolución das axudas a centros privados concertados para alumnado con NEAE.

ORDE do 21 de decembro de 2015 pola que se resolve a convocatoria de axudas a centros privados concertados para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2015/16.

DOG 07/01/2016
Libros de texto 2015/16. Ampliación dos importes das axudas para a súa adquisición.

ORDE do 23 de decembro de 2015 pola que se procede á ampliación dos importes para o financiamento das axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2015/16.

DOG 07/01/2016
Convocadas as probas para a obtención dos CELGA no ano 2016.

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2016 

< Xaneiro 2016 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario