Calendario

Eventos do mes Xullo de 2016

DOG 24/07/2016
Modificación da autorización ao centro privado Art Ourense.

ORDE do 29 de xuño de 2016 pola que se modifica a autorización do centro privado Art Ourense do concello de Ourense.

DOG 24/07/2016
Modificación da autorización ao centro privado Fillas de María de Vigo.

ORDE do 30 de xuño de 2016 pola que se modifica a autorización do centro privado Fillas de María Inmaculada do concello de Vigo (Pontevedra).

DOG 24/07/2016
Currículo do grao superior en Hixiene Bucodental

DECRETO 86/2016, do 4 de maio, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Hixiene Bucodental.

DOG 20/07/2016
Corrección de erros nas listaxes de aspirantes admitidos e excluídos nas oposicións de 2016

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 14 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se elevan a definitivas as relacións de aspirantes admitidos e excluídos dos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de Educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

Outros 20/07/2016
Instrucións para a implantación do currículo da ESO e o Bacharelato no curso 2016/17

Publicada na web da Consellaría a Resolución para a implantación do currículo establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galiza (pendente de publicar no DOG).

 

DOG 19/07/2016
Publicado o currículo do ciclo formativo de anatomía patolóxica e cotodiagnóstico
DECRETO 83/2016, do 4 de maio, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico.
DOG 19/07/2016
Corrección de erros na listaxe de opositores que tiveron que realizar a proba de galego nas oposicións
CORRECCIÓN de erros. Resolución do 10 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a lista definitiva dos opositores que deberán realizar a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de Educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.
DOG 19/07/2016
Prórroga de seccións bilingües de inglés en CMUS de Galiza
RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, de prórroga de seccións bilingües de lingua inglesa en conservatorios profesionais de música de Galicia.
DOG 19/07/2016
Publicación das puntuacións definitivas nas listas de profesorado interino de fundamentos de composición e óboe
ANUNCIO do 7 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións definitivas e a relación de excluídos definitivos nas especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas de fundamentos de composición (594412) e óboe (594419)
DOG 15/07/2016
Publicado o currículo do ciclo superior de Mediación Comunicativa

DECRETO 82/2016, do 4 de maio, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Mediación Comunicativa.

DOG 15/07/2016
Resolución definitiva das prazas de PIALE para o ano 2016

ORDE do 29 de xuño de 2016 pola que se resolve definitivamente a convocatoria de prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE), para o ano 2016.

DOG 15/07/2016
Modificación do catálogo de postos de traballo dos centros de Infantil, Primaria e Educación Especial

ORDE do 29 de xuño de 2016 pola que se modifican as unidades e os postos de traballo docentes dos centros públicos dependentes desta consellería nos niveis de educación infantil, educación primaria e educación especial.

DOG 14/07/2016
Implántanse no IES de Ponteareas as modalidades de Bacharelato de Ciencias e Humanidades e Ciencias Sociais

ORDE do 27 de xuño de 2016 pola que se autoriza a implantación do bacharelato nas modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais no IES de Ponteareas.

DOG 14/07/2016
Prazas de colaboradores bolseiros nos CRD de Galiza para o curso 2016/17

ORDE do 1 de xullo de 2016 pola que se convocan prazas de colaboradores bolseiros nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2016/17.

Outros 14/07/2016
Puntuacións definitivas para lista de contratación de fundamentos de composición e óboe

Publicación das puntuacións definitivas e a relación de excluídos provisionais nas especialidades de fundamentos de composición e óboe

Outros 14/07/2016
Publicadas as vacantes provisionais para o CADP do corpo de mestres

Publicación das vacantes provisionais do corpo de mestres para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso 2016/2017

Outros 14/07/2016
Publicadas as listaxes definitivas de comisións de servizo por conciliación

Resolución definitiva de admitidos e excluídos das comisións de servizos por conciliación da vida familiar e laboral (2016)

Outros 14/07/2016
O 16 de xullo remata o prazo para inscribirse nos cursos CELGA

Remate do prazo de inscrición nos cursos previos ás probas Celga de novembro.

Outros 14/07/2016
Publicada a listaxe de profesorado interino e substituto do corpo de mestres

Na web da Consellaría está xa a listaxe do profesorado interino e substituto de educación infantil e primaria para o vindeiro curso 2016/2017.

Outros 14/07/2016
Resolución do concurso de méritos para prazas sometidas a convenio

Resolución definitiva do concurso de méritos específico para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da consellería (2016)

Outros 14/07/2016
Publicadas as listaxes definitivas de comisións de servizo de saúde

Resolución definitiva das comisións de saúde para o curso 2016/17

DOG 12/07/2016
O IES Culleredo pasa a se denominar IES Rego de Trabe

ORDE do 14 de xuño de 2016 pola que se autoriza o cambio de denominación do instituto de educación secundaria de Culleredo, no concello de Culleredo.

DOG 12/07/2016
O CRA de Boqueixón-Vedra leva desde hoxe o nome de Neira Vilas

ORDE do 16 de xuño de 2016 pola que se autoriza o cambio de denominación do colexio rural agrupado de Boqueixón-Vedra.

DOG 12/07/2016
Publicado o currículo do ciclo superior de Radioterapia e Dosimetría

DECRETO 79/2016, do 4 de maio, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Radioterapia e Dosimetría.

DOG 12/07/2016
Corrección de erros no procedemento de admisión do alumnado en ciclos formativos

Orde do 15 de xuño de 2016 pola que se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de grao medio e de grao superior en réxime ordinario e para as persoas adultas.

DOG 09/07/2016
Currículo do clico formativo de técnico superior en laboratorio clínico e biomédico
DECRETO 77/2016, ‪do 28 de abril‬, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Laboratorio Clínico e Biomédico.
DOG 07/07/2016
Fondo de acción social

Listaxes provisionais de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do fondo de acción social 2015 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade.

DOG 07/07/2016
Acreditación de idiomas

No DOG o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira unha área, materia ou módulo.

DOG 07/07/2016
Certame cooperativismo no ensino

Premios do certame Cooperativismo no Ensino 2016 dirixido ao alumnado e ao profesorado dos centros educativos de Galicia.

Outros 07/07/2016
Programa Educación Responsable

Na web da Consellaría a listaxe de centros docentes seleccionados para desenvolver no curso 2016/17 o programa Educación Responsable.

DOG 06/07/2016
Devolución da parte proporcional da extra do 2013

Publicada no DOG a lei pola que a Administración se compromete a nos reintegrar a parte proporcional da extra do 2013.

DOG 06/07/2016
Premios extraordinarios de bacharelato

Designados os membros do tribunal que deberá elaborar, supervisar e avaliar as probas para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato 2015/2016.

DOG 06/07/2016
Direccións nos CIFP

Resolta a libre designación de postos de directores e directoras da rede de centros integrados de formación profesional. 

Outros 06/07/2016
Listaxe de profesorado interino e substituto

Listaxe do profesorado interino e substituto de secundaria, de FP e de réxime especial para o vindeiro curso 2016/2017.

DOG 05/07/2016
Proxecto E-dixgal

Resolución definitiva da convocatoria para a selección de centros para participar no proxecto Educación dixital E-dixgal.

Outros 05/07/2016
FP dual

Listaxe definitivas de solicitudes de proxectos experimentais de Formación Profesional Dual. 

DOG 04/07/2016
Técnico en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear

Decreto que estabelece o currículo do ciclo formativo de grao superior de técnico superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear.

DOG 04/07/2016
Froita nos centros de ensino

No DOG o procedemento e a convocatoria para a concesión de axudas para a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares.

DOG 04/07/2016
Reintegro de gastos por formación

Corrección de erros na orde que regula o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación e que inclúe o anexo II.

Outros 04/07/2016
FP dual

Ampliado o prazo de presentación de solicitudes a FP dual.

DOG 04/07/2016
Mestres aptos na fase de prácticas

Mestres aptos na fase de prácticas das oposicións do 2015.

DOG 04/07/2016
PES aptos na fase de prácticas

PES aptos na fase de prácticas das oposicións do 2015.

< Xullo 2016 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario