Calendario

Eventos do mes Abril de 2015

DOG 29/04/2015
Proba de avaliación en 3º de primaria

Publicadas as instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada dos alumnos e alumnas de terceiro curso de educación primaria.

DOG 29/04/2015
Novas seccións bilingües

Publicada a convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües.

DOG 28/04/2015
Ensinanzas superiores de música

Publicadas as instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Música para o curso 2015/2016.

DOG 28/04/2015
Contratos programa

Resolución definitiva coa relación dos centros seleccionados na convocatoria dos contratos-programa para o curso 2014/2015.

DOG 27/04/2015
Ensinanzas superiores de deseño

Ditadas instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de deseño para o curso 2015/16.

DOG 27/04/2015
Ensinanzas superiores de arte dramática

No DOG as instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas superiores de arte dramática para o curso 2015/16.

DOG 27/04/2015
Ensinanzas superiores de conservación e restauración de bens culturais

Instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de conservación e restauración de bens culturais para o curso 2015/16.

Outros 24/04/2015
Premio a Agustín Fernández Paz

Recoñecemento a Agustín Fernández Paz como o autor galego máis lido polos clubs de lectura do ámbito educativo mediante o Premio dos Clubs de Lectura 2015.

Outros 24/04/2015
Proxectos de varios curricula de ciclos formativos

Exposición pública de proxectos de decretos que establecen currículos de diversos ciclos formativos.

Outros 21/04/2015
Técnico deportivo en atletismo

Proxecto de Decreto polo que se establece o currículo dos ciclos inicial e final de grao medio correspondentes ao título de técnico deportivo en atletismo.

Outros 21/04/2015
Técnico deportivo en hípica

Proxecto de Decreto polo que se establece o currículo dos ciclos inicial e final de grao medio correspondentes aos títulos de técnico deportivo en varias disciplinas hípicas.

Outros 21/04/2015
Proxectos de innovación en dinamización lingüística

Resolución dos proxectos de innovación en dinamización lingüística para o curso 2014/2015.

DOG 21/04/2015
Proba de acceso á universidade

Nomeamento de membros da comisión universitaria de Galiza e publicación dos parámetros de ponderación das materias da fase específica da proba de acceso á universidade.

DOG 20/04/2015
Puntuacións definitivas en procesos comerciais e procesos de xestión administrativa

No DOG as puntuacións definitivas e a relación de excluídos definitivos do baremo de procesos comerciais e procesos de xestión administrativa.

DOG 16/04/2015
Plans de formación permanente do profesorado

Convocda a selección de plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos.

DOG 16/04/2015
Centros plurilingües

Convocatoria para a incorporación de centros á rede de centros plurilingües.

DOG 15/04/2015
Novo centro privado

Autorizada a apertura e o funcionamento do Centro Autorizado de Ensinanzas Deportivas Montecastelo de Vigo.

DOG 15/04/2015
Plan de mellora de bibliotecas escolares

Convocado o plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos para o curso 2015/16.

DOG 15/04/2015
Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE)

 Convocadas prazas para a realización de itinerarios formativos para a mellora da competencia lingüística e comunicativa en linguas estranxeiras do profesorado (PIALE) para o ano 2015.

Convocatorias 15/04/2015
Comisións de servizo por motivos de saúde

Comeza o prazo de solicitudes das comisións de servizo por motivos de saúde para o curso 2015-2016. Remata o 30 de abril.

Convocatorias 15/04/2015
Comisións de servizo por motivos de saúde

Remata o prazo para solicitar comisións de servizo por motivos de saúde para o curso 2015-2016.

DOG 13/04/2015
Transformación do CPI de Carral

Decreto polo que se transforma o CPI Vicente Otero Valcárcel en CEIP e se crea un IES ambos os dous en Carral.

DOG 13/04/2015
Novo IES en Culleredo

Decerto polo que se anuncia a creación dun instituto de educación secundaria no concello de Culleredo.

DOG 13/04/2015
Novo CEIP en Oleiros

Decreto polo que se crea un colexio de educación infantil e primaria no concello de Oleiros.

DOG 08/04/2015
Axudas a estudantes universitarios

Convocadas axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea co obxecto de coñecer a lingua dese país.

Outros 07/04/2015
Estadías formativas en empresas

Resolución provisional das estadías formativas en empresas para o ano 2015 destinadas ao profesorado de FP inicial e das artes plásticas e o deseño.

Outros 07/04/2015
Premios para proxectos en FP

Relación cos premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación no ámbito da Formación Profesional.

Outros 07/04/2015
Prazas de profesorado de castelán en Amiens (Francia)

Na web da Consellaría o anuncio do concurso público de méritos para a adxudicación de dúas prazas de profesor ou profesora de lingua e literatura española nun centro educativo da rexión de Amiens (Francia) para un intercambio de posto a posto.

< Abril 2015 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30      

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario