Calendario

Eventos do mes Maio de 2015

DOG 27/05/2015
Concurso Eduemprende Idea 2015

A Consellaría convoca o concurso Eduemprende Idea 2015 dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño.

Outros 27/05/2015
Comisións de servizo para os que participaron no concurso

Aberto o prazo de solicitudes de comisión de servizo tanto humanitarias como por conciliación para o profesorado que participou no último concurso de traslados.

DOG 26/05/2015
Tribunais das oposicións

No DOG a resolución cos presidentes e presidentas dos tribunais das oposicións de mestres e inspectores.

Outros 26/05/2015
Concurso de traslados de primaria

Na web da Consellaría a resolución definitiva do concurso xeral de traslados para o profesorado do corpo mestres para o ano 2015.

Outros 26/05/2015
Prazas sometidas a convenio

Adxudicación provisional do concurso de méritos para prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellaría de Educación no ano 2015.

DOG 25/05/2015
Ampliación de unidades nun centro privado

Autorizado o o centro privado de educación especial Amicos (Ribeira) para a  ampliación de dúas unidades de autistas e dúas unidades de psíquicos.

DOG 25/05/2015
Nova escola de música en Gondomar.

Incluída a escola de música Agrupación Musical de Vincios de Gondomar no rexistro de escolas de música e danza de Galiza.

Outros 25/05/2015
Listaxes provisionais de admitidos no PIALE

Publicadas as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas das prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística (PIALE 2015).

DOG 18/05/2015
Premios fin de carreira na universidade

Convocados os premios fin de carreira para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2014.

DOG 18/05/2015
Formación en centros de traballo

Convocadas axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.

DOG 18/05/2015
Admitidos nas oposicións

Listaxe provisional de admitidos e excluídos para participar nas oposicións de mestres e inspectores de educación.

DOG 18/05/2015
Proba de galego nas oposicións

Nomeado o tribunal que xulgará a proba de galego nas oposicións de mestres e inspectores e publicada a data, hora e lugar da realización da mesma.

DOG 18/05/2015
Novo pagamento da paga extra do 2012

Anuncio que detalla o segundo prazo da devolución da paga extra que non cobramos no 2012. 

DOG 15/05/2015
Recursos didácticos en galego

Publicadas as subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios.

DOG 15/05/2015
Reintegro de gastos por asistencia a actividades de formación

Publicada no DOG a listaxe de profesorado que resultou beneficiario de reintegros de gastos por asistencia a actividades de formación durante o ano 2014.

Outros 12/05/2015
Resolución definitiva do CXT

Na web da Consellaría a resolución definitiva do concurso xeral de traslados de secundaria deste ano 2015.

DOG 11/05/2015
Proxecto educación dixital

Publicada a selección de centros para participar no proxecto educación dixital durante o curso 2015/16.

Outros 11/05/2015
Voluntariado de lectura-A

Na web da Consellaría a resolución da convocatoria de Voluntariado de Lectura-A destinada a centros de ensino primario para o curso 2014/2015.

DOG 08/05/2015
Axudas a ANPAS para os comedores

Convocadas as axudas para o cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas ANPAS.

Outros 08/05/2015
Proxectos de decretos de ciclos formativos

Na web da Consellaría están expostos varios proxectos de decretos que establecen currícula de ciclos formativos.

DOG 07/05/2015
Curricula de técnico deportivo en Salvamento e Socorrismo

Publicado o decreto cos curricula dos ciclos inicial e final de grao medio do título de técnico deportivo en salvamento e socorrismo.

DOG 07/05/2015
Lei do emprego público de Galiza

Publicada no DOG a nova Lei do emprego público de Galiza.

Outros 07/05/2015
Tribunais das oposicións

Na web da Consellaría a composición dos tribunais das oposicións de mestres e inspectores para o ano 2015.

DOG 04/05/2015
Programa CUALE

Convocatoria para os IES, CPIs e CIFP para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado (CUALE).

< Maio 2015 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario