Calendario

Eventos do mes Marzo de 2015

Outros 27/03/2015
Puntuacións provisionais en procesos comerciais e procesos de xestión administrativa

Puntuacións provisionais e relación de excluídos provisionais do baremo polo que se comunica a ampliación de titulacións na especialidade de procesos comerciais e procesos de xestión sdministrativa.

Outros 27/03/2015
Proxecto de decreto da ESO e do bacharelato

Publicado o proxecto de decreto polo que se estabelece o currículo da ESO e do bacharelato.

DOG 26/03/2015
Formación en linguas estranxeiras

Corrección de erros na orde que convoca axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2015 destinadas ao alumnado dos centros públicos.

DOG 26/03/2015
Nova escola de música na Coruña.

Inscrita no rexistro de escolas de música a Escola de Música Compañía de María da Coruña.

Outros 25/03/2015
Resolución provisional do CXT

Publicada a resolución provisional do concurso de traslados do corpo de mestres para o ano 2015.

Outros 25/03/2015
Anteproxecto do currículo da ESO e Bacharelato

Na web da Consellaría o anteproxecto de decreto polo que se establece o currículo da ESO e do bacharelato en Galiza.

DOG 24/03/2015
Puntuacións definitivas en varias listaxes abertas

Puntuacións definitivas en instalacións electrotécnicas e italiano.

DOG 23/03/2015
Acceso a ciclos formativos

No DOG a composición do tribunal para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de FP.

DOG 18/03/2015
Convocatoria de oposicións

Publicada no DOG a orde coa convocatoria de oposicións para mestres e inspectores.

DOG 18/03/2015
Corrección de erros na orde de direccións

Publicada unha corrección de erros na orde de direccións que afecta ao prazo de presentación e a algúns centros.

DOG 18/03/2015
Fondo de acción social

Publicados os criterios de repartición do fondo de acción social relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade.

Outros 17/03/2015
Orde da convocatoria das oposicións 2015

Na web da Consellaría anúnciase a próxima publicación en DOG da orde coa convocatoria de oposicións para mestres e inspectores.

Outros 16/03/2015
Puntuacións definitivas en varias listaxes abertas

Na web da Consellaría as puntuacións definitivas e a relación de excluídos definitivos en instalacións electrotécnicas e italiano.

DOG 16/03/2015
Actividades de formación en linguas estranxeiras

Convocadas axudas destinadas ao alumnado para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2015.

Outros 13/03/2015
Resolución provisional do CXT

Na web da Consellaría a resolución provisional do concurso de traslados para o ano 2015.

DOG 12/03/2015
Orde de direccións

No DOG a orde pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección dos centros docentes públicos.

DOG 12/03/2015
Equipos de orientación específicos

Publicada a orde pola que se convoca concurso de méritos para cubrir postos nos equipos de orientación específicos.

DOG 12/03/2015
Premios extraordinarios de FP 2013-14

Convocados os premios extraordinarios de FP de grao superior correspondentes ao curso 2013/14.

DOG 10/03/2015
Decreto coa oferta de emprego público

Publicado no DOG o decreto polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes.

DOG 09/03/2015
Complemento dirección

No DOG a orde pola que se regula o procedemento de consolidación parcial do complemento específico das directoras e directores dos centros docentes públicos.

DOG 05/03/2015
Prazas sometidas a convenio

Convocado o concurso de méritos para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellaría de Educación.

DOG 04/03/2015
Novo centro privado

Autorizada a apertura dun centro de ensinanzas deportivas en Ourense.

< Marzo 2015 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31          

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario