Calendario
Eventos do mes Febreiro de 2015
Relación de mestrados que non se poderán ofertar no curso 2015/16
RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral de Universidades, pola que se dá publicidade á relación de másteres universitarios que non poderán formar parte da oferta de titulacións oficiais universitarias do Sistema universitario de Galicia para o curso 2015/16.
Próxima publicación no DOG do concurso deméritos para postos de Equipos Específicos de Orientación
Publicada na web da xunta o texto da orde do 18 de febreiro de 2015 pola que se convoca concurso de méritos para cubrir postos nos equipos de orientación específicos.
Próxima publicación no DOG do procedemento para consolidar parcialmente o complemento de dirección
Publicada na web da Consellaría o texto da orde que regula o procedemento de consolidación parcial do complemento específico das directoras e directores dos centros docentes públicos dependentes da consellería
Admisión de alumnado
Anuncio das letras de prioridade para o desempate no procedemento de admisión do alumnado para o curso 2015/2016.
Prazas sometidas a convenio
Anunciada a convocatoria do concurso de méritos para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio.
Acceso a ciclos formativos
Convocadas probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de FP para o ano 2015.
Admisión nas escolas infantís
Resolución co procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 para o curso 2015/16.
Estadías formativas en empresas
Publicada na web da Consellaría a convocatoria de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2015.
Admisión de alumnado
Anuncio do sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado para o curso 2015/2016.
CEIP Ramón de Valenzuela
Anunciada a nova denominación do antigo CEIP da Bandeira (Silleda).
Inmersión lingüística en inglés
Resolta a convocatoria de actividades de inmersión lingüística en inglés dirixidas ao alumnado de sexto curso de EP e de ESO.
Procesos comerciais e procesos de xestión administrativa
Ampliación de titulacións e apertura dun novo prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións na especialidade de procesos comerciais e procesos de xestión administrativa.
Selección de direccións
Anunciada a convocatoria do concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección dos centros docentes públicos.
Novos ciclos para un centro privado
Autorizados dous ciclos superiores de educación infantil para o centro privado Aloia de Vigo.
Ciclos a distancia para un centro privado
Autorizada a impartición do bloque común, na modalidade a distancia, das ensinanzas deportivas de grao medio e superior de Fútbol nos centros COEN de Vigo e Pontevedra.
Ciclo formativo para un centro privado
Autorizada a impartición a distancia, o bloque común para todas as modalidades deportivas e os bloques común e complementario do ciclo formativo de grao medio de fútbol, no Centro Autorizado de Ensinanzas Deportivas CIP, de Vigo.
Centros seleccionados para os contratos-programa
Resolución definitiva coa relación dos centros seleccionados na convocatoria dos contratos-programa para o curso 2014/2015.
Formación profesional básica
Orde co acceso, admisión e oferta nos ciclos de formación profesional básica.