Calendario
Eventos do mes Xaneiro de 2015
Bacharelato para un centro privado
Autorizada a impartición do bacharelato no centro privado Casa de la Virgen (Cangas).
Ensinanzas musicais superiores nun centro privado
Autorizadas as ensinanzas artísticas superiores de Música, nas especialidades de Composición, Interpretación e Produción e Xestión, no centro Mayeusis, de Vigo.
Admisión de alumnado
Lei de convivencia
Publicado no DOG o decreto que desenvolve a Lei de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar.
Axudas a escolas infantís privadas
Convocatoria no DOG das axudas para o mantemento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social.
Puntuacións provisionais en listaxes abertas
No DOG as puntuacións provisionais en instalacións electrotécnicas, procesos comerciais, procesos de xestión administrativa e italiano.
Retirada de documentación do CXT
Desde o día 22 de xaneiro ao 26 de febreiro poderase recoller todo o material que se presentou para a súa baremación no apartado de publicacións do último concurso xeral de traslados.
Orde de confección de nóminas
Publicada no DOG a orde de confección de nóminas para o ano 2015.
Actividades das ANPAS
Convocadas axudas para a realización de actividades extraescolares e complementarias organizadas polas ANPAS.
Proxectos de fomento do uso do galego en centros privados
Convocadas subvencións para proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada.
Proxectos de fomento do uso do galego en centros privados
Convocadas subvencións para proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada.
Proxectos de fomento do uso do galego en centros públicos
Anunciada a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública.
Auxiliares de conversa para centros privados
Resolta a convocatoria para dotar de auxiliares de conversa aos centros privados concertados.
Acreditación de competencias
Convocado o proceso de acreditación de competencias en educación infantil (entre outras disciplinas).
Novo centro privado
Autorizada a apertura e o funcionamento do Centro Autorizado de Ensinanzas Deportivas Cented, de Santiago de Compostela.
Máis axudas a centros concertados
Resoltas as axudas a centros privados concertados para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
Formación de adestradores de fútbol
Nomeados os membros do tribunal para o recoñecemento das formacións de adestradores/as deportivos/as nas modalidades de fútbol e fútbol sala.
Probas de certificación e clasificación nas EOIs
No DOG as instrucións para a elaboración e administración das probas de certificación e de clasificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial.
Actualización de datos
Aberto o prazo na web da Consellaría para actualizar o expediente por parte do persoal docente.