Calendario

Eventos do mes Outubro de 2014

Outros 24/10/2014
Puntuacións definitivas nas listaxes de AL

Publicadas na páxina web da Consellaría as puntuacións definitivas das prazas de interinidades e substitucións no corpo de mestres, na especialidade de Audición e Linguaxe.

Outros 24/10/2014
Axudas para a atención a persoas con discapacidade

Publicada a listaxe provisional coa concesión das axudas do fondo de acción social relativas á axuda para a atención de persoas con discapacidade.

Outros 20/10/2014
Implantación de plans de formación do profesorado

Na web da Consellaría a resolución provisional da convocatoria de plans de formación permanente do profesorado a implantar en centros públicos docentes para o curso 2014/2015.

Outros 17/10/2014
Centros que participan na inmersión lingüística en inglés

Na web da Consellaría a relación provisional dos centros seleccionados, suplentes e excluídos para participar en actividades de inmersión lingüística en inglés para 6º de EP e ESO.

Outros 16/10/2014
Titorías do practicum do máster en profesorado

Nomeadas provisionalmente as persoas coordinadoras e titoras acreditadas para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en profesorado.

DOG 16/10/2014
Puntuacións provisionais nas listaxes de AL

No DOG a listaxe provisional e a relación de excluídos provisionais nas listas abertas do corpo de mestres na especialidade de Audición e Linguaxe.

DOG 15/10/2014
Corrección de erros nas listaxes abertas

Para concurrir ás listaxes de substitucións e interinidades abertas o pasado 3 de outubro engádense as titulacións de Enxeñería Agrícola e Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos. 

Outros 09/10/2014
Relación provisional de admitidos nas listaxes de AL

Puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais das prazas de interinidades e substitucións no corpo de mestres, na especialidade de Audición e Linguaxe.

DOG 09/10/2014
Abre un centro privado de FP na Coruña

Publicada a autorización de apertura e funcionamento para o centro privado Chíos Formación, na Coruña, que impartirá ciclos de FP.

DOG 09/10/2014
Novas unidades no centro privado Santa Apolonia de Santiago

No DOG os cambios nas ensinanzas impartidas no centro privado Santa Apolonia de Santiago.

DOG 09/10/2014
Nova autorización para o centro privado Liceo La Paz da Coruña

Anunciada a solicitude de supresión dunha unidade de FP e a autorización para a impartición dunha outra no centro privado Liceo La Paz da Coruña.

Outros 07/10/2014
Formación para profesorado de FP

Publicada na web da Consellaría a convocatoria de 75 proxectos de formación do profesorado de formación profesional.

DOG 01/10/2014
Datas das eleccións á xunta de directores

Publicadas as datas das eleccións dos membros das xuntas provinciais e da Xunta Autonómica de Directores de Centros de Ensino non Universitario.

DOG 01/10/2014
Calendario para as eleccións dos consellos escolares

No DOG o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

< Outubro 2014 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31    

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario