Calendario
Eventos do mes Setembro de 2014
Ampliado o prazo para solicitar o Plan Proxecta
No DOG publícase a ampliación do prazo de solicitude para participar no Plan Proxecta.
Máis unidades de infantil para un centro privado da Coruña
No DOG publícase a autorización para a ampliación de 3 unidades do segundo ciclo de EI no centro privado de Santa María del Mar da Coruña.
Novo ciclo para un centro privado de Vigo
No centro privado Educatic de Vigo están autorizados a impartir o ciclo medio de atención a persoas en situación de dependencia.
Anúnciase a apertura de listaxes para interinidades
Aberto o prazo para solicitar interinidades das especialidades de informática, chinés, organización e procedementos de mantemento de vehículos, organización e proxectos de fabricación mecánica e procesos e produtos de téxtil, confección e pel.
Importante corrección na apertura de listaxes de AL
No DOG amplíanse as titulacións admitidas para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de mestres, na especialidade de Audición e Linguaxe.
Profesorado seleccionado para a formación en linguas en Canadá e Francia
Publicada a relación definitiva do profesorado seleccionado nas licenzas 2014-2015 para a formación en linguas estranxeiras en Canadá e Francia.
Publicado o decreto da FP básica
No DOG o decreto que regula a FP básica e que estabelece 21 curricula de títulos profesionais básicos.
Aberto o prazo para acreditarse como titor/a do prácticum do máster de profesorado
Publicada a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas.
Nomeados funcionarios en prácticas os opositores do 2014
No DOG o nomeamento como funcionarios en prácticas dos opositores que superaron o procedemento selectivo de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario neste ano 2014.
No DOG a resolución definitiva do concurso de destinos provisionais
Resolución coa adxudicación de destino provisional para o curso académico 2014/15.
Corrección de erros no Catálogo de centros de Infantil e Primaria
CORRECCIÓN de erros. Orde do 7 de xullo de 2014 pola que se modifican as unidades e os postos de traballo docentes dos centros públicos dependentes desta consellería nos niveis de educación infantil, educación primaria e educación especial.
Ábrese o prazo para apuntarse ás listaxes de AL
No DOG o anuncio polo que se comunica a apertura do prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de mestres, na especialidade de Audición e Linguaxe.
Novos centros plurilingües
Resolución definitiva pola que se incorporan novos centros á Rede de Centros Plurilingües.
Centros admitidos no programa CUALE
Resolución de centros admitidos no programa de formación complementaria en linguas estranxeiras, CUALE, para o curso 2014/2015.
Autorizadas novas seccións bilingües
Resolución definitiva pola que se autorizan novas seccións bilingües para o curso 2014/2015.
Axudas a centros privados concertados
Axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa en linguas estranxeiras.
Restrición de zona para o persoal interino
Aberto o prazo para que o persoal docente, interino ou substituto, do corpo de PES,FP, EOI, etc... solicite provincias ou zonas.
Currículo de primaria
No DOG o decreto polo que se estabelece o currículo da educación primaria.
Plan de mellora de bibliotecas escolares
Resolta a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares.
Publicada a resolución definitiva de destinos provisionais para secundaria para o curso 2014/15
Publicación na web da Consellaría da adxudicación definitiva de destinos provisionais do profesoresado de ensino secundario, de formación profesional, de escolas oficiais de idiomas, de música e artes escénicas e profesores e de artes plásticas e deseño para o curso 2014-2015
Recoñecemento de nova especialidade
Na web da Consellaría ábrese o prazo para que o persoal funcionario docente do corpo de mestres poida solicitar o recoñecemento de nova especialidade.
Actualización bolsa de permutas primaria e infantil
Actualización da Bolsa de solicitantes de Permutas para profesorado de Infantil e Primaria

