Calendario

Eventos do mes Agosto de 2014

DOG 28/08/2014
Adxudicación definitiva dos destinos provisionais do corpo de mestres

Resolución do 28 de agosto de 2014, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica a adxudicación definitiva de destinos provisionais para o curso 2014-2015 e as instrucións para a toma de posesión do profesorado do corpo de mestres que obtivo destino na adxudicación de destinos provisionais convocados pola orde do 10 de xuño de 2014.

DOG 28/08/2014
Corrección de erros axudas a centros concertados

ORDE do 26 de agosto de 2014 pola que se corrixen erros da Orde do 18 de agosto de 2014 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2014/15.

DOG 28/08/2014
Corrección de erros axudas a proxectos de investigación

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 14 de agosto de 2014 pola que se conceden as axudas convocadas pola Orde do 4 de abril de 2014, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para proxectos de investigación desenvolvidos por investigadores emerxentes e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

DOG 27/08/2014
Convocatoria de cursos de linguaxe administrativa e preparatorios Celga

ORDE do 20 de agosto de 2014 pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

DOG 26/08/2014
Axudas a centros privados concertados para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

ORDE do 18 de agosto de 2014 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2014/15.

DOG 26/08/2014
Convocatoria de premios para o alumnado da ESO

ORDE do 18 de agosto de 2014 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2013/14.

DOG 26/08/2014
Ampliación de proxectos experimentais de FP Dual

ORDE do 20 de agosto de 2014 pola que se amplían os proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades, autorizados pola Orde do 6 de xuño de 2014.

DOG 26/08/2014
Concesión das axudas para proxectos de investigación

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2014 pola que se conceden as axudas convocadas pola Orde do 4 de abril de 2014, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para proxectos de investigación desenvolvidos por investigadores emerxentes e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

DOG 26/08/2014
Concurso público para unha praza de persoal docente e investigador na USC

ANUNCIO do 14 de agosto de 2014 polo que se dá publicidade á resolución da mesma data, pola que se convoca concurso público para unha praza de persoal docente e investigador contratado para o curso académico 2014/15.

DOG 26/08/2014
Resolución definitiva das licenzas por formación para o curso 2014/15 destinadas ao funcionariado docente non universitario

ORDE do 7 de agosto de 2014 pola que se resolve definitivamente a convocatoria de licenzas por formación para o curso 2014/15 destinadas ao funcionariado docente non universitario.

DOG 26/08/2014
Acceso á formación profesional básica e oferta para o curso 2014-2015

ORDE do 14 de agosto de 2014 pola que se regula o acceso e a admisión aos ciclos de formación profesional básica e se autoriza a súa oferta para o curso 2014/15.

DOG 25/08/2014
Cofinanciamento dos servizos de comedor escolar
RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2014 pola que se conceden as axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios dependentes desta consellería para o curso académico 2013/14.
DOG 25/08/2014
Premios extraordinarios ESO
ORDE do 12 de agosto de 2014 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2013/14.
DOG 25/08/2014
Regulamento de organización e funcionamento do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela
ORDE do 5 de agosto de 2014 pola que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.
DOG 25/08/2014
Aprobadas nas oposicións
ORDE do 29 de xullo de 2014 pola que se fai pública a relación do persoal aspirante que superou o concurso-oposición no proceso selectivo convocado pola Orde do 17 de marzo de 2014 (Diario Oficial de Galicia do 26 de marzo) de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de profesores de ensino secundario da Comunidade Autónoma de Galicia.
Outros 25/08/2014
Apertura do prazo para que o persoal docente, interino ou substituto, do corpo de mestres solicite provincias ou zonas

Dende o día 29 de agosto e ata o 30 de setembro estará aberto o prazo para que o persoal docente interino e substituto do corpo de mestres faga a solicitude de provincia ou provincias nas que desexe traballar no presente curso académico 2014-2015.

DOG 18/08/2014
Modificación concertos con centros docentes

ORDE do 14 de agosto de 2014 pola que se modifican os concertos educativos con centros docentes privados de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial, programas de cualificación profesional inicial, formación profesional básica e ciclos de formación profesional de grao medio e superior.

DOG 14/08/2014
Orde Implantación LOMCE en Galiza

ORDE do 23 de xullo de 2014 pola que se regula a implantación para o curso 2014/15 dos cursos primeiro, terceiro e quinto de educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o calendario de aplicación da Lei orgánica 8/2013, para a mellora da calidade educativa.

DOG 12/08/2014
Prazas lectorados lingua

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2014, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se adxudican catro prazas para a formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas, convocadas mediante a Orde do 13 de maio de 2014, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (ED110B).

DOG 12/08/2014
Bolsas de formación

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2014, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se adxudican seis bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas, convocadas mediante a Orde do 15 de maio de 2014, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (ED110A).

DOG 12/08/2014
Consello Social Universidades

ORDE do 30 de xullo de 2014 pola que se modifica a composición do Consello Social das universidades de Santiago de Compostela e Vigo e se renova o nomeamento dun membro no Consello Social da Universidade de Vigo.

DOG 12/08/2014
Novo centro privado

ORDE do 28 de xullo de 2014 pola que se autoriza a apertura e funcionamento do centro privado Suso Añón, do concello de Ferrol.

DOG 12/08/2014
Axudas Federacións ANPAs

ORDE do 31 de xullo de 2014 pola que se conceden axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de pais de alumnos e das asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial para o ano 2014.

DOG 12/08/2014
Novo centro privado

ORDE do 31 de xullo de 2014 pola que se autoriza a apertura e funcionamento do centro privado Formega, do concello de Ferrol.

DOG 12/08/2014
Modificación autorización centro privado

ORDE do 31 de xullo de 2014 pola que se autoriza o cambio de domicilio por traslado de instalacións e se modifica a autorización do centro privado Fesán, do concello de Santiago de Compostela.

DOG 12/08/2014
Concurso dirección Centro Residencial Docente de Vigo

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2014 pola que se resolve o concurso público de méritos entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir a dirección do Centro Residencial Docente de Vigo.

DOG 07/08/2014
Tribunais premios extraordinarios bacharelato

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se procede a designar os membros e facer pública a composición do tribunal que deberá elaborar, supervisar e avaliar as probas para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2013/14, e se ditan instrucións para a realización das probas correspondentes.

DOG 07/08/2014
Edición en lingua galega de recursos didácticos

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2014 pola que se conceden subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 31 de marzo de 2014.

DOG 07/08/2014
Implantación de ensinanzas universitarias en Cesuga (Universidade privada San Jorge)

ORDE do 22 de xullo de 2014 pola que se autoriza a implantación de ensinanzas universitarias oficiais de grao no centro adscrito Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia, S.L. (Cesuga), da Universidade privada San Jorge, para o curso 2014/15.

DOG 07/08/2014
Centros seleccionados para o proxecto experimental E-DIXGAL

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se resolve definitivamente a convocatoria para a selección de centros para participar no proxecto experimental Educación Dixital E-DIXGAL durante o curso 2014/15.

DOG 06/08/2014
Resolución do concurso de méritos para prazas sometidas a convenio

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
ORDE do 22 de xullo de 2014 pola que se resolve o concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería.

Outros 06/08/2014
Borrador da Orde que regula a implantación da FP Básica

Proxecto de Orde do 5 de agosto de 2014 pola que se regulan aspectos específicos para a implantación das ensinanzas de formación profesional básica no curso académico 2014-2015. Pendente de publicación no DOG do 13 de agosto

DOG 01/08/2014
Autorización para a rede de centros privados de ensinanzas deportivas COEN

ORDE do 16 de xullo de 2014 pola que se autoriza a apertura e funcionamento da rede de centros de ensinanzas deportivas COEN Centros de Formación para impartir os títulos medio e superior de Fútbol en Pontevedra e Vigo

Outros 01/08/2014
Proxecto de orde para a implantación de 1º, 3º e 5º de EP (LOMCE)

A Consellaría colga na súa web un borrador da orde para implantar a LOMCE en Primaria para o curso 2014/15 sen pasar pola Mesa Sectorial. Próxima publicación no DOG.

< Agosto 2014 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
2026

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario