Calendario

Eventos do mes Novembro de 2014

Outros 27/11/2014
Convocados premios a proxectos de innovación en FP

Anunciada a convocatoria de premios para proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da FP en centros públicos.

Outros 25/11/2014
Participación no programa de voluntariado de lectura A

Áberto o prazo para participar no programa de Voluntariado de lectura-A para o curso 2014/2015, destinado a alumnado de 5º e 6º de EP como colaboradores da biblioteca.

DOG 21/11/2014
Resolución da concesión de plans de formación permanente

Resolución coa convocatoria da selección de plans de formación permanente do profesorado.

DOG 18/11/2014
Ampliada a oferta de FP

Publicada unha orde con tres novos ciclos de FP ofertados para o curso 2014-2015.

DOG 13/11/2014
Apertura de listaxes de interinidades en PTFP e EOI

Comeza o prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións en PTFP de Instalacións electrotécnicas e Procesos comerciais e procesos de xestión administrativa e italiano.

Outros 13/11/2014
Puntuacións provisionais en varias listaxes abertas

O DOG anuncia a publicación na web da Consellaría das puntuacións provisionais nas listaxes de interinidade de Informática, Chinés, Organización e procedementos de mantemento de vehículos, Organización e proxectos de fabricación mecánica e Procesos e Produtos de Téxtil, Confección e Pel.

Outros 11/11/2014
Resolución do plan proxecta

Na web da Consellaría a resolución provisional dos proxectos admitidos para a súa participación no Plan Proxecta durante o curso 2014/2015.

Outros 11/11/2014
Plans de formación permanente do profesorado

Resolución definitiva dos plans de formación permanente do profesorado na web da Consellaría.

Outros 11/11/2014
Axudas para a formación en centros de traballo

Resoltas as axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.

DOG 05/11/2014
Puntuacións definitivas nas listaxes de AL

Publicadas no DOG as puntuacións definitivas nas listaxes abertas para profesorado de audición e linguaxe.

Outros 05/11/2014
Máis axudas a centros concertados

Resolución provisional coas axudas a centros privados concertados para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Outros 04/11/2014
Auxiliares de conversa para centros privados

Na web da Consellaría publícase a resolución provisional de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa.

DOG 04/11/2014
No DOG o concurso de traslados

Publicada no DOG a orde co concurso de traslados de ámbito estatal. 

Outros 04/11/2014
Puntuacións provisionais en listaxes abertas

Publicadas na web da Consellaría as puntuacións provisionais de informática, mantemento de vehículos, fabricación mecánica, procesos e produtos de téxtil, sistemas informáticos e chinés.

Outros 04/11/2014
Listaxe definitiva das titorías do practicum do master de profesorado

Publicada a listaxe definitiva das persoas coordinadoras e titoras do prácticum correspondente ao máster en profesorado de ESO, Bacharelato e FP.

< Novembro 2014 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario