Calendario
Eventos do mes Abril de 2012
Unidades de investigación competitivas
Orde que regula as axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema Universitario de Galicia convocadas nos exercicios 2010 e 2011.
Ciclos formativos
Listaxes provisorias das cualificacións obtidas nas probas de acceso a ciclos formativos de grao superior
Acceso ás ensinanzas artísticas
Probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato.
Prezos para os estudos de idiomas, música...
Proxecto de Decreto polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención dos títulos oficiais nas ensinanzas de música e artes escénicas, de idiomas, deportivas, de conservación e restauración de bens culturais e nos estudos superiores de deseño.
Permutas
Actualización das solicitudes da bolsa de permutas do profesorado de PES, FP, ensinanzas especiais...
Novo centro privado
Autorizada a apertura e o funcionamento do centro privado Estudios Superiores en Administración y Finanzas, no concello da Coruña.
Escola de música de Rábade
Autorizada a inclusión da Escola de Música Municipal de Rábade no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.
Solicitantes de Erasmus
Listaxe provisional dos solicitantes admitidos e excluídos das axudas complementarias ao programa Erasmus e Suíza para o curso 2011-2012.
Recortes no ensino público
Publicados no BOE os recortes previstos no ensino público.
Recursos didácticos curriculares
Corrección de erros na orde pola que se conceden subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios.
Fundamentos de composición e tuba
Puntuacións provisionais e relación de excluídos do baremo no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidades de fundamentos de composición e tuba.
Premios extraordinarios de FP
Puntuacións definitivas dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2010/2011.
Grao en música
Corrección de erros no plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de grao en música.
Grao en deseño
Corrección de erros no plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de grao en deseño.
Grao en grao en conservación e restauración de bens culturais
Corrección de erros no plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de grao en conservación e restauración de bens culturais.
Grao en arte dramática
Corrección de erros no plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de grao en arte dramática.
Recursos didácticos curriculares
Orde coas subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares.
Profesorado admitido no PIALE
Listaxe provisional de profesorado admitido no programa PIALE 2012 para a mellora da súa competencia lingüística.
Certame Cooperativismo no ensino
Publicadas as bases reguladoras do certame Cooperativismo no ensino, dirixido ao alumnado e ao profesorado dos centros educativos de Galicia.
Comisións de servizo por motivos de saúde
Comeza o prazo para solicitar comisións de servizo por motivos de saúde (agás para os que participan no CXT).
Corrección de erros do decreto que regula as ensinanzas universitarias
CORRECCIÓN de erros. Decreto 222/2011, do 2 de decembro, polo que se regulan as ensinanzas universitarias oficiais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galiza.
Nova corrección de erros do Decreto que regula as ensinanzas universitarias
CORRECCIÓN de erros. Corrección de erros do Decreto 222/2011, do 2 de decembro, polo que se regulan as ensinanzas universitarias oficiais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Acreditación de competencias
Composición das comisións de avaliación que actuarán no último proceso de acreditación de competencias.
Publicada no DOG a resolución definitiva do concurso de orientación de primaria
RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2012, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva de destinos do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura do departamento de Orientación
Publicada no DOG a resolución do CXT do corpo de mestres
Publicada a resolución provisional do concurso xeral de traslados de primaria do DOG. O prazo de reclamación e renuncia son 10 días naturais contados desde o día 10 de abril.
Habilitación de asesores e avaliadores na acreditación de competencias a través da experiencia laboral
RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2012 pola que se habilitan asesores e/ou avaliadores no marco do proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia ou familias profesionais do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.
Cambios no concerto do centro Peñerredonda da Coruña, vinculado ao Opus Dei.
ORDE do 14 de marzo de 2012 pola que se modifica a autorización do centro privado Peñarredonda, do concello da Coruña.
Regulamentación de ficheiros de datos de carácter persoal na Consellaría
ORDE do 26 de marzo de 2012 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Publicado o concurso de méritos para prazas sometidas a convenio
ORDE do 23 de marzo de 2012 pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica de educación 2/2006, do 3 de maio, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería.
Representación sindical nos Consellos Sociais das Universidades
DECRETO 103/2012, do 22 de marzo, polo que se regula o procedemento para a designación dos representantes de organizacións sindicais nos consellos sociais das universidades do Sistema Universitario de Galicia.
Selección e nomeamento da dirección de centros públicos. Corrección de erros
CORRECCIÓN de erros. Orde do 12 de marzo de 2012 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e nomeamento da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Listaxes de substitucións de profesorado de relixión en secundaria
ANUNCIO do 21 de marzo de 2012, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunican a publicación das puntuacións definitivas e a relación de excluídos para solicitar prazas de interinidades ou substitucións para impartir docencia de relixión no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato.