Calendario
Eventos do mes Marzo de 2012
Bolsas para estudantes universitarios
ORDE coa convocatoria de bolsas destinadas aos estudantes universitarios que participan en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2012-2013.
Supresión do Observatorio de Ciencia e Tecnoloxía Universitario de Galicia
Decreto coa supresión do Observatorio de Ciencia e Tecnoloxía Universitario de Galicia (Octuga).
Novo nome para un IES de Ourense
Aprobada a nova denominación do IES A Carballeira de Ourense que se chamará IES A Carballeira-Marcos Valcárcel.
Programa CUALE
Autorización aos CPIs, IES e CIFP para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado (Cuale).
Novas seccións bilingües
Convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros públicos.
Centros plurilingües
Convocatoria para a incorporación de novos centros educativos á Rede de Centros Plurilingües de Galicia para o curso 2012-2013.
Prazas sometidas a convenio
Concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos copos docentes para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
FOLGA XERAL
13ª folga xeral na Galiza. Toda a información.
Regulamentación das ensinanzas universitarias galegas
ORDE do 20 de marzo de 2012 pola que se desenvolve o Decreto 222/2011, do 2 de decembro, polo que se regulan as ensinanzas universitarias oficiais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Comisións de servizo de conciliación
Modificación parcial da orde pola que se regula a adscrición de forma temporal, en comisión de servizo, por motivos de conciliación da vida familiar e laboral.
Resolución provisional do CXT de primaria
Na web da Consellaría de Educación a resolución provisional do concurso de traslados de mestres
Axudas ao alumnado para aprendizaxe de linguas
Corrección de erros na convocatoria destas axudas para a realización e actividades de formación en linguas extranxeiras.
Gastos por asistencia a actividades de formación
Orde que regula o procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2012.
Servizos mínimos para a folga
Decreto que regula os servizos mínimos para a folga do próximo 29 de marzo.
Listaxe de persoas beneficiarias de reintegros por gastos de formación
RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a relación de beneficiarios de reintegros individuais de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario durante o ano 2011.
Convocado o concurso de méritos para a selección da dirección de centros docentes
ORDE do 12 de marzo de 2012 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento da Dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Rede Abalar
Novos centros adscritos á rede Abalar para o curso 2012-2013.
Axudas a centros concertados
Resolución provisional de admitidos e excluídos das axudas a centros privados concertados para a atención a alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
Vacantes do CXT
Publicadas no DOG as vacantes definitivas para o CXT de mestres e secundaria.
Resolución provisional do CXT de secundaria
Publicada no DOG a resolución provisional do concurso de traslados de secundaria, formación profesional...
Convocatoria de concurso de méritos para a selección e nomeamento da dirección dos centros docentes públicos
Avanzase na web da Consellaría a orde que se publicará proximamente no DOG para a selección da dirección de centros docentes.
Listaxes de sedes de realización das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior
Toda a información da web da Consellaría sobre as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior
Publicacións de política lingüística
Orde que fixa os prezos de diversas publicacións da secretaría xeral de política lingüística.
Formación de adultos
Solicitudes aprobadas e denegadas para a formación de adultos.
Premios extraordinarios de FP
Relación do alumnado admitido para participar nos premios extraordinarios de FP de grao superior.
Avaliación de diagnóstico
Informe de resultados da avaliación de diagnóstico 2010/2011.
Redución do abandono escolar
Subvencións para o desenvolvemento de programas dirixidos á redución do abandono escolar nos concellos de Galicia para o ano 2012.
Interinidades de fundamentos de composición e tuba
Modificado o anuncio polo que se comunica o prazo para solicitar interinidades e substitucións no corpo de profesores de música de fundamentos de composición e de tuba.
Adxudicación provisional do concurso específico de Orientación
RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2012, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a adxudicación provisional de destinos do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura do departamento de Orientación. Ábrese un prazo de 10 días para reclamacións e renuncias.
Baremo profesorado de relixión
Anunciadas as puntuacións provisionais do profesorado de relixión católica da ESO e bacharelato.
Cursos de linguas
A Consellaría convoca cursos de formación en idiomas para o profesorado nas EOI.
Abandono escolar
Axudas a concellos para a redución do abandono escolar no ano 2012.
Vacantes do CXT
Vacantes de mestres, PES, PT, EOI...
Interinidades de fundamentos de composición e tuba
Aberto o prazo para solicitar interinidades ou substitucións en fundamentos de composición e tuba.
Habilitacións profesionais
Listaxe provisional das persoas que obtiveron carnés e habilitacións profesionais da convocatoria ordinaria 2012.
Formación en linguas extranxeiras
Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012 destinadas ao alumnado dos centros públicos.
Título da ESO para maiores de 18
Próximas probas para a obtención do titulo de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de abril e setembro.
Premios extraordinarios de FP
Relación provisional do alumnado admitido e excluído nos Premios Extraordinarios de formación profesional 2010/2011
Nomeamento de funcionarios PES
Orde no BOE cos nomeamentos de funcionarios de carreira do corpo de secundaria da oposición do 2010.
Resolución provisional do concurso específico de orientación.
Publicada a resolución provisional do concurso específico de orientación do corpo de mestres. Unha vez que se publique no DOG haberá un prazo de 10 días hábiles para reclamar ou renunciar.
Autorización a un centro privado
Autorizada a ampliación dunha unidade no centro privado de educación especial Ilustre Mestre (Ourense).
Recortes no emprego público
Hoxe no DOG a Lei de medidas temporais en determinadas materias do emprego público.
Resolución provisional do CXT de secundaria
Na páxina da Consellaría a resolución provisional do concurso de traslados de PES, PT, EOI, EAA, OA, CMUS e inspectores.
Autorización a un centro privado
Novos ciclos formativos no CPR Daniel Castelao de Vigo.
Premios extraordinarios de FP
Composición do xurado de selección que analizará e valorará as solicitudes dos aspirantes aos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2010-2011.