Calendario
Eventos do mes Febreiro de 2012
Baremo profesorado de relixión
Publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos do baremo para impartir docencia de relixión católica
Autorización a un centro privado
Autorizada unha aula de educación especial no centro privado María Auxiliadora de Ourense.
Admisión de alumnado
Instrucións sobre o proceso de admisión do alumnado para o curso académico 2012/2013.
Concentración no Parlamento contra os recortes da Xunta no sector público
Acto reivindicativo da CIG e as demais organizacións sindicais coincidindo coa negociación por vía de urxencia no Parlamento do anteproxecto de Lei de medidas da función pública.
Apertura de listaxes de interinidades
Anúnciase a apertura dun prazo para solicitar interinidades ou substitucións en fundamentos de composición e tuba.
Corrección de erros da convocatoria de premios extraordinarios de FP
CORRECCIÓN de erros. Orde do 20 de xaneiro de 2012 pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2010-2011.
Amplíase a autorización de ensinanzas no centro privado Miraflores
ORDE do 26 de xaneiro de 2012 pola que se modifica a autorización do centro privado Miraflores do Pereiro de Aguiar.
Listaxes de persoal interino admitido e excluído de diversas especialidades
Publicación das puntuacións definitivas e a relación de excluídos definitivos do baremo nas especialidades de navegación e instalacións mariñas, máquinas, servizos e produción, arpa frauta de pico, percusión, viola da gamba e linguaxe musical
Mobilizacións contra a Lei de Medidas no emprego público
Concentracións nas principais cidades galegas no serán do día 23 de febreiro contra as agresións do goberno Feijoo aos empregados e empregadas públicas.
Manifestación nacional en Compostela do persoal do Consorcio Galego
Manifestación en contra da privatización do Consorcio, en defensa da estabilidade no emprego e pola negociación dun Convenio Colectivo
Modificación da orde que regula as probas libres para obter o título da ESO
ORDE do 10 de febreiro de 2012 pola que se modifica a do 19 de febreiro de 2009 pola que se regulan as probas libres para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para persoas maiores de dezaoito anos.
Composición do tribunal para as probas de acceso ao ciclos de grao medio e superior no ano 2012
RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se nomea e se fai pública a composición do tribunal que deberá xulgar as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional, para o ano 2012.
Título de bacharel para persoas maiores de 20 anos
ORDE do 10 de febreiro de 2012 pola que se regula a proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos na Comunidade Autónoma de Galicia.
Probas para obter certificados de profesionalidade
Convocadas probas de avaliación en competencias clave para acceder ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación dentro da formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia.
PROA
Publicado no BOE o convenio asinado pola Consellaría co Ministerio para desenvolver o PROA.
Aclaración sobre os novos temarios
O BOE anuncia que durante este ano non entrarán en vigor os novos temarios de oposicións naquelas comunidades que teñan convocadas probas de acceso á función pública docente.
Título da ESO para persoal das forzas armadas
Convócanse probas extraordinarias para a obtención do título de graduado en ESO para persoas que estean integradas nas Forzas Armadas.
Convocatoria do PIALE
Orde que convoca prazas destinadas á mellora da competencia en linguas estranxeiras do profesorado.
Profesorado de prácticas de servizos
Turgalicia convoca proceso selectivo para o posto de profesor/a de prácticas de servizos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia.
Profesorado de alemán
Turgalicia convoca proceso selectivo para o posto de profesor/a de alemán no Centro Superior de Hostalaría de Galicia.
Docencia en centros privados
Información sobre a habilitación extraordinaria de febreiro para impartir docencia en centros privados.
2º Campionato Galego da FP
Aberto o prazo de inscrición para o 2º Campionato Galego da Formación Profesional, GaliciaSkills 2012.