Calendario
Eventos do mes Maio de 2012
Premios extraordinarios de FP
Publicada a concesión dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2010-2011.
Comedor escolar
Orde coas axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos.
Cheque infantil
Orde coa convocatoria das axudas para atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos a través do cheque infantil.
Cambio de nome dun IES
O IES Francisco Sánchez de Tui pasa a chamarse IES Indalecio Pérez Tizón.
Probas de certificación das ensinanzas de idiomas
Resolución coas instrucións para a elaboración e administración das probas de certificación e de clasificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial.
Plans de formación permanente do profesorado
Resolución coa selección de plans de formación permanente do profesorado que se van implantar no curso 2012-2013.
Axudas para a adquisición de libros de texto
Ampliación dos importes para o financiamento das axudas para a adquisición de libros de texto do curso 2011/2012 en 1º, 2º, 5º e 6º de EP e en 1º e 3º de ESO.
Resolución definitiva do CXT de primaria
Publicada no DOG a resolución definitiva do concurso seral de traslados de mestres.
Premios extraordinarios de bacharelato
Publicada a composición do tribunal para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2011-2012, e se ditan instrucións para a realización das probas.
Fondo de Acción Social 2011
Corrección de erros na publicación das axudas do fondo de acción social para a atención de persoas discapacitadas.
Contratos programa
Borrador da Resolución de contratos-programa pola que se abrirá a convocatoria de novos programas para o curso 2012/2013.
Permutas
Actualización da bolsa de solicitantes de permutas para profesorado con destino definitivo dos corpos de PES, PT, EOI...
Admisión de alumnado
Proxecto de Decreto polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.
Bolsas de formación en arquivos
Orde que convoca as bases reguladoras de bolsas de formación en materia de arquivos.
Concurso para prazas sometidas a convenio
Convocado concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio.
Resolución definitiva do CXT de primaria
Na web da Consellaría a resolución definitiva do concurso de traslados para o corpo de mestres para o ano 2012.
Xefatura territorial de Ourense
Nomeada María Mercedes Gallego Esperanza como xefa territorial de Ourense.
Fondo de Acción Social 2011
Publicado o fondo de acción social 2011 relativo á axuda para a atención de persoas discapacitadas.
Acceso a ciclos formativos
Resolución definitiva de exencións para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.
Axudas a alumnado universitario
Axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios no ano académico 2011-2012 que por causa sobrevida ou imprevista teña dificultades económicas para continuar estudos.
Formación de adultos
Orde coa convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación de adultos durante o ano 2012.
Comisións de saúde e conciliación
Aberto o prazo para os participantes no CXT de todos os corpos agás o de mestres para solicitar comisións de servizo de saúde e concilia. A partir de mañá, 16 de maio, tamén se abre o prazo ordinario para que pidan concilia os docentes que non participaron no CXT.
Fundamentos de composición e tuba
Puntuacións definitivas do baremo do corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidades de fundamentos de composición e tuba.
Formación en centros de traballo
Orde coas axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.
Estadías no estranxeiro
Convocadas axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2012, co obxecto de coñecer a lingua dese país.
Bolsas no Centro Ramón Piñeiro.
Resolución coa adxudicación de oito bolsas de formación en proxectos de investigación no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Lectorados de galego
Orde coa convocatoria de lectorados de lingua, literatura e cultura galegas en universidades españolas e estranxeiras.
Resolución definitiva do CXT de secundaria
Publicada no DOG a resolución definitiva do concurso de traslados de secundaria, EOIs, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, PTFP, mestres de taller de artes plásticas e deseño e inspectores.
Centros residenciais docentes
Convocadas prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos de ensinanzas postobrigatorias non universitarias.
Acreditación de competencias
Listaxes definitivas de admitidos e excluídos do proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral na convocatoria do ano 2012.
Selectividade
Orde que estabelece os parámetros de ponderación das materias da fase específica da proba de acceso á universidade de bacharelato e FP.
Ensinanzas superiores de Música
Resolución coas instrucións de acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Música para o curso 2012-2013.
Ensinanzas superiores de Arte Dramática
Resolución coas instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2012-2013.
Acreditación de competencias
Nomeamento de asesores que actuarán no proceso de acreditación de competencias.
Fundamentos de composición e tuba
Publicadas as puntuacións definitivas e a relación de excluídos definitivos do baremo no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidades de fundamentos de composición e tuba.
Posto vacante na Consellaría
Convocado posto de xefa/e de servizo de recursos educativos complementarios en Lugo.
Avaliadores da acreditación de competencias
Habilitados avaliadores do proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral en determinadas unidades de competencia ou familias profesionais do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
Premios extraordinarios de bacharelato
Orde que convoca os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2011-2012.
Bibliotecas escolares
Convocado o plan de mellora das bibliotecas escolares para o curso 2012-2013.
Vacantes definitivas do CXT no DOG
Resolución coas novas vacantes definitivas de mestres, inspectores, ensino secundario, formación profesional, ensinanzas artísticas e de idiomas.
Transformación dun centro en Vigo
Transformación do centro Celso Emilio Ferreiro de Vigo, que pasa de centro público integrado a centro de educación infantil e primaria.
Programa PIALE
Listaxe definitiva de persoas admitidas para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competecia lingüística en linguas estranxeiras.
Avaliación de diagnóstico
Realización da avaliación de diagnóstico os días 9 e 10 de maio en 2º da ESO o 23 e 24 de maio o 4º de primaria.
Acceso a ciclos formativos
Listaxe provisional de exencións para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio
Resolución definitiva do CXT de secundaria
Na web da Consellaría a resolución definitiva do concurso de traslados para o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, EAA e OA, CMU e inspectores.
Vacantes definitivas do CXT
Vacantes definitivas do corpo de mestres, de inspectores, ensino secundario, formación profesional, ensinanzas artísticas e de idiomas.