Calendario

Eventos do mes Xuño de 2010

Outros 28/06/2010
Puntuacións provisionais da fase de concurso de mestres
Resolución do 22 de xuño de 2010, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se anuncia a publicación das puntuacións provisionais da fase de concurso do procedemento selectivo para ingreso no corpo de mestres. A base novena da Orde do 11 de marzo de 2010 (DOG do 25 de marzo), pola que se convoca procedemento selectivo de ingreso no corpo de mestres na Comunidade Autónoma de Galicia, e para adquirir a habilitación en novas especialidades, establece que a valoración dos méritos presentados polos aspirantes será efectuada por unha comisión integrada por funcionarios ou persoal laboral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Outros 25/06/2010
Lectorados de lingua, literatura e cultura galegas
Orde do 18 de xuño de 2010 pola que se aproba a convocatoria ordinaria para cubrir prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas en universidades españolas e estranxeiras.
Outros 25/06/2010
Actualización orde confección de nóminas 2010
Orde do 24 de xuño de 2010 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2010, e se actualizan con efectos 1 de xuño as contías das súas retribucións (DOG 25-06-10)
Outros 24/06/2010
Corrección erros admitidos excluídos oposicións SECUNDARIA
Corrección de erros.-Resolución do 9 de xuño de 2010, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a lista definitiva de admitidos e excluídos para participar nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, profesores de música e artes escénicas e profesores técnicos de formación profesional e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos mencionados corpos de Galiza convocados por Orde do 16 de marzo de 2010 (Diario Oficial de Galicia do 5 de abril).
Outros 22/06/2010
Destinos provisionais 2010-11 corpo SECUNDARIA
Orde do 14 de xuño de 2010 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2010/2011, entre profesorado dos corpos de catedráticos e de profesorado de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticas e catedráticos e profesorado de escolas oficiais de idiomas, profesorado de música e artes escénicas, catedráticas e catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, que non teñan destino definitivo em Galiza, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal que se lles conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación familiar, o persoal opositor do ano 2010, interinas, interinos, substitutas e substitutos e o persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo.
Outros 21/06/2010
Corrección de erros destinos provisionais MESTRES
Consulta aquí o texto da corrección.
Outros 21/06/2010
Ampliación implantación das modalides de bacharelato
Orde do 11 de xuño de 2010 pola que se amplía a autorización para a implantación das modalidades de bacharelato en centros públicos de Galiza.
Outros 21/06/2010
Ensinanzas adultos modalidades presencial e a distancia
Orde do 11 de xuño de 2010 pola que se autorizan as ensinanzas de educación para persoas adultas, nas modalidades presencial e a distancia, en centros específicos de educación e promoción de adultos e institutos de educación secundaria dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Outros 21/06/2010
Concurso de méritos para prazas de asesores da Consellaría
Orde do 11 de xuño de 2010 pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir prazas de persoal asesor nesta consellería
Outros 17/06/2010
Destinos provisionais 2010-11 corpo de mestres
Orde do 9 de xuño de 2010 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o curso académico 2010-2011 ao persoal do corpo de mestres que non teña destino definitivo
Outros 17/06/2010
Prazos e instrucións admisión alumnado ciclos FP
Resolución do 11 de xuño de 2010, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación, pola que se determinan os prazos e se ditan instrucións no procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de graos medio e superior en réxime ordinario e para as persoas adultas para o curso académico 2010-2011.
Outros 17/06/2010
Outros 16/06/2010
Oferta ciclos FP en réxime ordinario curso 2010-11
Orde do 11 de xuño de 2010 pola que se actualiza a oferta de ciclos formativos polo réxime ordinario, por curso completo e en modalidade presencial, en centros públicos de Galiza para o ano académico 2010-2011
Outros 16/06/2010
Distribución por tribunais aspirantes oposicións mestres
Resolución do 9 de xuño de 2010, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a distribución entre os distintos tribunais das/dos aspirantes admitidas/os ao procedemento selectivo para ingreso no corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades, convocado pola Orde do 11 de marzo de 2010 (DOG do 25 de marzo).
Outros 15/06/2010
Aptos fase de prácticas oposición mestres 2009
Orde do 10 de xuño de 2010, pola que se declaran aptos na fase de prácticas a opositores que superaron o procedemento selectivo para ingreso no corpo de mestres, convocado pola Orde do 8 de maio de 2009 (DOG 17-06-10). Podes consultar aquí a información da web da Consellaría.
Outros 15/06/2010
Calendario escolar 2010-11
Podes consultar desde esta ligazón.
Outros 15/06/2010
Distribución por tribunais aspirantes oposicións SECUNDARIA
Resolución do 10 de xuño de 2010, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a distribución entre os distintos tribunais dos aspirantes definitivamente admitidos aos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, profesores de música e artes escénicas, e profesores técnicos de formación profesional e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos mencionados corpos de Galiza, convocados por Orde do 16 de marzo de 2010 (Diario Oficial de Galicia do 5 de abril).
Outros 15/06/2010
Concurso de méritos específico para cubrir prazas de asesore
Orde do 11 de xuño de 2010 pola que se convoca concurso de méritos específico para cubrir prazas de asesores na consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Podes consultar deste aquí a orde e criterios. A orde está pendente de publicación no DOG.
Outros 14/06/2010
Outros 14/06/2010
Datas, horas e lugares oposicións SECUNDARIA
Resolución do 2 de xuño de 2010, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as resolucións dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos de ingreso e acceso aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de música e artes escénicas e profesores técnicos de formación profesional, polas que se anuncian as datas, as horas e os lugares en que se fará a presentación dos aspirantes e tamén as datas, as horas e os lugares en que terá lugar a primeira parte da proba.
Outros 14/06/2010
Aviso cambio de lugar oposicións sistemas e aplicacións info
Aviso sobre o cambio de actuación do tribunal que xulgará o procedemento selectivo na disciplina de Sistemas e aplicacións informáticas que se levará a cabo no IES Frei Martín Sarmiento, Avenida de Vigo, 23, 36003 PONTEVEDRA (e non no lugar que foi anunciado nesta páxina hai uns días).
Outros 11/06/2010
Programa cursos aprendizaxe linguas estranxeiras CUALE
Orde do 3 de xuño de 2010 pola que se establece o programa de cursos para a formación complementaria da aprendizaxe de linguas estranxeiras, CUALE, nos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional de Galiza.
Outros 11/06/2010
Relación definitiva admitidos/excluídos opos secundaria
Resolución do 9 de xuño de 2010, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a lista definitiva de admitidos e excluídos para participar nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, profesores de música e artes escénicas, e profesores técnicos de formación profesional e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos mencionados corpos de Galiza convocados por Orde do 16 de marzo de 2010 DOG do 5 de abril).
Outros 11/06/2010
Datas, horas e lugares 1ª proba oposicións mestres 2010
Resolución do 8 de xuño de 2010, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as resolucións dos tribunais que xulgarán o proceso selectivo para o ingreso no corpo de mestres, así como o de adquisición de novas especialidades, polas que se anuncian as datas, horas e lugares en que se fará o acto de presentación e se realizará a primeira parte da proba prevista no punto 5 da base 9 da convocatoria
Outros 10/06/2010
Relación definitiva admitidos e excluídos oposicións mestres
Resolución pola que se elevan a definitivas as relacións de aspirantes admitidos e excluídos ao proceso selectivo para ingreso no corpo de mestres
Outros 08/06/2010
Aptos fase prácticas oposicións 2007 e 2008
Orde do 27 de maio de 2010 pola que se declaran aptos na fase de prácticas os aspirantes que superaron os procedementos selectivos para o acceso aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas convocados pola Orde do 9 de abril de 2007 (DOG do 13 de abril) e pola Orde do 9 de abril de 2008 (DOG do 16 de abril).
Outros 08/06/2010
Datas, horas e lugares oposicións mestres 2010
Resolución pola que se anuncian as datas, horas e lugares nos que se fará o acto de presentación e se celebrará a primeira parte da proba prevista no punto 5 da base 9 da convocatoria
Outros 08/06/2010
Adxudicación prazas inmersión lingüística
Orde do 2 de xuño de 2010 pola que se resolve a adxudicación das axudas dirixidas ao alumnado de centros educativos sostidos con fondos públicos para realizar actividades de inmersión lingüística no ano 2010
Outros 08/06/2010
Convocatoria subvencións para recursos didácticos
Orde do 2 de xuño de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios e se procede á súa convocatoria (ED106A).
Outros 08/06/2010
Data, lugar e hora proba galego acceso inspectores
Resolución do 31 de maio de 2010, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar da proba de acreditación do coñecemento da lingua galega no concurso-oposición para o acceso ao corpo de inspectores de Educación na Galiza (DOG 08-06-10)
Outros 07/06/2010
Tribunais oposicións SECUNDARIA
Resolución pola que se procede a nomear e facer pública a composición dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega e o procedemento selectivo de ingreso e acceso aos corpos de PES, PT e CMUS
Outros 04/06/2010
Acceso e admisión alumnado artes plásticas e deseño 2010-11
Resolución do 24 de maio de 2010, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño durante o curso 2010-2011 (DOG 03-06-10)
Outros 04/06/2010
Acceso e admisión alumnado ensinanzas superiores deseño
Resolución do 25 de maio de 2010, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de deseño durante o curso 2010-2011.
Outros 04/06/2010
Actualización listaxes admitidos excluídos oposicións PES
Consulta aquí a actualización publicada pola Consellaría.
Outros 02/06/2010
Praza galego no colexio Vicente Cañada Blanch (Londres)
Corrección de erros.-Orde do 18 de maio de 2010 (DOG 02-06-10) pola que se aproban as bases do concurso público para adxudicación dunha praza de profesor/a de lingua e literatura galegas no colexio Vicente Cañada Blanch de Londres (Reino Unido).
Outros 02/06/2010
Comisións de elaboración de informes substitutivos B.2
Resolución do 27 de maio de 2010, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se nomean as comisións de elaboración de informes substitutivos do exercicio B.2 previstas nas ordes do 11 e 16 de marzo de 2010, polas que se convocan procedementos selectivos para ingreso no corpo de mestres e de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, profesores de música e artes escénicas e profesores técnicos de formación profesional, así como o procedemento de adquisición de novas especialidades.
Outros 02/06/2010
Nomeamento tribunais oposicións mestres 2010
Resolución do 27 de maio de 2010, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se nomean os tribunais que deberán xulgar as probas do proceso selectivo para ingreso no corpo de mestres, así como o procedemento de adquisición de novas especialidades, polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres de Galiza, convocado pola Orde do 11 de marzo de 2010
Outros 01/06/2010
Data, lugar e hora da proba de galego OPE 2010
Resolución do 25 de maio de 2010, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar en que se realizará a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega nos procedementos selectivos de ingreso e acceso aos corpos de mestres, profesores de ensino secundario, profesores de música e artes escénicas e profesores técnicos de formación profesional, e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos mencionados corpos de Galiza (DOG 01-06-10)
Outros 01/06/2010
Tribunais oposicións mestres 2010
Resolución do 27 de maio de 2010 do director xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se nomean os tribunais que deberán xulgar as probas do proceso selectivo para ingreso no corpo de mestres. Pendente de publicación no DOG
< Xuño 2010 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30        

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario