Calendario
Eventos do mes Xullo de 2010
Outros 19/07/2010
Licenzas Estudo 10-11. Relación definitiva
Orde do 8 de xullo de 2010 pola que se resolve definitivamente a convocatoria de licenzas por estudos para o curso 2010- 2011 destinadas a funcionarios docentes non universitarios
Outros 19/07/2010
Oposicións Mestres 2010
Resolución do 14 de xullo de 2010, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se anuncia a publicación das puntuacións definitivas da fase de concurso do procedemento selectivo para ingreso no corpo de mestres
Outros 15/07/2010
Prezos títulos oficiais no ensino universitario
Consulta aquí a ligazón ao DOG (15-07-10)
Outros 15/07/2010
Ordenación académica profesional música e danza
Consulta aquí a orde publicada no DOG 15-07-10
Outros 13/07/2010
Ampliación prazo para petición de centros comisións
Comunícase que dende o martes 13 de xullo e ata o vindeiro sábado 17, todas aquelas persoas que teñan concedida unha comisión de servizos por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral poderán ampliar a súa petición de centros a efectos da adxudicación de destinos provisionais a través da mesma aplicación informática pola que cubriron a súa solicitude inicial a través do servizo web da Consellaría
Outros 12/07/2010
Ordenación FP do sistema educativo de Galiza
Consulta aquí o decreto.
Outros 12/07/2010
Modificación oferta FP réxime ordinario curso 2010-11
Orde do 25 de xuño de 2010 pola que se modifica a Orde do 11 de xuño de 2010, pola que se actualiza a oferta de ciclos formativos polo réxime ordinario, por curso completo e en modalidade presencial, en centros públicos de Galiza para o ano académico 2010-2011.
Outros 12/07/2010
Prórroga acreditación centros titores do prácticum
Orde do 25 de xuño de 2010 pola que se prorroga a acreditación dos centros e titores/as para o desenvolvemento do Prácticum correspondente ao Máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas en Galiza no curso académico 2010-2011.
Outros 12/07/2010
Puntuacións provisionais concurso atención ABALAR
Puntuacións provisionais dos participantes no concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei Orgánica de Educación para a atención e desenvolvemento do Proxecto Abalar
Outros 07/07/2010
Modificación orde elección horarios
Publicada no DOG 6-7-10 a orde que modifica parcialmente a orde de elección de horarios de Primaria e Secundaria
Outros 07/07/2010
Orde centros Plurilingües
Publicada no DOG do 6-7-10 a orde do 30 de xuño de 2010 pola que se regulan, con carácter experimental, os centros plurilingües en Galiza, para o curso 2010/2011. A CIG-Ensino presenta contencioso administrativo contra esta orde por ser un mecanismo de marxinación do galego (ver información na páxina principal da CIG-Ensino)
Outros 07/07/2010
Oferta educativa EOI 10-11
DOG 7-7-10: Orde do 21 de xuño de 2010 pola que se fai pública a oferta educativa das escolas oficiais de idiomas de Galiza a partir do curso escolar 2010-2011
Outros 01/07/2010
Oferta modular de ciclos formativos FP adultos
Orde do 21 de xuño de 2010 pola que se actualiza a oferta modular polo réxime de
persoas adultas, en modalidade presencial, de ciclos formativos de formación
profesional en centros públicos de Galiza para o ano académico 2010-2011 (DOG 01-07-10)