Calendario

Eventos do mes Maio de 2010

Outros 27/05/2010
Admitidos e excluídos oposicións PES 2010
Publicada a lista provisional de admitidos e excluídos para participar nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, profesores de música e artes escénicas, e profesores técnicos de formación profesional e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira de Galiza (DOG 27-05-10)
Outros 21/05/2010
DOG_Prazas escolarización preferente
DOG 21-5-10. Concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira do corpo de mestres para cubrir, en réxime de comisión de servizos, postos de escolarización a alumnado de atención preferente
Outros 20/05/2010
Admitidos e excluídos oposicións mestres 2010
Resolución do 10 de maio de 2010, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as listas provisorias de admitidos e excluídos do proceso selectivo para ingreso no corpo de mestres, así como a adquisición de novas especialidades.
Outros 20/05/2010
Concurso de méritos prazas sometidas a convenio
Orde do 11 de maio de 2010 pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica de educación 2/2006, do 3 de maio, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Outros 19/05/2010
Proba de acceso á ensinanzas universitarias
Orde do 10 de maio de 2010 pola que se modifica a Orde do 16 de decembro de 2009, que regula, para o ano académico 2009-2010, a proba de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do sistema universitario de Galiza para o alumnado que estea en posesión do título de bacharel ou equivalente (DOG 19-05-10)
Outros 18/05/2010
Outros 14/05/2010
DOG_Destinos definitivos CXT Secundaria
Publicada no DOG de hoxe, venres 14 de maio de 2010, a Resolución do 20 de abril de 2010, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos de ensino secundario, catedráticos de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de artes plásticas e deseño, profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño e inspectores de educación.
Outros 12/05/2010
Listas provisorias de admitidos e excluídos de Opos Mestres
Prazo reclamacións: 10 días naturais desde a publicación no DOG. Na resolución di: "As reclamacións presentarase a través de fax 881999241 ou a través do correo electrónico persoal.primaria@edu.xunta.es". Desde a CIG recomendámosche que previamente a presentes por rexistro e logo segundo di a resolución
Outros 11/05/2010
Axudas fillos/as menores de tres anos para o ano 2010
Orde do 3 de maio de 2010 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2010 (DOG 10-05-10)
Outros 07/05/2010
Puntuacións definitivas acordeón, saxofón e trompeta
Anuncio do 29 de abril de 2010, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións definitivas e a relación de excluídos do baremo aberto polo Anuncio do 29 de marzo de 2010, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidades de acordeón (594401), saxofón (594424) e trompeta (594428) (DOG do 1 de marzo)
Outros 07/05/2010
Outros 07/05/2010
Tribunais proba coñecemento galego e acceso inspectores
Consulta aquí a resolución publicada no DOG 06-05-10
Outros 07/05/2010
Plan de mellora de bibliotecas escolares curso 2010-11
Orde do 23 de abril de 2010 pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para o curso 2010-2011.
Outros 07/05/2010
Bolsas de colaboración universidades galegas curso 2010-11
Orde do 30 de abril de 2010 pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de bolsas de colaboración en departamentos das universidades do sistema universitario de Galiza destinadas ao alumnado de excelencia académica, para o curso académico 2010-2011 (DOG 07-05-10)
Outros 05/05/2010
Convocatoria inmersión lingüística outono 2010
O Ministerio de Educación convoca, en cooperación coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, o Programa de inmersión lingüística a desenvolver no outono de 2010 en distintos puntos da xeografía española e dirixido ao alumnado de 6º de educación primaria escolarizado en centros públicos. Consulta desde aquí a información publicada na páxina web da Consellaría.
Outros 04/05/2010
Reclamacións cualificacións 2º bacharelato
Orde 22-04-10 (DOG04-05-10) pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do bacharelato establecido na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación
< Maio 2010 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31            

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario