Calendario

Eventos do mes Febreiro de 2009

Outros 27/02/2009
Concurso para postos de escolarización a alumnado de atenció
Publícase o baremo provisional do concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira do corpo de mestres para cubrir, en réxime de comisión de servizos, postos de escolarización a alumnado de atención preferente.
Outros 26/02/2009
Avaliación de diagnóstico
Orde do 16 de febreiro de 2009 pola que se regula o desenvolvemento da avaliación diagnóstica na Comunidade Autónoma de Galiza
Outros 26/02/2009
Actividades formativas no estranxeiro
Orde do 16 de febreiro de 2009 pola que se convocan actividades formativas de inglés, francés, alemán, portugués e de artes plásticas para o ano 2009 no estranxeiro, destinado a profesorado que imparte en niveis non universitarios, e apróbanse as súas bases de concesión
Outros 25/02/2009
Axudas de actividades de formación
Resolución do 10 de febreiro de 2009 da D. X. de Ordenación e Innovación Educativa pola que se fai pública a relación de beneficiarios de reintegros individuais por gastos de formación do profesorado non universitario.
Outros 20/02/2009
Cursos de lingua inglesa no estranxeiro para mestres
Os destinatarios destas axudas son mestres diplomados en calquera das súas especialidades nos cursos 2004-05, 2005-06, 2006-07, 2007-08, así como os estudantes que no curso 2008-09 estean matriculados na totalidades dos créditos que lle restan para rematar a diplomatura de mestre. Consulta aquí o texto da convocatoria.
Outros 16/02/2009
Axudas para estadías e intercambios
Publicada no DOG a orde do 6 de febreiro de 2009 pola que se convocan axudas para o alumnado de centros docentes sostidos con fondos públicos e para o alumnado e profesorado de centros docentes concertados da Comunidade Autónoma de Galicia que participen en estadías e intercambios con centros educativos doutros países para favorecer a aprendizaxe activa de linguas. Prazo: un mes a partir do 17 de febreiro.
Outros 13/02/2009
Consellos sociais dos CIFP
Publicada no DOG a Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula a organización e o funcionamento do Consello Social dos centros integrados de formación profesional de Galicia.
Outros 10/02/2009
Probas de Acceso á Universidade
Publicación no DOG da Orde do 28 de xaneiro de 2009 pola que se regulan para o ano académico 2008-2009 as probas de acceso á universidade para os alumnos e as alumnas que cursaron as ensinanzas de bacharelato establecidas na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.
Outros 10/02/2009
Proceso de incorporación á Universidade
Publicada no DOG a orde do 29 de xaneiro de 2009 pola que se regula o proceso de incorporación para o curso 2009-2010 dos estudantes ao nivel universitario do ensino nos centros das tres universidades galegas.
Outros 10/02/2009
Substitutos de Procesos de Industria Alimentaria
Publicación dno DOG das puntuacións definitivas e a relación de excluídos na especialidade de procesos na industria alimentaria.
Outros 05/02/2009
Estadías en residencias de tempo libre
Consulta aquí o texto da orde. O prazo de presentación de solicitudes empeza o día da publicación da orde e ata o 31 de marzo de 2009.
Outros 05/02/2009
Corrección de erros estadías de tempo libre
Consulta o texto DOG da corrección de erros.
Outros 03/02/2009
Concurso de Orientación. Ampliación de prazo.
Publicación en DOG dunha corrección de erros no concurso específico para xefaturas de departamento de orientación de centros de infantil e primaria modificando diversas vacantes.
< Febreiro 2009 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28  

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario