Calendario
Eventos do mes Xaneiro de 2009
Outros 29/01/2009
Substitutos de italiano, industria alimentaria, fagot, etc..
A Consellaría anuncia no seu portal educativo a próxima publicación en DOG da listaxe coas puntuacións definitivas e a relación de excluídos para substitucións nas especialidades de procesos na industria alimentaria, procesos e produtos en madeira e moble, italiano, canto, clave, contrabaixo, fagot, óboe e viola da gamba
Outros 23/01/2009
Suspensión de clases en Lugo e A Coruña
A Consellaría vén de publicar na web da Xunta un comunicado no que se comunica a suspensión das clases para mñá venres, 23 de xaneiro, debido á previsión de temporal.
Outros 23/01/2009
Prazas de interinidades e substitucións
Anuncio na páxina web da Consellaría de Educación da futura publicación no DOG do Anuncio do 22 de xaneiro de 2009, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de ensino secundario especialidade de organización e procesos de mantemento de vehículos; no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidades instalacións electrotécnicas e interpretación linguaxe de signos; no corpo de profesores de música e artes escénicas especialidad de percusión. O prazo será de 7 días naturais logo da publicación no DOG.
Outros 22/01/2009
Cursos CELGA
Orde do 12 de xaneiro de 2009 pola que se convocan, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, cursos preparatorios ás probas para acadar os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán nas escolas oficiais de idiomas de Galiza no ano 2009. Consulta aquí o texto da convocatoria.
Outros 22/01/2009
Cursos preparatorios para os CELGA
Publicado no DOG de 22 de xaneiro de 2008 a Orde do 12 de xaneiro de 2009 pola que se convocan, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, cursos preparatorios ás probas para acadar os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no ano 2009.
Outros 15/01/2009
Convocatoria de probas para o CELGA .
Publicado no DOG do 15 de xaneiro a convocatoria das distintas probas a celebrar durante o ano 2009 para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4.
Outros 09/01/2009
Concurso de Orientación
No DOG do 8 de xaneiro vense de publicar a Orde do 17 de decembro de 2008 pola que se convoca concurso de traslados específico entre o persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria e de educación primaria dependentes desta consellería.
Outros 08/01/2009
Xubilación Anticipada 2009
Xa podes consultar a Orde do 22 de decembro de 2008 pola que se regula a convocatoria para o ano 2009 da xubilación anticipada voluntaria conforme a disposición transitoria segunda da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación na seguinte ligazón
Outros 08/01/2009
Axudas para formación do profesorado
Publicado no DOG de 30 de decembro a Orde do 15 de decembro de 2008 pola que se regula o procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2009.
Outros 07/01/2009
Inmersión lingüística para o alumnado
Publicada no DOG de 8 de xaneiro a Orde do 2 de xaneiro de 2009 pola que se convocan axudas en réxime de concorrencia competitiva dirixidas ao alumnado de centros sostidos con fondos públicos para realizar actividades de inmersión lingüística no verán de 2009.