Calendario

Eventos do mes Decembro de 2008

Outros 26/12/2008
Innovación educativa nos valores democráticos
Publicada no DOG de 26 de decembro a Orde do 17 de decembro de 2008 pola que se resolve a convocatoria de premios á innovación educativa sobre a educación nos valores democráticos 2008.
Outros 23/12/2008
Ensinanzas Artísticas
Publicado no DOG de 23 de decembro o Decreto 279/2008, do 11 de decembro, polo que se crea e regula o Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores.
Outros 23/12/2008
Innovación educativa
Publicada no DOG de 23 de decembro a Orde do 15 de decembro de 2008 pola que se resolve a concesión dos premios á innovación educativa para o profesorado e centros públicos de ensino non universitario dependentes desta consellería, convocados pola Orde do 8 de maio de 2008.
Outros 23/12/2008
Gaita galega
Publicado no DOG de 23 de decembro o Anuncio do 12 de decembro de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, polo que se comunica a publicación das puntuacións definitivas e a relación de excluídos do baremo aberto polo Anuncio do 10 de outubro de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, polo que comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de música e artes escénicas, na especialidade de gaita galega (Diario Oficial de Galicia do 20 de outubro de 2008).
Outros 23/12/2008
Accidentes de tráfico
Publicada no DOG de 23 de decembro a Orde do 15 de decembro de 2008 pola que se resolve a convocatoria da Orde do 28 de febreiro de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 12 de marzo), de concesión de axudas económicas para compensar gastos derivados dos accidentes de tráfico do persoal en función docente ou inspectora.
Outros 23/12/2008
Escolas viaxeiras
Publicada no DOG de 23 de decembro a Resolución do 15 de decembro de 2008, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se seleccionan os centros desta comunidade autónoma que participarán na actividade de escolas viaxeiras no ano 2009.
Outros 23/12/2008
Interinaxes na Escola Superior de Arte Dramática
Publicada no DOG do 23 de decembro o Anuncio do 17 de decembro de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, polo que se comunica a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos do baremo aberto polo Anuncio do 14 de novembro de 2008, polo que se comunica a apertura do prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (Diario Oficial de Galicia do 19 de novembro).
Outros 19/12/2008
Profesorado de relixión
Publicada no DOG do 19 de decembro a Orde do 18 de decembro de 2008 pola que se convoca concurso de traslados entre profesorado de relixión que presta servizos nos centros educativos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Outros 19/12/2008
Premios a recursos educativos
Publicada no DOG de 19 de decembro a Orde do 15 de decembro de 2008 pola que se resolve a convocatoria de premios a recursos educativos para a sociedade da información entre o profesorado de centros de ensino non universitario sostidos con fondos públicos para o ano 2008
Outros 16/12/2008
Vacantes provisionais de secundaria
Desde aquí poderás consultar a orde do 10 de decembro de 2008 pola que se fan públicas as vacantes provisorias dos corpos de profesores que imparten ensino secundario, formación profesional, ensinanzas artísticas e idiomas e nas sedes da Inspección Educativa para o curso 2009-2010.
Outros 15/12/2008
Vacantes do corpo de mestres
Desde aquí poderás consultar o DOG do 15 de decembro onde se publica a Resolución do 9 de decembro de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncian os postos de traballo vacantes que serán obxecto de provisión no concurso de traslados entre personal funcionario docente do corpo de mestres, convocado pola Orde do 3 de decembro de 2008.
Outros 11/12/2008
Fondo Acción Social no DOG
Podes consultar a resolución definitiva publicada no DOG 1/12/08
Outros 11/12/2008
Persoal docente no exterior
Consulta aquí a orde ESD/3460/2008 publicada no BOE con data 2 de decembro de 2008, pola que se convoca concurso de méritos para cubrir postos docentes no exterior.
Outros 10/12/2008
Resolución do concurso de cátedras
Desde aquí poderás consultar o DOG do 10 de decembro onde se publica a Orde do 5 de decembro de 2008 pola que se resolve o procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño convocado por Orde do 10 de novembro de 2007 (Diario Oficial de Galicia do 15 de novembro).
Outros 05/12/2008
Concurso de traslados de mestres
Desde aquí poderás consultar o DOG do 4 de decembro onde se publica a Orde do 3 de decembro de 2008 pola que se convoca concurso de traslados de ámbito estatal entre persoal funcionario docente do corpo de mestres.
Outros 05/12/2008
Concurso de traslados de secundaria
Desde aquí poderás consultar o DOG do 4 de decembro onde se publica a Orde do 3 de decembro de 2008 pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos de ensino secundario, catedráticos de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de artes plásticas e deseño, profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño e inspectores de educación
Outros 04/12/2008
Listaxe provisional admitidos/excluídos relixión
O prazo de reclamacións ás puntuacións e ás listas provisionais é de dez días naturais a partir da súa exposición
Outros 03/12/2008
Fondo de Acción Social
Consulta neste enlace a relación de admitidos e excluídos do Fondo de Acción Social 2007, introducindo o teu NIF
< Decembro 2008 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31        

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario