Calendario

Eventos do mes Novembro de 2008

Outros 29/11/2008
Modificación Normativa básica C. Traslados
BOE 29-11-08: REAL DECRETO 1964/2008, de 28 de novembro, polo que se modifica o Real Decreto 2112/1998 no que se regulan os concursos de traslados de ámbito estatal para a provisión de prazas correspondentes aos corpos docentes.
Outros 14/11/2008
Apertura de listaxe de interinidades
Desde aquí poderás consultar o DOG do 14 de novembro onde se publica o Anuncio do 6 de novembro de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, polo que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de ensino secundario nas especialidades de procesos na industria alimentaria e de procesos e produtos en madeira e moble; no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, na especialidade de italiano; no corpo de profesores de música e artes escénicas, nas especialidades de canto, clave, contrabaixo, fagot, óboe e viola da gamba.
Outros 04/11/2008
Modificación adxudicación concurso destinos provisionais
O prazo de solicitudes e documentos é de 15 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación do documento no DOG. As instancias deben ir dirixidas ao Secretario Xeral da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria. Pódese consultar a publicación no DOG deste esta ligazón. Dende a páxina da Consellaría pódese acceder ao modelo de instancia, baremo de méritos e folla de autobaremación.
Outros 03/11/2008
Apertura de prazo de interinidades e substitucións relixión
Resolución do 30 de outubro de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades ou substitucións de relixión. Subdirección Xeral de Persoal (03/11/2008) Resolución do 30 de outubro de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades ou substitucións para impartir docencia de relixión nos centros públicos de educación infantil, primaria, educación infantil e primaria, centros públicos integrados e institutos de educación secundaria. (Enviado ó DOG para a súa publicación) Pode consultar o texto da resolución no ficheiro situado máis abaixo. Prazo de solicitudes e documentos: 15 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no diario oficial de Galicia.
Outros 01/11/2008
Nomeamento no BOE de funcionarios de carreira (B->A)
Orde ESD/3074/2008, de 17 de outubro, pola que por proposta da Consellaría de Educación de Galiza, se nomean funcionarios de carreira dos Corpos de Profesores de Ensinanza Secundaria e Profesores de Artes Plásticas e Deseño, aos seleccionados nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 8 de maio de 2007. Na seguinte ligazón tes o BOE citado.
< Novembro 2008 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario