Calendario
Eventos do mes Outubro de 2008
Outros 29/10/2008
Substitucións chinés, xaponés, audioprótese, corda pulsada
O prazo de reclamación é de 10 días a partir do día seguinte á publicación do anuncio no DOG. Podes consultar o resultado do baremo dende esta ligazón www.edu.xunta.es/substitutoslistas e a relación de causas de exclusión no ficheiro do anuncio.
Outros 29/10/2008
Currículo de ensinanzas de réxime especial de idiomas
Desde aquí poderás consultar o DOG do 29 de outubro onde se publica o Decreto 239/2008, do 25 de setembro, polo que se establece o currículo de nivel avanzado das ensinanzas de réxime especial de idiomas.
Outros 24/10/2008
Puntuacións provisionais e excluídos de danza contemporánea
Podes consultar o ficheiro coas causas de exclusión dende aquí. Ademais, na páxina www.edu.xunta.es/substitutoslistas tes acceso ás puntuacións.
Outros 22/10/2008
Axudas para rutas literarias
Desde aquí podes consultar o DOG do 22 de outubro onde se publica a Orde do 3 de outubro de 2008 pola que se convocan axudas para a realización de rutas literarias durante o ano 2009.
Outros 22/10/2008
Nomeamento BOE funcionarios de carreira corpo de mestres
Os títulos de funcionarios de carreira, emitidos polo Ministerio de Educación, remítense á Delegación provincial onde o profesorado prestou servizos no curso 2007-2008. Haberá que dirixirse pois á Delegación que corresponda en cada caso.
Consulta o BOE dende aquí.
Outros 21/10/2008
Axudas para proxectos coas novas tecnoloxías
Desde aquí poderás consultar o DOG do 21 de outubro onde aparece a Orde do 10 de outubro de 2008 pola que se resolve a convocatoria de axudas para a realización de proxectos de innovación para un uso educativo das tecnoloxías da información e a comunicación para o curso 2008-2009.
Outros 14/10/2008
Apertura interinidades especialidade gaita galega
Desde aquí poderás consultar o DOG do 20 de outubro onde se anunica a apertura da listaxe. Hai un prazo de dez días naturais contados a partir do día seguinte da publicación deste anuncio no DOG para presentar as solicitudes, na Consellaría de Educación ou nas delegacións provinciais.
Outros 13/10/2008
Apertura de interinidades
Desde aquí poderás consultar o DOG do 10 de outubro onde se publica o Anuncio do 6 de outubro de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, polo que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de escolas oficiales de idiomas nas especialidades de chinés e xaponés; no corpo de profesores técnicos de formación profesional, para a impartición do ciclo superior en audioprótese (módulo profesional de elaboración e reparación de audioprótese e módulo de elección e axuste de próteses auditivas); do corpo de profesores de música e artes escénicas, na especialidade de instrumentos de corda pulsada do Renacemento e do Barroco
Outros 07/10/2008
Corrección erros do anuncio de prazos de Danza Contemporánea
Dende esta páxina podes consultar a corrección de erros ao texto publicado no DOG 1-09-08 para cubrir prazas de interinidades e substitucións de profesores de Danza Contemporánea.
Outros 06/10/2008
Anuncio interinidades/substitucións EOI, PTFP, Música, AAEE
Consulta dende aquí o anuncio relativo ao prazo para interinidades e substitucións no corpo de profesores da escola oficial de idiomas, especialidades de chinés e xaponés; no corpo de profesores técnicos de formación profesional, para impartición no ciclo superior en audioprótese; e no corpo de profesores de música e artes escénicas, na especialidade de instrumentos de corda pulsada do renacemento e barroco.
Outros 03/10/2008
Adxudicación DEFINITIVA destinos provisionais SEC 08-09 (2ª
Dende aquí pode consultar a resolución do DOG de 3-10-08 pola que se resolve definitivamente a adxudicación de destino provisional para o curso 2008-09, en determinadas especialidades de PES, PTFP; Música e AAEE, e Taller de artes plástica e deseño.
Outros 02/10/2008
Nomeamento funcionarios de CARREIRA Secundaria OPOS 2007
Desde aquí poderás consultar o BOE do 2 de outubro onde aparece a Orden ESD/2749/2008, de 18 de setembro, pola que se nomean funcionarios de carreira dos Corpos de Profesores de Ensino Secundario, Profesores Técnicos de Formación Profesional, Profesores de Escolas Oficiais de Idiomas, Profesores de Música e Artes Escénicas e Profesores de Artes Plásticas e Deseño, aos seleccionados nos procedimentos selectivos convocados por Orde de 9 de abril de 2007. Para acceder ao BOE do 3 de outubro vai ao banner de Oposicións da páxina principal www.cig-ensino.com