Calendario
Eventos do mes Setembro de 2008
Outros 29/09/2008
Materias optativas de bacharelato
Desde aquí poderás consultar a Orde do 23 de setembro de 2008 (en DOG do 29 de setembro) pola que se amplía a oferta de materias optativas do bacharelato e se establece o seu currículo.
Outros 26/09/2008
Adxudicación definitiva Conservatorios
Dende aquí podes consultar a adxudicación definitiva dos CMUS. A toma de posesión farase directamente nos centros de destino.
Outros 22/09/2008
Adxudicación definitiva destinos provisionais 08-09 (1ª part
Resolución do 12 de setembro de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se resolve a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2008-2009, en determinadas especialidades do corpo de PES, de profesores EOI e de prácticas e actividades (PTFP).
Outros 21/09/2008
Avaliación do bacharelato
Desde aquí poderás consultar o DOG do 23 de setembro onde se publica a Resolución do 11 de setembro de 2008, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establecen os modelos dos documentos oficiais de avaliación do bacharelato
Outros 18/09/2008
Convocatorias de premios
Desde aquí poderás consultar a resolución publicada no DOG do 18 de setembro onde aparecen convocados premios ás memorias dos proxectos de educación para o consumo na escola, desenvolvidos dentro do marco da Rede de educación do consumidor, e pola que se procede á selección dos novos proxectos presentados por centros educativos, de niveis non universitarios, que desexen incorporarse á devandita rede. Tamén no DOG do 18 de setembro convócase un concurso de premios dirixidos ao alumnado das escolas de arte, do ciclo superior de formación profesional de deseño e produción editorial e de bacharelatos artísticos para a elaboración de carteis que teñan como tema os dereitos das persoas consumidoras.
Outros 18/09/2008
Consello Escolar
Desde aquí poderás consultar o DOG do 18 de setembro onde aparece a Resolución do 1 de setembro de 2008, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.
Outros 15/09/2008
Asesores/as no servizo de formación do Profesorado
Publicado no DOG de 15 de setembro a Orde do 3 de xullo de 2008 pola que se resolve o concurso público para cubrir postos de asesores e/ou asesoras do Servizo de Formación do Profesorado.
Outros 08/09/2008
Fondo de acción social
O DOG do 8 de setembro anuncia a publicación das listaxes provisionais da concesión das axudas de xubilación, fillos menores, estudos dos fillos, estudos do traballador, maiores a cargo e gastos sanitarios. Desde aquí poderás consultar o estado das peticións.
Outros 05/09/2008
Equipos Normalización Lingüística
DOG 5-9-08. Convocatoria para proxectos de promoción e uso do galego nos centros sostidos con fondos públicos non universitarios. Secretaría Xeral de política lingüística.
Outros 05/09/2008
Destinos definitivos de mestres
Desde aquí poderás consultar o DOG do 5 de setembro onde aparece a Resolución do 29 de agosto de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se publica a adxudicación definitiva de destinos provisionais para o curso 2008-2009.
Outros 05/09/2008
Mellora das bibliotecas escolares
Desde aquí poderás consultar o DOG de 5 de setembro onde se publica a Orde do 28 de agosto de 2008 pola que se resolve a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para o curso 2008/2009.
Outros 03/09/2008
Nomeamento de funcionarios en prácticas de secundaria
Desde aquí poderás consultar a Orde do 29 de agosto de 2008 pola que se nomean funcionarios en prácticas dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas e profesores técnicos de formación profesional, os opositores que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 10 de marzo de 2006 (Diario Oficial de Galicia do 14 de marzo), pola Orde do 9 de abril de 2007 (Diario Oficial de Galicia do 13 de abril) e pola Orde do 9 de abril de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 16 de abril) que ocupen vacante dotada orzamentariamente.
Outros 03/09/2008
Axudas para estadías en empresas
Desde aquí poderás consultar o DOG do 1 de setembro onde se publica a Orde do 20 de agosto de 2008 pola que se establece unha segunda convocatoria de axudas en réxime de concorrencia competitiva para o alumnado de formación profesional de centros docentes sostidos con fondos públicos e para o alumnado e profesorado de centros concertados da Comunidade Autónoma de Galicia que participen en estadías en empresas de ámbito transnacional durante o ano 2008.
Outros 03/09/2008
Comedores escolares
Desde aquí poderás consultar o DOG de 1 de setembro onde se publica a Orde do 22 de agosto de 2008 pola que se establecen as bases e se convocan axudas para financiar o mantemento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais de alumnos/as de centros públicos non universitarios dependentes desta consellería para o curso académico 2008-2009.
Outros 03/09/2008
Concurso de cátedras
Desde aquí poderás consultar o DOG do 1 de setembro onde aparece publicada a Resolución do 20 de agosto de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se comunica a publicación das puntuacións provisorias da fase de concurso relativa ao punto 3.2 do anexo III do baremo de méritos, publicacións e méritos artísticos, do procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas convocado pola Orde do 10 de novembro de 2007 (Diario Oficial de Galicia do 15 de novembro).
Outros 03/09/2008
Apertura de listaxes de interinidades
Desde aquí poderás consultar o DOG do 1 de setembro onde se publica o Anuncio do 24 de xullo de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións como profesores de danza contemporánea
Outros 03/09/2008
Acceso A2 a A1
Desde aquí poderás consultar a Orde do 28 de agosto de 2008 pola que se nomean funcionarios en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario os opositores que superaron os procedementos selectivos de acceso ao devandito corpo para funcionarios dos corpos e escalas docentes clasificados no subgrupo A2 na Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 9 de abril de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 17 de abril), que ocupen vacante dotada orzamentariamente.
Outros 03/09/2008
Galescolas: listaxe provisional de admitidos
Resolución do 26 de agosto de 2008, da Comisión de Valoración e Seguimento, das listaxes de espera para cobertura temporal de postos de traballo do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, pola cal se aproba e fai pública a listaxe provisoria de persoas admitidas, coa súa puntuación e orde de prelación, e persoas excluídas, na categoría de galescolas no ámbito territorial da Coruña, Pontevedra, Lugo e Ourense.