Calendario
Eventos do mes Marzo de 2009
Outros 30/03/2009
Adxudación provisional C. Traslados Orientación (Mestres)
O prazo de reclamacións e renuncias é de dez días hábiles a partir da súa publicación no DOG. Consulta o documento publicado pola Consellaría.
Outros 30/03/2009
Modificación Oposición mestres 2008
Orde do 27 de febreiro de 2009 (DOG 30-03-09) pola que se modifica a Orde do 22 de xullo de 2008, pola que se fai pública a lista das/os aspirantes seleccionadas/os no procesoselectivo convocado pola Orde do 9 de abril de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 16 de abril), para ingreso no corpo de estras/mestres da Comunidade Autónoma de Galiza, así como a adquisición de novas especialidades.
Outros 26/03/2009
Interinidades de procesos de textil, confección e pel
Accede ao ficheiro do anuncio.
Outros 25/03/2009
Resolución provisional C.Traslados Secundaria
Poderanse presentar en calquera das dependencias ás que alude o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como no centro de destino sempre que, ademais, se remitan por fax, dentro dun prazo de 10 días a partir do día seguinte da publicación no DOG, ao servizo de profesorado de educación secundaria, formación profesional e ensinanzas especiais; número de fax 981 54 54 84.
Outros 24/03/2009
Modificación da resolución do acceso a catedráticos
Modificación resultante da estimación dos recursos de alzada presentados. Consulta aquí o texto da orde.
Outros 24/03/2009
Modificación listaxe opositores aprobados convocatoria 2008
Consulta o texto da orde dende aquí.
Outros 23/03/2009
Vacantes provisionais CXT Mestres
A Consellaría vén de colgar no seu portal unha nova actualización de vacantes para o concurso xeral de traslados do corpo de mestres. Nesta actualización están incluídas a maioría das xubilacións anticipadas solicitadas nos meses de xaneiro e febreiro.
Outros 18/03/2009
Substitucións espec. clarinete, composición, trombón e viola
O prazo para presentar a instancia de solicitude, na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou nas súas delegacións provinciais, será de sete días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galiza.
Outros 13/03/2009
Decreto de ensinanzas de técnico deportivo superior balonmán
Consulta o texto do DOG dende este enlace.
Outros 13/03/2009
Publicación do baremo provisional de méritos C. Orientación
Accede dende aquí ao baremo de méritos.
Outros 09/03/2009
Axudas para alfabetización de adultos
Publicada no DOG do luns 9 de marzo a orde pola que se convocan axudas para a realización de actividades de alfabetización e formación de adultos na Comunidade Autónoma de Galiza durante o ano 2009.
Outros 06/03/2009
Decreto técnico deportivo superior en atletismo
Consulta o texto do decreto dende aquí.
Outros 05/03/2009
Convalidación Música e Danza en ESO e BAC
Ademais das convalidacións das ensinanzas profesionais de Música, tamén se establecen os efectos que sobre a materia de Educación Física terá a condición de deportista de alto nivel ou de alto rendemento.
Outros 05/03/2009
Axudas a estudantes universitarios para congresos e outros
Accede ao texto da convocatoria.
Outros 05/03/2009
Graduado en ESO para maiores de 18 anos
Accede dende aquí ao texto da orde.
Outros 05/03/2009
Axudas a estudantes universitarios para estadías na UE
Accede ao texto da convocatoria.
Outros 02/03/2009
Decreto técnico deportivo superior en baloncesto
Consulta o texto do Decreto 36/2009.