Calendario

Eventos do mes Maio de 2008

Outros 28/05/2008
OPOS 2008:Listaxe provisional admitidos e excluídos. MESTRES
Publicada no DOG 28-5-08 a listaxe provisional de admitidas/os e excluídas/os nos procedementos selectivos dor corpo de Mestres. Tamén se publica un modelo de reclamación. Aínda que na páxina web di que a maneira de presentar a reclamación é mediante fax ou por correo electrónico, desde a CIG recomendámosche que a reclamación a presentes previamente por rexistro e logo esa mesma reclamación a mandes por fax ou por correo electrónico.
Outros 28/05/2008
Lectorados de lingua e cultura galegas
Desde aquí poderás consultar a resolución da Consellaría de Presidencia (en DOG do 28 de maio) onde se aproba a convocatoria de lectorados de lingua, literatura e cultura galegas en universidades de España e do estranxeiro.
Outros 28/05/2008
Puntuacións provisionais asesoras/es
Desde aquí poderás consultar as puntuacións provisionais dos aspirantes participantes no concurso de méritos específico entre funcionarios/as de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas non universitarias para cubrir prazas de asesores/asesoras na Consellaría de Educación.
Outros 24/05/2008
OPOS 2008:Listaxe provisional admitidos e excluídos. SECUNDA
Publicada na páxina web da consellaría a listaxe provisional de admitidas/os e excluídas/os nos procedementos selectivos dos corpos de SECUNDARIA. Tamén se publica un modelo de reclamación. Aínda que na páxina web di que a maneira de presentar a reclamación é mediante fax ou por correo electrónico, desde a CIG recomendámosche que a reclamación a presentes previamente por rexistro e logo esa mesma reclamación a mandes por fax ou por correo electrónico. Accede á páxina da consellaría na ligazón de máis abaixo. Prazo RECLAMACIÓNS: 10 días naturais desde a publicación en DOG.
Outros 23/05/2008
Orde Programas Cualificación Profesional Inicial
Publicada no DOG 23-5-08 a Orde do 13 de maio de 2008 pola que se regulan os programas de cualificación profesional inicial en Galiza (PCPI). Accede á orde na ligazón que está máis abaixo.
Outros 23/05/2008
Resolución definitiva do concurso de secundaria
Desde aquí poderás consultar o DOG de 23 de maio onde aparece publicada a Resolución do 13 de maio de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados entre funcionarios docentes dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño.
Outros 23/05/2008
Listaxe definitiva do concurso de cátedras
Desde aquí poderás consultar a Resolución do 15 de maio de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a lista definitiva de admitidos e excluídos para participar no procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas.
Outros 22/05/2008
Concurso de traslados de inspectores
Desde aquí poderás consultar o DOG de 22 de maio onde se publica a resolución do 13 de maio de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados para a provisión de prazas vacantes na Inspección Educativa.
Outros 21/05/2008
Premios a recursos educativos para a sociedade da informació
A Consellaría de Presidencia publica no DOG de 21 de maio a orde conxunta do 8 de maio de 2008, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Innovación e Industria, pola que se convocan premios a recursos educativos para a sociedade da información entre o profesorado de centros de ensino non universitario sostidos con fondos públicos para o ano 2008.
Outros 19/05/2008
Fondo de acción social
Desde aquí poderás consultar o DOG de 19 de maio onde a Consellaría de Presidencia publica as resolucións que regulan os criterios de repartición do fondo de acción social así como o prazo de presentación de solicitudes.
Outros 19/05/2008
Premios á innovación educativa
Desde aquí poderás consultar o DOG de 19 de maio onde aparece a Orde do 8 de maio de 2008 pola que se convocan premios á innovación educativa para profesorado e centros públicos de ensino non universitario dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Outros 19/05/2008
Concurso definitivo de mestres
Desde aquí poderás consultar o DOG de 19 de maio onde aparece publicada a Resolución do 8 de maio de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se publica a adxudicación definitiva de destinos do concurso de traslados entre funcionarios do corpo de mestres, convocado pola Orde do 30 de outubro de 2007 (Diario Oficial de Galicia do 8 de novembro).
Outros 15/05/2008
Axudas para proxectos coas tecnoloxías de información
Desde aquí poderás consultar o DOG de 15 de maio onde aparece a Orde do 5 de maio de 2008 pola que se convocan axudas para a realización de proxectos de innovación para un uso educativo das tecnoloxías da información e a comunicación para o curso 2008-2009 e se aproban as súas bases de concesión.
Outros 15/05/2008
Gratuidade de libros
Desde aquí poderás consultar do DOG de 15 de maio onde aparece publicada a Orde do 28 de abril de 2008 pola que se convoca e regula o programa de gratuidade de libros de texto e materiais curriculares en centros sostidos con fondos públicos para os niveis obrigatorios e gratuítos para o curso escolar 2008-2009.
Outros 13/05/2008
Tribunais de galego das cátedras
Desde aquí poderás consultar a resolución publicada no DOG de 13 de maio pola que se procede a nomear e facer pública a composición dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega e o procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas convocados por Orde do 10 de novembro de 2007.
Outros 13/05/2008
Premios para a innovación en normalización lingüística
Desde aquí poderás consultar a resolución conxunta da da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e da Secretaría Xeral de Política Lingüística (en DOG de 13 de maio), pola que se aproban as bases e se convocan premios a proxectos de innovación en normalización lingüística de centros de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para desenvolver no curso académico 2008-2009.
Outros 09/05/2008
Adxudicación definitiva dos traslados de secundaria
Adxudicación definitiva do concurso de traslados de ensino secundario: publicada o día 9-5-08 na páxina web da Consellaría a Adxudicación definitiva do Concurso de Traslados de Secundaria. Próxima publicación en DOG. Accede a esta información e outras do concurso.
Outros 05/05/2008
Cátedras: Proba de galego
Resolucións da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a lista definitiva dos participantes que deberán realizar a proba de coñecemento de lingua galega no procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas, convocado por Orde do 10 de novembro de 2007 (Diario Oficial de Galicia do 15 de novembro) e pola que se fixa data, hora e lugar da celebración desa proba. Na seguinte ligazón tes as dúas resolucións.
Outros 05/05/2008
Listaxes abertas Interinidades/Substitucións
Publicadas no DOG de 7 de maio das puntuacións provisionais e a relación de excluídos do baremo aberto, no corpo de profesores de artes plásticas e deseño na especialidade de conservación e restauración de materiais arqueolóxicos entre outras.
< Maio 2008 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario