Calendario

Eventos do mes Xuño de 2008

Outros 27/06/2008
Comisións humanitarias en primaria
Desde aquí poderás consultar a páxina web da Consellaría onde aparece a listaxe coa resolución provisional pola que se declara a procedencia ou improcedencia da concesión das comisións de servizos por razóns de saúde para o profesorado do corpo de mestres.
Outros 27/06/2008
Currículo e optativas de bacharelato
Desde aquí poderás consultar o DOG do 27 de xuño onde se publican as ordes que regulan a organización e o currículo do Bacharelato, así como a relación das optativas a impartir neste nivel, así como o seu currículo.
Outros 25/06/2008
Comisións de conciliación para mestras/es.
A Consellaría de Educación publicou o martes 24 de xuño a resolución provisional pola que se declara a procedencia ou improcedencia da concesión das comisións de servizos por conciliación da vida familiar e laboral. O PRAZO DE RECLAMACIÓNS é de 4 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio na web da Consellaría. Non hai aínda data sinalada para as comisións de servizo dos distintos corpos de secundaria.
Outros 24/06/2008
Modificada a orde de avaliación na ESO
Desde aquí poderás consultar o DOG do 24 de xuño onde aparece a Orde do 23 de xuño de 2008 pola que se modifica a do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
Outros 23/06/2008
Decreto de bacharelato
Desde aquí poderás consultar o DOG do 23 de xuño onde se publica o Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
Outros 20/06/2008
Orde dos comedores
Desde aquí poderás consultar a Orde do 13 de xuño de 2008 (no DOG do 19 de xuño) pola que se modifica a do 21 de febreiro de 2007 pola que se regula a organización, o funcionamento e a xestión do servizo de comedor escolar nos centros docentes públicos non universitarios dependentes desta consellería.
Outros 18/06/2008
CÁTEDRAS. Datas e lugares para a entrega de publicacións
Resolución do 10 de xuño de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fan públicas as resolucións dos tribunais que xulgarán o procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas convocados pola Orde do 10 de novembro de 2007 (Diario Oficial de Galicia do 15 de novembro), polas que se anuncian as datas, as horas e os lugares en que se fará a entrega da documentación relativa ao punto 3.2 do anexo III, do baremo de méritos, publicacións e méritos artísticos. Na seguinte ligazón tes a resolución
Outros 18/06/2008
Resolución de Normas de Adxudicación destinos Secundaria
Resolución do 20 de maio de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2008-2009, entre profesorado de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesorado de escolas oficiais de idiomas, profesorado de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, aquelas/aqueles ás/aos que se lles conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación familiar, opositoras/opositores do ano 2008, interinas, interinos, substitutas e substitutos e o persoal funcionario que solicite o reingreso no servizo activo. Na seguinte ligazón tes a resolución
Outros 18/06/2008
Estadías formativas en empresas.
Orde do 9 de xuño de 2008 pola que se autorizan as estadías formativas en empresas ou institucións destinadas ao funcionariado docente non universitario para o curso 2007-2008. Tes a orde no seguinte ligazón.
Outros 13/06/2008
Lei da Función Pública
Desde aquí poderás consultar o Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia (en DOG do 13 de xuño de 2008).
Outros 11/06/2008
Oferta de ciclos formativos
Desde aquí poderás consultar a Orde do 2 de xuño de 2008 (en DOG do 11 de xuño) pola que se actualiza a oferta de ciclos formativos polo réxime ordinario, por curso completo e en modalidade presencial, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Outros 11/06/2008
Datas e lugares da oposición de A2 a secundaria
Desde aquí poderás consultar o DOG de 11 de xuño onde aparece publicada a Resolución do 6 de xuño de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fan públicas as resolucións dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos de acceso aos corpos de profesores de ensino secundario para funcionarios e funcionarias dos corpos e escalas docentes clasificados no subgrupo A2 na Comunidade Autónoma de Galicia, polas que se anuncian as datas, as horas e os lugares en que se fará a presentación dos aspirantes.
Outros 10/06/2008
Petición de destinos provisionais de mestres
Desde aquí poderás consultar a resolución de 29 de maio, en DOG do 10 de xuño, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2008-2009 ás/aos mestras/mestres que non teñan destino definitivo, aos que resultan desprazados por falta de horario, aquelas/aqueles ás/aos que se lles conceda unha comisión de servizos por concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación familiar, opositoras/opositores de 2008, interinas/os e substitutas/os e as/os que soliciten o reingreso no servizo activo.
Outros 06/06/2008
Xornada Única
Publicada no DOG do 6 de xuño a Orde do 29 de maio de 2008 pola que se establece o procedemento para a implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá ou mixta nas escolas de educación infantil, colexios de educación infantil e primaria, colexios rurais agrupados, centros públicos integrados, centros de educación especial e centros privados concertados.
Outros 05/06/2008
Calendario escolar
Desde aquí poderás consultar a Orde do 29 de maio de 2008 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2008/2009, nos centros docentes sostidos con fondos públicos.
Outros 04/06/2008
Modalidades Bacharelato que se impartirán en cada centro
Publicada en DOG 4-6-08 a orde do 29 de maio de 2008 pola que se autoriza a implantación das modalidades de bacharelato en centros públicos de Galiza de acordo coa nova ordenación establecida pola LOE. Desde a CIG-Ensino denunciamos que esta orde non se levou á mesa sectorial e por tanto non foi negociado ningún aspecto da mesma. Pero cando se levou á Mesa Sectorial o Decreto de ordenación e currículo de Bacharelato a CIG-Ensino demandou que todos os centros do país debían ofertar como mínimo dúas modalidades de Bacharelato xa que esa non era a intención da consellaría. Accede á orde na ligazón posterior.
Outros 02/06/2008
CÁTEDRAS. Corrección erros tribunais
Publicada na páxina web da consellaría unha corrección de erros referente aos composición dos tribunais que xulgarán o procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas. Accede a esta e outras informacións sobre o concurso de cátedras na seguinte ligazón.
Outros 02/06/2008
Datas, Lugar e Hora da presentación e 1ª proba OPOS MESTRES
Publicada na páxina web da consellaría a resolución pola que se publican as datas, horas e lugar na que terán lugar as presentacións e a primeira parte da proba de oposición. Accede a esta información e outras sobre as OPOSICIÓNS 2008 facendo clic na ligazón seguinte
< Xuño 2008 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario