Calendario
Eventos do mes Abril de 2008
Outros 29/04/2008
Vacantes Primaria
Publicación o día 29/04/08 no Portal educativo da Xunta de Galicia da relación definitiva de Vacantes para o Concurso de primaria.
Na seguinte ligazón tes esta e canta información precises sobre os concursos de traslados.
Outros 28/04/2008
Oposicións secundaria
Desde aquí poderás consultar a Corrección de erros á Orde do 9 de abril de 2008 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso ao corpo de PES para funcionarios e funcionarias do subgrupo A2.
Outros 25/04/2008
Cátedras. Corrección de erros
Desde aquí poderás consultar a corrección de erros do DOG de 25 de abril onde aparece a resolución do 31 de marzo de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a lista provisional de admitidos e excluídos para participar no procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas
Outros 24/04/2008
Cátedras. Proba de Galego
Desde aquí poderás consultar a Resolución do 21 de abril de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a data do sorteo para determinar a composición dos tribunais que xulgarán a PROBA DE GALEGO no procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas convocados por Orde do 10 de novembro de 2007 (Diario Oficial de Galicia do 15 de novembro de 2007).
Outros 17/04/2008
Oposicións grupo A2 a A1
Desde aquí poderás consultar a Orde do 9 de abril de 2008 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso aos corpos de profesores de ensino secundario para funcionarios e funcionarias dos corpos e escalas docentes clasificados no subgrupo A2 na Comunidade Autónoma de Galicia
Outros 17/04/2008
Vacantes Secundaria
Publicadas no portal educativo da Consellaría de educación as vacantes definitivas de secundaria para o concurso de traslados.
Podes ver toda a información sobre os diferentes concursos na seguinte ligazón.
Outros 17/04/2008
Vacantes Primaria
Actualización da listaxe provisional de vacantes e das sedes e centros das vacantes itinerantes de inglés a data (17/04/2008).
Podes ver toda a información sobre o concurso na seguinte ligazón.
Outros 16/04/2008
Convocatoria de oposicións
Desde aquí poderás consultar as ordes que con data 16 de abril se publican no DOG e polas que se convocan os procedementos selectivos de ingreso nos corpos de mestres e máis de profesores de ensino secundario.
Outros 15/04/2008
Resolución Cátedras
Publicado no DOG do 15 de abril a Resolución do 31 de marzo de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a lista provisional de admitidos e excluídos para participar no procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas.
Na seguinte ligazón tes a resolución.
Outros 11/04/2008
Integración Instituto Social da Marina
Publicación no BOE do 10 de abril de 2008 a Orde do 26 de marzo, pola que ,por proposta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Comunidade Autónoma de Galicia, se integra nos corpos docentes a que se refiere a Ley Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, o persoal funcionario transferido por Real Decreto 957/2005, de 29 de xullo.
Tedes o BOE na seguinte ligazón.
Outros 11/04/2008
Puntuacións definitivas baremo aberto
Desde aquí poderás consultar o DOG de 11 de abril onde aparece o anuncio do 8 de abril de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, polo que se comunica a publicación das puntuacións definitivas e a relación de excluídos definitiva do baremo aberto polo Anuncio do 9 de xaneiro de 2008, polo que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de ensino secundario especialidade de francés e profesores de música e artes escénicas especialidades de trompa e gaita galega (Diario Oficial de Galicia do 16 de xaneiro de 2008).
Outros 08/04/2008
Probas do CELGA
No DOG de 8 de abril aparece publicada a resolución de 12 de febreiro pola que se modifica a do 12 de febreiro, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4 no ano 2008.
Outros 04/04/2008
Resolución Definitiva Concurso EPA Secundaria
Publicada no DOD de 4 de abril a Resolución do 28 de marzo de 2008 pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados específico, entre funcionarios docentes do corpo de profesores de ensino secundario, para cubriren prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos.
Na seguinte ligazón tes a Resolución.
Outros 02/04/2008
Cátedras
Publicadas na páxina web da Consellaría as listaxes provisionais de solicitantes admitidos e excluídos no acceso a cátedras. O prazo de reclamación será de dez días a partir do día seguinte á súa publicación no DOG
Outros 01/04/2008
Adxudicación definitiva concurso de Xefatura de orientación
Publicación no DOG 1-4-08 da adxudicación definitiva de destinos no concurso de traslados específico entre funcionairos de carreira do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación - Servizo de Primaria (01/04/2008)
Outros 01/04/2008
Corrección erros Licenzas por Estudos
Corrección de erros.-Orde do 11 de marzo de 2008 pola que se convocan licenzas por estudos para o curso 2008-2009 destinadas a funcionarios docentes non-universitarios e se aproban as súas bases de concesión. Consulta esta corrección, a convocatoria e outras informacións facendo clic en máis información
Outros 01/04/2008
Publicación en DOG da OPE 2008
Decreto 59/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da Comunidade Autónoma de Galiza para o ano 2008. Consulta esta e outras informacións relativas ás Oposicións 2008 facendo clic en máis información