Calendario
Eventos do mes Marzo de 2008
Outros 27/03/2008
Concurso Equipos de Orientación Específicos
Publicado no DOG 26-3-08 a Orde do 11 de marzo de 2008 pola que se convoca concurso de méritos para cubrir postos nos equipos de orientación específicos.
Tes a Orde na seguinte ligazón.
Outros 27/03/2008
Adxudicación definitiva EPA Secundaria
Publicada na páxina web da Consellaría a adxudicación definitiva do concurso de traslados específico de Educación e Promoción de Adultos (EPA) do persoal de Secundaria. Accede a esta adxudicación facendo clic máis abaixo.
Outros 27/03/2008
Licenzas por Estudos
Publicada no DOG 25-3-08 Orde do 11 de marzo de 2008 pola que se convocan licenzas por estudos para o curso
2008-2009 destinadas a funcionarios docentes non-universitarios e se aproban as súas bases de concesión.
Outros 26/03/2008
Adxudicación definitiva Concurso EPA Mestres
Publicada no DOG 26-3-08 a Adxudicación definitiva Concurso EPA do corpo de Mestres. Accede á adxudicación definitiva e so texto da resolución.
Outros 24/03/2008
Modificación lista de aprobados Opos 2008 Primaria.
Publicada no DOG 26-3-08 a Orde do 11 de marzo de 2008 pola que se modifica a do 27 de xullo de 2007 pola que se fai pública a lista das/os aspirantes seleccionadas/os no proceso selectivo convocado pola Orde do 9 de abril de 2007 (DOG do 13 de abril), para ingreso no corpo de mestras/mestres na comunidade autónoma de Galicia, así como a adquisición de novas especialidades. Nesta modificación estímanse os recuros de alzada presentados por certas persoas sen que supoña NINGUNHA EXCLUSIÓN de aprobados. Podes consultar a orde no seguinte enlace.
Outros 24/03/2008
Docencia nos Conservatorios Superiores
Publicada no DOG de 24 de marzo a resolución do 10 de marzo de 2008, pola que se establece o procedemento para o acceso á docencia en diversas especialidades nos conservatorios superiores de música de Vigo e A Coruña. O prazo é de 30 días naturais desde o seguinte á publicación no DOG (23 de abril)
Outros 24/03/2008
Concurso traslados Inspección
Publicada en DOG 25-3-08 a Resolución do 13 de marzo de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se resolve provisionalmente o concurso de traslados para a provisión de prazas vacantes na Inspección Educativa.
Outros 24/03/2008
Corrección erros CÁTEDRAS
Corrección de erros.-Orde do 10 de novembro de 2007 pola que se convoca procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas.
Outros 24/03/2008
Corrección erros PRAZAS CONVENIO
Corrección de erros.-Orde do 3 de marzode 2008 pola que se convoca concurso de méritos específico entre funcionarias/os de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas en niveis non-universitarios, para cubrir postos de profesoras/es en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería.
Outros 23/03/2008
Interinidades Relixión
Resolución do 11 de marzo de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades ou substitucións para impartir docencia de relixión nos centros públicos de educación infantil, primaria, educación infantil e primaria, centros públicos integrados e institutos de educación secundaria.
Outros 18/03/2008
Acceso e a admisión ás ensinanzas superiores de deseño.
Publicada no DOG do 18 de marzo a Orde do 6 de marzo de 2008 pola que se regula o acceso e a admisión ás ensinanzas superiores de deseño.
Na seguinte ligazón tes a Orde.
Outros 18/03/2008
Actividades formativas no extranxeiro 2008
Publicado no DOG do 18 de marzo a Orde do 7 de marzo de 2008 pola que se convocan actividades formativas de inglés, francés, alemán, portugués e de música para o ano 2008 no estranxeiro, destinadas a profesorado que imparte docencia en niveis non-universitarios, e se aproban as súas bases de concesión.
Na seginte ligazón tes a Orde.
Outros 18/03/2008
Apertura de listas en varias especialidades
Anuncio do 12 de marzo de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de escolas oficiales de idiomas, na especialidade de ruso e no corpo de profesores de artes plásticas e deseño, na especialidade de conservación e restauración de materiais arqueolóxicos.
Na seguinte ligazón tes o anuncio.
Outros 18/03/2008
Adxudicación definitiva Concurso Orientación (Primaria)
Publicada na páxina web da consellaría a Adxudicación definitiva Concurso de Orientación do corpo de Mestres. Accede á adxudicación definitiva, á relación de excluídos, á relación de vacantes que xera este concurso e ao texto da resolución.
Outros 14/03/2008
Concurso de traslados provisional de secundaria
Resolución do 13 de marzo de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se resolve provisionalmente o concurso de traslados entre funcionarios docentes dos distintos corpos de secundaria. Contra esta resolución provisional, segundo o establecido na base décimo sétima, da Orde do 31 de outubro de 2007,cabe reclamación no prazo de dez días, contados a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. O prazo de renuncias será do 7 ao 11 de abril de 2008, ámbolos dous incluídos.
Non obstante, serán admitidas as reclamacións e renuncias presentadas con
anterioridade. As reclamacións e renuncias poderanse presentar en calquera das dependencias ás que alude o artigo 38 a Lei de réxime xurídico das
administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como
no centro de destino sempre que, ademais, se remitan por fax, dentro do prazo
establecido, ao servizo de profesorado de educación secundaria, formación
profesional e ensinanzas especiais; número de fax 981 54 54 84.
As persoas que desexen renunciar á súa participación no concurso, deberán realizar a renuncia aínda no suposto de que non obtivesen destino na resolución provisional, xa que, de non o facer, poderán obter destino na resolución definitiva. O destino adxudicado na resolución definitiva é irrenunciable.
Outros 14/03/2008
Prazas na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
Publicación no DOG do 14 de marzo do anuncio do 11 de marzo de 2008, da Secretaría Xeral da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria, sobre a apertura do prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
Tes o anuncio na seguinte ligazón.
Outros 13/03/2008
Listaxe interinidades e substitucións para Profes Relixión
PROFESORADO DE RELIXIÓN. Resolución do 11 de marzo de 2008 da Secretaría Xeral pola que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades ou substitucións para impartir docencia de relixión.
No seguinte enlace tes a Resolución e os documentos relacionados.
********************** INTERVENCIÓN DA CIG-ENSINO NA MESA SECTORIAL SOBRE O TEMA:
Xa se sabe cal é o posicionamento da CIG-Ensino ao respecto da presencia da relixión no sistema educativo: reafirmamos unha vez máis que non debe formar parte do currículo escolar. Ademais non debe ser que a autoridade relixiosa dea a súa autorización (certificado de idoneidade). Polo tanto pedimos que se supriman os apartados f) e g) do borrador (DEI, DECA e “Missio canónica”). Estas dúas cuestións sobrepasan calquera control que se poida facer desde a Mesa sectorial. É un disparate desde calquera perspectiva, tratar de darlle carácter legal a algo que se escapa a calquera tipo de control por parte da Mesa Sectorial. Este sistema non é equitativo. Non deixa de sorprender que non se requira o coñecemento do noso idioma . É inxustificado a non exixencia do galego, faise en todas as convocatorias. A Admón. sempre pode minorizar certos requisitos do RD. Non poden puntuarse igual os cursos organizados por “entidades relixiosas” (escápanse a calquera control) que os organizados polas administracións educativas ou homologados. Polo tipo de persoal que estamos falando (laboral), esta orde debera pasar polo comité intercentros.
Outros 13/03/2008
Unidades de Competencia e Prazas
Publicada no DOG de 13 de marzo a Orde do 25 de febreiro de 2008 pola que se convocan unidades de competencia e prazas para o recoñecemento, a avaliación, a acreditación e a certificación da competencia profesional, e se determina o correspondente procedemento experimental. Tes a orde na seguinte ligazón.
Outros 12/03/2008
Accidentes de tráfico
Publicada no DOG de 12 de marzo a Orde do 28 de febreiro de 2008 pola que se convocan axudas económicas para compensar gastos derivados dos accidentes de tráfico de persoal en función docente ou inspectora.
Tes a orde no seguinte enlace
Outros 12/03/2008
Estadías nas residencias de tempo libre (regulación)
Publidada no DOG do 12 de marzo a Orde do 4 de marzo de 2008 pola que se regula o procedemento de adxudicación de estadías nas residencias de tempo libre dependentes da Vicepresidencia para o ano 2008.
Tes a orde no seguinte enlace
Outros 12/03/2008
Resolución do Sorteo das letras para Admisión de Alumnado
Publicada no DOG de 12 de marzo a Resolución do 3 de marzo de 2008, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se fai público o resultado do sorteo a que se refire o artigo 34 da Orde do 17 de marzo de 2007 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos.
O Resultado do Sorteo é "Q" e "V".
Tes a orde no seguinte enlace.
Outros 12/03/2008
Xurado premios extraordinarios de formación profesional.
Publicada no DOG de 12 de marzo a Resolución do 3 de marzo de 2008, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se procede a designar os membros e a facer pública a composición do xurado de selección que analizará e valorará as solicitudes dos aspirantes aos premios extraordinarios de formación profesional específica de grao superior correspondentes ao curso 2006-2007.
Tes a orde no seguinte enlace
Outros 12/03/2008
Concurso Asesores/as da Consellaría de Educación
Publicada no DOG de 12 de marzo a Orde do 28 de febreiro de 2008 pola que se convoca concurso de méritos específico entre funcionarias/os de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas en niveis non-universitarios para cubrir prazas de asesoras/asesores nesta consellería.
Tes a orde no seguinte enlace.
Outros 12/03/2008
Concurso prazas sometidas a convenio e programas específicos
Publicada no DOG de 12 de marzo a Orde do 3 de marzo 2008 pola que se convoca concurso de méritos específico entre funcionarias/os de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas en niveis non-universitarios para cubrir postos de profesoras/profesores en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería.
Tes a orde no seguinte ligazón.
Outros 11/03/2008
Acceso a prazas nos CMUS Superiores
Texto que vai ser publicado no DOG da resolución ten por obxecto convocar o procedemento para seleccionar ao profesorado que poderá impartir docencia durante o curso 2008/09 nos conservatorios superiores de música da Coruña e de Vigo
Outros 11/03/2008
Prazas na Escola Superior de Arte Dramática de Galiza
Texto que se vai publicar no DOG polo que se comunica a apertura do prazo para posibles interinidades e substitucións para as seguintes especialidades: Espazo escénico (código 448) e caracterización e indumentaria (código 442). O prazo de presentación de solicitudes será de trinta días naturais contados a partir do día seguintes ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Outros 11/03/2008
Asesores Técnicos e de persoal docente do MEC no exterior
Podes consultar no local nacional de CIG-Ensino a relación provisional de aspirantes admitidos e excluídos que participan nas convocatorias para a provisión de vacantes de asesores técnicos e de persoal docente no exterior.
Outros 11/03/2008
Modificación lista de aprobados Opos 2008 Secundaria.
Publicada no DOG do 11 de marzo a Orde do 14 de febreiro de 2008 pola que se modifica a do 3 de agosto de 2007 pola que se fai pública a lista dos opositores que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 9 de abril de 2007 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño e profesores técnicos de formación profesional, e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios de carreira dos anteditos corpos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Nesta modificación estímanse os recuros de alzada presentados por certas persoas sen que supoña NINGUNHA EXCLUSIÓN de aprobados.
Podes consultar a orde no seguinte enlace
Outros 10/03/2008
Orde Accidentes de Tráfico
Publicado no Portal Educativo da Xunta de Galiza Orde do 28 de febreiro de 2008 pola que se convocan axudas económicas para compensar gastos derivados dos accidentes de tráfico de persoal en función docente ou inspectora - Subdirección Xeral de Persoal (07/03/2008)
A orde a tes colgada no seguinte enlace.
Outros 07/03/2008
Publicada a orde das Probas de Acceso á Universidade
Publicouse no DOG do 7 de marzo a Orde do 18 de febreiro de 2008 pola que se regulan as probas de acceso á universidade para os alumnos e as alumnas que cursaron as ensinanzas de bacharelato establecidas na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.
Tes a orde no seguinte enlace
Outros 07/03/2008
Publicada Resolución Provisional Adultos
Publicada no DOG do 7 de marzo a Resolución do 29 de febreiro de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se resolve provisoriamente o concurso de traslados específico, entre funcionarios docentes do corpo de profesores de ensino secundario, para cubriren prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos.
Outros 06/03/2008
Incorporación Universidade 2008/2009
No DOG do 6/03/2008 aparece publicada a Orde do 19 de febreiro de 2008 pola que se regula o proceso de incorporación para o curso 2008-2009 dos estudantes ao nivel universitario do ensino nos centros das tres universidades galegas.
O orde a tedes no seguinte ligazón
Outros 06/03/2008
Concurso Prazas SIEGA
Orde do 28 de febreiro de 2008 pola que seconvoca concurso de méritos específico entre o persoal funcionario de carreira doscorpos docentes que imparte ensinanzas en niveis non-universitarios para a atención e desenvolvemento do proxecto do Sistema de Información da Educación Galega
(Siega).
Outros 05/03/2008
Concurso postos de Asesores/as SFP
Orde do 27 de febreiro de 2008 pola que se convoca concurso público para cubrir postos de asesores e/ou asesoras do Servizo de Formación do Profesorado.
Descarga a Orde no seguinte enlace
Outros 05/03/2008
Concurso público postos Asesores/as CEFORES
Orde do 27 de febreiro de 2008 pola que se convoca concurso público para cubrir postos de asesores e/ou asesoras de formación nos centros de formación e recursos.
Descarga a Orde no seguinte enlace
Outros 04/03/2008
Resolución Concurso Provisional Primaria
Pode consultar a adxudicación nos enlaces situados máis abaixo, e tamén ésta e toda a información relacionada co concurso dende a seguinte LIGAZÓN
Outros 01/03/2008
Puntuacións provisionais e excluídos listaxes abertas
Publicación no DOG 29-02-08 da resolución pola que se fan públicas as puntuacións provisionais e a relación de excluídos do baremo aberto pola Consellaría para prazas de interinidades e substitucións no corpo de PES en francés e P.MUS de trompa e gaita galega (convocatoria DOG 16-1-08).
Podes ver as puntuacións provisionais e a relación de excluídosno páxina da consellaría www.edu.xunta.es en profesorado/interinos-substitutos. Prazo de RECLAMACIÓNS: 10 días naturais contados desde o 1-3-08