Calendario
Eventos do mes Febreiro de 2008
Outros 27/02/2008
Novidades no catálgo de postos de traballo en EI e EP
Orde do 18 de febreiro de 2008 pola que se modifica a do 6 de xullo de 2007 pola que se establece o número de unidades e os postos de traballo docentes dos centros públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria nos niveis de educación infantil, primaria e educación especial.
Consulta na seguinte ligazón. IMPORTANTE: As prazas de Orientación non están actualizadas. Publicarase posteriormente un novo catálogo, pero previamente pasará pola mesa sectorial docente ese catálogo modificado coa novas prazas de orientación (froito do acordo de cadros de persoal que asinou a CIG-Ensino).
Outros 27/02/2008
Adxudicación provisional de orientación.
Resolución do 20 de febreiro de 2008 (DOG do 27 de febreiro de 2008), da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a adxudicación provisional de destinos do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación, convocado pola Orde do 5 de novembro de 2007 (Diario Oficial de Galicia do 14 de novembro).
IMPORTANTE! Os mestres que estean participando simultaneamente nesta convocatoria e na realizada pola Orde do 31 de outubro de 2007 (Concurso Xeral de Mestres) e que obteñan praza definitiva da xefatura do departamento de orientación, entenderase que renuncian á participación no concurso xeral. Polo tanto, se desexas obter destino polo concurso xeral debes renunciar, en prazo, á adxudicación provisional do concurso de orientación, aínda que non che adxudicaran praza, xa que che pode ser adxudicada por resultas das renuncias. (prazo de renuncias: 10 días habiles a partir do día da súa publicación no DOG, 27 de febreiro de 2008).
Consultao na seguinte ligazón
Outros 27/02/2008
Profesorado de Relixión
Admitido a trámite o recurso contencioso-administrativo fronte a Orde pola que se regula a relación laboral do profesorado de Relixión.
Outros 25/02/2008
Mesa Sectorial 25-02-2008
En minutos toda a información
Outros 22/02/2008
Adxudicación provisional de orientación.
A Consellaría vén de publicar no seu portal educativo a Resolución do 20 de febreiro de 2008, da Secretaría Xeral, pola que se fai pública a adxudicación provisional de destinos do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación. Está pendente a súa publicación no DOG. Unha vez que se publique, abrirase un prazo de 10 días hábiles para reclamacións e renuncias.
IMPORTANTE! Os mestres que estean participando simultaneamente nesta convocatoria e na realizada pola Orde do 31 de outubro de 2007 (Concurso Xeral de Mestres) e que obteñan praza definitiva da xefatura do departamento de orientación, entenderase que renuncian á participación no concurso xeral. Polo tanto, se desexas obter destino polo concurso xeral debes renunciar, en prazo, á adxudicación provisional do concurso de orientación, aínda que non che adxudicaran praza (prazo de renuncias: 10 días hábeis a partir de que se publique no DOG esta adxudicación provisional).
Outros 21/02/2008
Resolución provisional do concurso de Adultos
No día de hoxe no portal educaitvo da Consellaría de Educación e Ordenación Universtaria aparece a Resolución provisional do concurso de traslados específico, entre funcionarios docentes do corpo de mestres, para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos.
Outros 18/02/2008
Probas Celga
Publicada no DOG do 18 de febreiro a Resolución do 12 de febreiro de 2008, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2008.
Outros 13/02/2008
Orde elección Directores/as
Publicada no DOG do 13-02-08 a ORDE do 4 de febreiro de 2008 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e nomeamento da dirección dos centros docentes públicos.
Prazo de presentación de solicitudes e documentación: 30 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta Orde no DOG.
As solicitudes de participación no concurso de méritos dirixiranse ao delegado provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da provincia correspondente, no modelo que se publica como anenxo III nesta convocatoria, achegando ademais a documentación que se relaciona no punto Terceiro da Orde referido ás solicitudes e documentación.
Outros 12/02/2008
Cursos preparatorios para os CELGA
Esta orde ten por obxecto convocar, con carácter gratuíto, cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), nos niveis 1 e 4,
para o ano 2008 nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican no anexo II.
Os cursos impartiranse en dúas quendas: a primeira comezará en febreiro e a segunda en outubro de 2008, en horario de mañá ou de tarde segundo a dispoñibilidade de aulas.
Artigo 2º.-Beneficiarios dos cursos.
Os cursos van dirixidos a todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou aqueles que os cumpran no ano natural de convocatoria, que necesiten certificar a súa competencia da lingua galega.
Artigo 3º.-Solicitudes e prazos.
As solicitudes, segundo o modelo que figura no anexo I desta orde, poderanse presentar na propia escola oficial de idiomas onde teña lugar o curso a partir do
día seguinte ao da publicación desta orde e ata cinco días antes da data establecida por cada escola oficial de idiomas para o inicio do curso.
As listas de seleccionados para participar nos cursos, así como as datas de comezo destes, faranse públicas tanto nos taboleiros de anuncios da escola
oficial de idiomas en que terá lugar o curso coma na súa páxina web.
Outros 12/02/2008
Axudas accidentes tráfico
Publicado no DOG 12-2-08 o anuncio polo que se lles dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 12 de febreiro pola que se convocan axudas económicas para compensar gastos derivados dos accidentes de tráfico de persoal en función docente ou inspectora (convocatoria DOG 16-207).
Outros 07/02/2008
Concursos de mestres.Puntuacións provisionais
A Consellaría publicou hoxe, 6 de febreiro, no seu portal educativo as listaxes coas puntuacións provisionais dos diferentes concursos do corpo de mestres: concurso xeral de traslados, orientación e centros de educación permanente de adultos. Neste último caso tamén inclúe unha listaxe cos centros solicitados polos participantes. O prazo para reclamar en todos os casos é de 10 días naturais (até o 15 de febreiro incluído)
Outros 06/02/2008
Puntuacións definitivas listaxes abertas secundaria
Anuncio do 24 de xaneiro de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, polo que se comunica a publicación das puntuacións definitivas e a relación de excluídos do baremo aberto polo Anuncio do 10 de outubro de 2007, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, polo que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de ensino secundario, especialidades de administración e dirección de empresas, organización e procesos de mantemento de vehículos, procesos e produtos en artes gráficas e sistemas electrónicos; profesores de música e artes escénicas especialidades de acordeón, arpa, canto, contrabaixo, clave, fagot, frauta de pico, gaita, óboe, percusión, trombón e viola da gamba.