Calendario
Eventos do mes Xaneiro de 2008
Outros 30/01/2008
Sorteados os membros das comisións de concursos de traslados
Próxima publicación en DOG da resolución na que se publica a relación de profesoradoq ue formará parte das comisións de valoración de méritos dos concursos de traslados. Existirán as seguintes comisións: unha do corpo de mestres e seis de secundaria: 2 de letras, 1 de ciencias, 1 de FP, 1 de conservatorios e 1 de idiomas.
Outros 28/01/2008
Decreto polo que se regulan os centros integrados de FP
Decreto 266/2007, do 28 de decembro, polo que se regulan os centros integrados de formación profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.
Con base no Plan galego de formación profesional aprobouse o Decreto 325/2003, do 18 de xullo, polo que se autorizan e regulan os centros integrados de formación profesional na comunidade autónoma, no cal se crea unha rede de centros integrados de formación profesional con carácter experimental.
Outros 28/01/2008
Modificación de destinos definitivos CXT 2007
A Consellaría de Educación vén de anunciar no seu portal educativo a próxima publicación en DOG dos Anuncios polos que se informa das diversas modificacións das resolucións definitivas nos concursos xerais de traslados dos corpos de secundaria e máis do corpos de mestres, logo da estimación de diversos recursos de alzada contra as citadas resolucións.
Outros 16/01/2008
Listas de francés, tompa e gaita galega
Anuncio do 9 de xaneiro de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de ensino secundario especialidade de francés e profesores de música e artes escénicas especialidades de trompa e gaita galega.
Prazo de solicitude: dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (ata o 26 de xaneiro incluído)
Outros 16/01/2008
Orde confección de nóminas 2008
Publicada no DOG do 16-1-08 a Orde pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2008.
Outros 10/01/2008
Nomeamento de funcionarios de carreira profesorado ISM
Achegámosche as páxinas do BOE nas que podes ler o nomeamento como funcionario/a de carreira de todo o profesorado que adquiriu a condición de funcionario/a a través da convocatoria do 4 de maio de 2007.
Outros 07/01/2008
Avaliación da ESO
A Consellaría de Educación vén de publicar no DOG do 7 de xaneiro de 2008 a Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria.
Outros 04/01/2008
Xubilación anticipada
No DOG do 3 de xaneiro de 2008 publicouse a Orde do 26 de decembro de 2007 pola que se regula a convocatoria para o ano 2008 da xubilación anticipada voluntaria conforme a disposición transitoria segunda da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. O prazo para solicitar acollerse á mesma remata o 28 de febreiro.
Outros 03/01/2008
Probas de acceso a ciclos formativos
No DOG do 3 de xaneiro publicouse a Orde que regula o acceso a cilcos formativos para o curso que vén en centros sostidos con fondos públicos.