Calendario
Eventos do mes Outubro de 2007
Outros 24/10/2007
Escolas Viaxeiras
Desde aquí poderás consultar o DOG do 23 de outubro onde aparece a Orde do 1 de outubro de 2007 pola que se convocan axudas para a realización de escolas viaxeiras durante o ano 2008.
Outros 23/10/2007
Apertura de listaxes
Desde aquí poderás consultar o DOG de 23 de outubro onde se abre o prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións nas especialidades de administración e dirección de empresas, organización e procesos de mantemento de vehículos, procesos e produtos en artes gráficas e sistemas electrónicos, acordeón, arpa, canto, contrabaixo, clave, fagot, frauta de pico, gaita, óboe, percusión, trombón e viola da gamba.
Outros 18/10/2007
Axudas para rutas literarias
Desde aquí poderás consultar o DOG do 18 de outubro onde se anuncia a convocatoria de 96 axudas para a realización de rutas literarias durante o ano 2008.
Outros 17/10/2007
Interinidades de profesorado de fútbol
Desde aquí poderás consultar o DOG de 18 de outubro onde se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións como profesores especialistas en ensinanzas deportivas, especialidades fútbol e fútbol sala.
Outros 08/10/2007
Resolución do Fondo de Acción social
O venres 5 de outubro publicouse a Resolución do 30 de setembro de 2007, da Dirección Xeral da Función Pública, onde se lle da publicidade ás listas definitivas das axudas do Fondo de Acción Social do exercicio 2006. (Axudas de xubilación, discapacitados, fillos menores, estudos por fillos, estudos do traballador, vivenda, maiores a cargo e gastos sanitarios).
Podes consultar as túas peticións premendo en "máis información"
Contra esa resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no prazo dun mes contados dende o día seguinte ao da data de publicación desta resolución.
Outros 04/10/2007
Permutas provisionais de secundaria
A Consellaría de Educación actualiza no seu portal educativo a listaxe de solicitantes de pemutas provisionais entre profesorado dos distintos corpos de Secundaria para o presente curso escolar 2007/08