Calendario

Eventos do mes Setembro de 2007

Outros 26/09/2007
Nomeamento como funcionarios en prácticas
Publicación no DOG do 25 de setembro do nomeamento como funcionarias/os en prácticas do corpo de secundaria ao profesorado que superou as oposicións de acceso do grupo B ao A.
Outros 20/09/2007
Últimos destinos de secundaria
Desde aquí poderás consultar a adxudicación definitiva de destinos en disciplinas pendentes de adxudicación para o curso 2007-2008.
Outros 19/09/2007
Permutas provisionais en primaria
Listaxe de permutas provisionais do corpo de mestres para o curso 2007/08 publicada na páxina web da Consellaría de Educación o día 19 de setembro.
Outros 17/09/2007
Destinos definitivos de secundaria
Desde aquí poderás consultar a adxudicación definitiva de destinos para o profesorado de ensino secundario que a Consellaría publicou na súa páxina web o pasado 13 de setembro.
Outros 15/09/2007
Lexislación Permutas provisionais e definitivas
Consulta na nosa páxina web a lexislación referente ás permutas provisionais e definitivas (pincha en máis información). Ademáis na páxina web da consellaría de educación existe unha listaxe de aquel profesorado que solicita permutas (xeralmente definitivas), pero non está escolmada, xa que aínda que se van incorporando novos solicitantes de permutas, non se eliminan aqueles que actualmente xa non a solicitan ou xa obtiveron destino que pedían no concurso de traslados. Para máis información sobre lexislación consulta na páxina principal www.cig-ensino.com, no apartado "lexislación" (no menú da esquerda) ou senón en calquera dos locais da CIG-Ensino.
Outros 14/09/2007
Destinos provisionais de Secundaria.
A Cosellaría de Educación vén de publicar na súa web a adxudicación definitiva de destinos provisionais para o curso 2007/08. As especialidades non adxudicadas publicaranse o vindeiro 19 de setembro.
Outros 09/09/2007
Lei da Función Pública de Galiza
Lei 4/1988 da función Pública de Galiza, actualizada a abril de 2007. Esta Lei básica para todo o funcionariado galego ofrécese na nosa web totalmente actualizada, incorporando todas as distintas modificación introducidas desde a súa publicación inicial. Recolle a lexislación básica de aplicación a todo o funcionariado, de carreira ou interino, incluídos os docentes.
Outros 06/09/2007
Destinos MESTRES 2007-2008
Publicada o 31 de agosto na páxina web da Consellaría a adxudicación definitiva dos destinos provisionais de MESTRES para o curso 2007-2008. Accede a toda a información deste concurso: normas convocatoria, adxudicación provisional, listaxes, ... pinchando en máis información.
< Setembro 2007 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario