Calendario

Eventos do mes Novembro de 2007

Outros 28/11/2007
Concurso de Mestres: nova actualización de vacantes.
O 27 de novembro a Consellaría publicou unha nova listaxe de vacantes para o concurso de traslados de mestres. Supoñen unha mínima variación ao repsecto das dadas a coñecer o pasado día 23 deeste mes.
Outros 27/11/2007
Corrección de erros do concurso de orientación de primaria
Publicada no DOG a corrección de erros do concurso específico para orientación do corpo de mestres. Aínda que a Consellaría non o indica no DOG, o prazo de solicitudes amplíase eseguindo os mesmos criterios da orde de convocatoria (15 días hábiles logo da publicacióncorrección):, o último día será o 17 de decembro
Outros 23/11/2007
Corrección de erros no concurso de orientación (mestres)
A Consellaría de educación vén de anunciar na súa web a publicación en breve no DOG dunha corrección de erros que modifica as vacantes do concurso específico para xefaturas de departamento de orientación dos centros de infantil e primaria. Esta corrección implica un novo prazo`para presentar solicitudes
Outros 23/11/2007
Listaxes de admitidos e excluídos para interinaxes de fútbol
Publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos do baremo aberto para solicitar prazas de interinidades e substitucións como profesores especialistas en ensinanzas deportivas, nas especialidades de fútbol e fútbol sala
Outros 22/11/2007
Amplíase o prazo do Concurso de Secundaria
Ampliación do prazo para presentar solicitude de paricipación no CXT dos corpos de secundaria até o 10 de decembro.
Outros 21/11/2007
O ensino contra a violencia machista
Desde a CIG-ENSINO agardamos que a data do 25 de novembro non pase desapercibida nos centros educativos, pois é sumamente importante a prevención e a educación no intento da eliminación da violencia de xénero. A violencia contra as mulleres non é un asunto privado, senón un problema social e público, consecuencia dunha desigualdade histórica nas relacións de poder en todos os ámbitos. Por iso é necesario que, como docentes e educadores, non deixemos pasar estas datas sen evidenciar que esta violencia é algo frecuente dentro das familias, no traballo, na escola, na sociedade en xeral, e que é necesaria a súa eliminación.
Outros 20/11/2007
Concurso de traslados de secundaria
No DOG de 20 de novembro de 2007 publicouse unha corrección de erros pola que se engade o código dun centro docente e se inclúe a obrigatoriedade de participar no CXT ao persoal que accedeu por promoción interna (do grupo B ao A), convocados pola Orde do 8 de maio de 2007
Outros 15/11/2007
Orde de acceso a cátedras
Publicada no DOG do xoves 14 de novembro a Orde do 10 de novembro de 2007 pola que se convoca procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas. O prazo de presentación de solicitudes será desde o 19 de novembro de 2007 até o 31 de decembro de 2007.
Outros 14/11/2007
Concurso especifíco de orientación
Publicouse no DOG do mércores 14 de novembro o concurso específico para xefaturas de departamento de orientación de infantil e primaria
Outros 12/11/2007
Corrección de erros do RD de Bacharelato
Publicouse no BOE do mércores, 7 de novembro unha corrección de erros do Real Decreto 1467/2007, de 2 de novembro, polo que se estabelece a estrutura do bacharelato e se fixan as súas ensinanzas mínimas. Esta corrección de erros incorpora o horario escolar dos contidos básicos das ensinanzas mínimas do Bacharelato
Outros 06/11/2007
Real Decreto Bacharelato
Publicado no BOE do día 6 de novembro o RD que regula as ensinanzas mínimas e a estrutura do Bacharelato. Ao longo deste curso 2007/08 a Consellaría deberá publicar o Decreto correspondente, en atribución das súas competencias, xa que a implantación do Bacharelato se inicíase no vindeiro curso 2008/09
Outros 02/11/2007
Novo currículo de danza
No DOG do 2 de novembro vén depublicarse o Decreto 204/2007, do 11 de outubro, polo que se establece o currículo das ensinanzas profesionais de réxime especial de danza
< Novembro 2007 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30    

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario