Calendario

Eventos do mes Maio de 2007

Outros 29/05/2007
Proba de Galego e Castelán nas oposicións
Resolución do 30 de maio de 2007, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fan públicas as resolucións dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento do castelán e a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega nos procedementos selectivos de ingreso e acceso aos corpos de mestres, profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño e profesores técnicos de formación profesional, polas que se anuncian a data, a hora e o lugar en que se farán as ditas probas.
Outros 28/05/2007
Listaxes provisionais de admitidos nas oposicións-SECUNDARIA
Na páxina web da Consellaría aparece, á espera da publicación no DOG, a listaxe provisional de admitidos e exluídos no procedemento selectivo de ingreso no corpo de profesores de ensinanza secundaria, profesores técnicos de FP, profesores de EOI, profesores de CMUS e profesores de EAA e OA.
Outros 28/05/2007
Listaxes provisionais de admitidos nas oposicións - PRIMARIA
Desde aquí poderás consultar as listaxes provisionais de admitidos e exluídos no procedemento selectivo de ingreso no corpo de mestres na Comunidade Autónoma de Galicia, e para adquirir a habilitación de novas especialidades.
Outros 24/05/2007
Concurso de Traslados de Mestres
Adxudicación definitiva do concurso de traslados do corpo de mestres, colgada na páxina web da consellaría de Educación
Outros 23/05/2007
Acceso grupo B ao A
Desde aquí poderás consultar a Orde do 8 de maio de 2007 (en DOG do 23 de maio) pola que se convocan procedementos selectivos de acceso aos corpos de profesores de ensino secundario e profesores de artes plásticas e deseño para funcionarios dos corpos e escalas docentes clasificados no grupo B na Comunidade Autónoma de Galicia.
Outros 22/05/2007
Vacantes de secundaria
Desde aquí poderás consultar a listaxe coas vacantes definitivas dos corpos de profesores que imparten ensino secundario, formación profesional, ensinanzas artísticas e idiomas para o curso 2007-2008.
Outros 21/05/2007
Comisións para a elaboración do informe dos interinos
No DOG de 22 de maio publícase a resolución do 16 de maio de 2007 pola que se nomean as comisións provinciais para a elaboración do informe substitutivo do exercicio B.2 previsto nas convocatorias de concurso-oposición. Desde aquí poderás consultalo.
Outros 21/05/2007
Estadías e intercambios co estranxeiro
No DOG do 21 de maio aparece a Orde do 10 de maio de 2007 pola que se conceden axudas a alumnos e profesores de centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos, que participen en estadías e intercambios con centros educativos doutros países para favorecer a aprendizaxe activa de linguas. Desde aquí poderás consultala.
Outros 21/05/2007
Gratuidade dos libros de texto
Desde aquí poderás consultar a Orde do 11 de maio de 2007 (en DOG do 21 de maio) pola que se convoca e regula o programa de gratuidade de libros de texto e materiais curriculares en centros sostidos con fondos públicos para os niveis obrigatorios e gratuítos para o curso escolar 2007/2008.
Outros 18/05/2007
Tribunais de oposición
No DOG do 21 de maio aparece anunciada a data de sorteo dos tribunais que xulgarán as oposicións de primaria e de secundaria: o 29 de maio ás 10:00 horas na Sala de Xuntas da Consellaría de Educacion (San Caetano, Santiago de Compostela).
Outros 14/05/2007
Acceso grupo B ao A
Desde aquí poderás consultar o anuncio da páxina web da Consellaría de Educación onde aparece a orde do 8 de maio de 2007 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso aos corpos de profesores de ensino secundario e profesores de artes plásticas e deseño para funcionarios dos corpos e escalas docentes clasificados no grupo B na Comunidade Autónoma de Galicia. Anúnciase que proximamente aparecerá no DOG.
Outros 14/05/2007
Vacantes do concurso de primaria
Desde aquí poderás consultar o DOG do 14 de maio onde aparece a resolución do 4 de maio de 2007, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncian os postos de traballo vacantes que serán obxecto de provisión no concurso de traslados entre funcionarios do corpo de mestres, convocado pola Orde do 20 de outubro de 2006 (Diario Oficial de Galicia do 31 de outubro).
Outros 13/05/2007
Lei da Función Pública de Galiza
Xa se pode consultar a versión actualizada da Lei 4/1988 da Función Pública de Galiza. Na edición preparada polo servizos xurídicos da CIG-Ensino inclúense todas as actualizacións desta lei fundamental para todo o funcionarido docente galego, contando coa incorporación das modificacións introducidas pola Lei 2/2007 do traballo en igualdade das mulleres de Galiza.
Outros 11/05/2007
Corrección de erros. Comisións de servizo por saúde
Publicada no DOG de hoxe, 11 de maio, unha corrección de erros da Orde que regula a concesión de comisión de servizos por motivos de saúde. Inclúe ao persoal en excedencia por coidado de familiares dentro dos posíbeis solicitantes destas comisións, en igualdade de condicións que o persoal docente en servizo activo.
Outros 09/05/2007
Comisións de servizo por motivos de saúde
Desde aquí poderás consultar a orde do 30 de abril de 2007 (en DOG do 9 de maio), pola que se regula a adscrición de forma temporal, en comisión de servizos e a petición da interesada ou interesado, dos funcionarios dos corpos docentes en centros dependentes da Consellería de Educaicón e Ordenación Universitaria, en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde.
Outros 08/05/2007
Premios á innovación educativa
Publicada a Orde do 18 de abril de 2007 (no DOG do 8 de maio) pola que se aproban as bases e se convocan premios á innovación educativa para o profesorado de centros de ensino non universitario sostidos con fondos públicos, para o ano 2007. Desde aquí poderás consultala.
Outros 08/05/2007
Estadías en empresas
Desde aquí poderás consultar a Orde do 12 de abril (no DOG de 23 de abril) pola que se convocan estadías formativas en empresas ou institucións para o curso 2006-2007 destinadas ao funcionariado docente non universitario e pola que se aproban as súas bases de concesión.
Outros 07/05/2007
Axudas para a innovación educativa
Desde aquí poderás consultar a Orde do 25 de abril de 2007 (en DOG do 7 de maio) pola que se convocan axudas para a realización de proxectos de innovación educativa para a incorporación das tecnoloxías da información e da comunicación á educación para o curso 2007-2008 e se aproban as súas bases de concesión.
Outros 07/05/2007
Plan de Seccións Bilingües
Desde aquí poderás consultar Orde do 18 de abril de 2007 (DOG do 7 de maio) pola que se crea e regula a convocatoria do Plan de seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario.
Outros 05/05/2007
Listaxes abertas de Interinidades/Substitucións
Anuncio polo que se comunica a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos do baremo aberto, no corpo de profesores de artes plásticas e deseño na especialidade de conservación e restauración de materiais arqueolóxicos entre outras.
Outros 03/05/2007
Vacantes do concurso de primaria
Desde aquí poderás consultar a actualización das vacantes provisionais a data 02/05/2007 do concurso xeral de traslados de mestres, incluídas xubilacións LOE e as vacantes resultantes da adxudicación do concurso específico de Xefatura do Departamento de Orientación.
< Maio 2007 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario