Calendario

Eventos do mes Abril de 2007

Outros 23/04/2007
Nova actualización de vacantes CXT mestres
A Consellaría de Educación vén de publicar o pasado día 20 de abril no seu portal educativo unha nova actualización das vacantes que ofertarán no actual concurso de traslados. O prazo que a propia Consellaría ten para modificar aínda vacantes remata o 4 de maio, data na que ten que estar publicada a relación definitiva de vacantes.
Outros 17/04/2007
Concurso de méritos
Orde do 28 de marzo de 2007 pola que se convoca concurso de méritos específico entre funcionarios de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas en niveis non universitarios, para cubrir postos de profesores en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellería de Educación.
Outros 13/04/2007
Oposicións de primaria
Desde aquí poderás consultar o texto da convocatoria que aparece no DOG de 13 de abril e que regula o procedemento selectivo de ingreso no corpo de mestres e a adquisición de novas especialidades.
Outros 13/04/2007
Oposicións de secundaria
Desde aquí poderás consultar a convocatoria de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño e profesores técnicos de formación profesional e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios de carreira dos anteditos corpos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Outros 11/04/2007
Actualización de vacantes do CXT de mestres
Desde a CIG-Ensino demandamos novamente aos responsábeis da Consellaría que publicaran todas as vacantes que van incorporar á resolución definitiva antes de rematar o prazo para desitir ou renunciar ao mesmo (o próximo 13 de abril). En resposta á nosa insistencia a Consellaría colgou hoxe ao mediodía unha nova actualización de vacantes a ofertar (10.04.07), lembrando a todos os participantes que hai que ter presentes as posíbeis renuncias. Igualmente lembrámosvos que debedes ter en conta as resultas do concurso de orientación, que tamén se han incorporar á resolución definitiva.
Outros 11/04/2007
Prazas de asesores
No DOG do 11 de abril aparecen convocadas prazas de asesoras e/ou asesores tanto para o Servizo de Formación do Profesorado como para os CEFORES. Desde aquí poderás consultalo.
Outros 10/04/2007
Actividades formativas de linguas e educación física
Desde aquí poderás consultar o DOG de 2 de abril onde aparecen convocadas actividades formativas de inglés, francés, alemán, portugués e educación física para o curso 2007-2008, destinadas a profesorado que imparte docencia en niveis non universitarios.
Outros 10/04/2007
Residencias de tempo libre
Desde aquí poderás consultar do DOG de 2 de abril onde se regulan os servizos e adxudicación de estadías en residencias de tempo libre. Existe unha corrección de erros publicada no DOG de 4 de abril.
< Abril 2007 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario