Calendario
Eventos do mes Marzo de 2007
Outros 30/03/2007
Táboas salarias do ensino concertado
A CIG-Ensino non asinou as táboas salarias do ensino concertado para o ano 2007. Desde aquí poderás coñecer o desenvolvemento das últimas negociacións, así como o contido final das táboas.
Outros 22/03/2007
Resultados provisionais dos traslados de mestres
O 22 de marzo a Consellaría de Educación publicitou a listaxe coas adxudicacións provisionais do Concurso de Traslados de Mestres e aparece no DOG de 26 de marzo.
Outros 21/03/2007
Resultado do Concurso de Orientación
Desde aquí poderás consultar a adxudicación provisional do concurso de traslados para os mestres que participaron no concurso de orientación que a Consellaría de Educación publicou na súa páxina web o 22 de marzo.
Outros 19/03/2007
Licenzas por estudos
Desde aquí poderás consultar o DOG de 19 de marzo onde aparece a convocatoria das licenzas por estudos para o curso 2007-2008.
Outros 16/03/2007
Orde de admisión de alumnos
Desde aquí poderás consultar a Orde do 17 de marzo de 2007 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 19 de marzo)
Outros 15/03/2007
Decreto de admisión de alumnos
Desde aquí poderás consultar o Decreto Decreto do 15 de marzo, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que está publicado no DOG do 16 de marzo.
Outros 14/03/2007
Concurso de traslados da EPA
Desde aquí poderás consultar a resolución definitiva do concurso de traslados específico para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos
Outros 12/03/2007
Publicacións definitivas de baremos abertos
Na páxina web da Consellaría aparecen, o 8 e 9 de marzo, as listaxes definitivas e a relación de candidaturas excluídas para interinidades e substitucións en diversas especialidades: música, asesoría e procesos de imaxe persoal e informática, violín, linguaxe musical, perrucaría e estética, sistemas e aplicacións informáticas e soldadura, así como de procesos e medios de comunicación clave, contrabaixo, fagot, fundamentos de composición, óboe, trompa, trompeta, viola, violoncello e expresión corporal; técnicas e procedementos de imaxe e son.
Outros 07/03/2007
Axudas aos equipos de normalización
Desde aquí poderás consultar o anuncio da Secretaría Xeral de Política Lingüística pola que se anuncia a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos equipos de normalización lingüística dos centros de ensino públicos de Galicia que imparten ensinanzas de educación infantil, especial, de adultos, primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas de idiomas, para o ano 2007
Outros 05/03/2007
Orde dos comedores
Desde aquí poderás consultar a orde do 21 de febreiro (DOG do 5 de marzo) pola que se regula a organización, funcionamento e xestión do servizo de comedor escolar nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Outros 02/03/2007
Software en galego
Desde aquí poderás consultar o programa do curso "ENTRANS: a lingua galega e a tradución do software libre para Galicia" que convocará a Consellaría de Innovación e Industria o 9 de marzo.
Outros 02/03/2007
Real Decreto de Acceso
Desde aquí poderás consultar o BOE onde aparece publicado o Real Decreto que regula o ingreso, acceso e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes.
Outros 01/03/2007
Axudas á mocidade
No DOG de 1 de marzo aparecen convocadas axudas dirixidas a mozas e mozos para a asistencia a cursos de linguas en países da UE (Vicepresidencia) e no DOG de 2 de marzo publícase a orde da Consellaría de Educación que regula as axudas destinadas á adquisición de ordenadores para alumnado non universitario.