Calendario
Eventos do mes Febreiro de 2007
Outros 27/02/2007
Linguas extranxeiras
Desde aquí poderás consultar a convocatoria da Xunta de Galiza, apoiada polo Ministerio de Educación e Ciencia, do programa de apoio e aprendizaxe de linguas extranxeiras, PALE, para o ano 2007.
Outros 26/02/2007
Resolución provisional do concurso de traslados de EPA
Desde aquí poderás consultar a resolución provisional do concurso de traslados específico entre funcionarios docentes do corpo de profesores de ensino secundario, para cubriren prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos.
Outros 23/02/2007
Premios de Formación Profesional
Desde aquí poderás acceder á convocatoria que aparece no DOG de 23 de febreiro dos premios extraordinarios de formación profesional superior correspondentes ao curso 2005-2006.
Outros 23/02/2007
Axudas a Equipos de Normalización do ensino privado
Desde aquí poderás consultar as axudas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para financiar proxectos de fomento do uso do galego dos equipos de normalización lingüística dos centros de ensino privado.
Outros 20/02/2007
Traslados de secundaria
Desde aquí poderás consultar as renuncias ao concurso xeral de traslados de secundaria que aparecen na páxina web da Consellaría de Educación.
Outros 16/02/2007
Axudas por accidentes
Desde aquí poderás consultar a orde do DOG de 16 de febreiro onde se regulan as axudas para compensar gastos derivados dos accidentes de tráfico de persoal en función docente ou inspectora.
Outros 16/02/2007
Vacantes de primaria
Desde aquí poderás consultar a actualización de vacantes para o concurso de traslados de primaria que vén de publicar a Consellaría de Educación na súa páxina web.
Outros 15/02/2007
Puntuacións provisionais
Desde aquí poderás consultar as puntuacións provisionais e a relación de excluídos das especialidades de asesoría e procesos de imaxe persoal, violín, linguaxe musical, perrucaría e estética e soldadura.
Outros 14/02/2007
Normativas de deportes
Desde aquí poderás consultar o resumo que achega a Consellaría de Educación sobre a normativa de deportes en ámbito autonómico. A normativa estatal poderás tamén consutala na páxina web da mencionada Consellaría.
Outros 13/02/2007
Danza
Desde aquí poderás consultar o BOE de 13 de febreiro de 2007 onde aparece publicado o currículo das ensinanzas profesionais de danza.
Outros 12/02/2007
Equipos de normalización lingüística
No DOG de 16 de febreiro aparece a orde pola que se resolve o concurso público para cubrir postos de coordinadoras e coordinadores de área dos equipos de normalización lingüística. Poderás consultar desde aquí esta información.
Outros 09/02/2007
Programas de aprendizaxe permanente
Dentro do programa de aprendizaxe permanente achéganse as convocatorias dos programas Comenius, Grundtvig, Leonardo da Vinci e transversal (visitas de estudo). Poderás consultalas desde aquí.
Outros 07/02/2007
Permutas
Desde aquí poderás consultar a bolsa dos solicitantes de permutas de ensino secundario, actualizada a 6 de febreiro de 2007.
Outros 06/02/2007
Comedores escolares
No DOG do 6 de febreiro de 2007 aparece publicado o Decreto polo que se regula o funcionamento dos comedores escolares nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Desde aquí poderás consultalo.
Outros 02/02/2007
Xubilación anticipada
Desde aquí poderás consultar o DOG de 2 de febreiro onde aparece publicada a orde que regula a xubilación anticipada voluntaria.