Calendario
Eventos do mes Xaneiro de 2007
Outros 30/01/2007
Concurso de traslados EPA
Desde aquí poderás consultar as listaxes coa baremación rematada para o concurso de traslados específico para centros de educación de adultos, incluída a relativa ás publicacións presentadas.
Outros 26/01/2007
Galescolas
Desde aquí poderás consultar as bases xerais anunciadas no DOG de 26 de xaneiro, así como no páxina web do consorcio (www.igualdadebenestar.org.). Ten en conta que estamos a falar das bases xerais, non as convocatorias de cada escola.
Outros 24/01/2007
Concurso de traslados de secundaria
Desde aquí poderás consultar as listaxes do concurso de traslados de ensino secundario onde xa se incúe, desde o 24 de xaneiro, a valoración das publicacións presentadas. Informarvos que o día 24 aínda se baremou a disciplina Informática e aínda falta baremar a especialidade de Prácticas de FP (esta comisión reúnese o luns 29 de xaneiro).
Outros 23/01/2007
Axudas para estadías en empresas transnacionais
Orde do 12 de xaneiro de 2007 pola que se convocan axudas para alumnos e profesores de formación profesional de centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galiza, que participen en estadías en empresas de ámbito transnacional.
Outros 23/01/2007
Axudas: participación en estadías para aprendizaxe de idioma
Poderán solicitar estas axudas os alumnos e profesores dos centros que se indican a continuación, agás os de educación infantil: colexios de educación infantil e primaria; colexios de educación primaria; centros públicos integrados; institutos de educación secundaria; escolas oficiais de idiomas; conservatorios de música e danza; escolas de artes, centros privados concertados, centros de educación permanente de adultos e centros de educación especial.
2. Os solicitantes das axudas de intercambios de profesores reguladas no punto 3 do artigo terceiro desta orde deberán estar actualmente en situación de servizo activo en centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na actualidade na actualidade e durante o curso para o cal se solicita a actividade, así como ter tres anos de antigüidade como funcionario de carreira nos corpos de primaria, de secundaria, de escolas oficiais de idiomas, de profesores de música e artes escénicas, de catedráticos de música e artes escénicas, de profesores de artes plásticas e deseño, de catedráticos de artes plásticas e deseño ou profesores técnicos de formación profesional.
Terceiro.-Modalidades das axudas.
1. Visitas preparatorias do profesorado responsable da estadía de alumnos no centro receptor doutro país, co obxecto de facilitar os acordos de colaboración entre os centros e a preparación axeitada do proxecto.
2. Visitas de estudo do profesorado responsable de proxectos co fin de garantir a súa continuidade.
3. Intercambios de profesores co obxecto de mellorar o coñecemento dunha lingua estranxeira impartindo a materia da súa especialidade. Os solicitantes galegos compartirán, de xeito consecutivo, o seu posto cun docente estranxeiro.
4. Proxectos de aprendizaxe activa de linguas a través de estadías de alumnos en centros educativos estranxeiros, intercambios bilaterais centro a centro ou encontros multilaterais de distintos grupos de alumnos nun país estranxeiro, que teñan como obxectivo o aumento da motivación dos estudantes no que respecta á aprendizaxe dunha lingua estranxeira e á súa utilización como medio de comunicación.
Cuarto.-Requisitos.
1. Estas actividades deberán estar integradas na programación anual do curso. O seu obxectivo básico será o intercambio cultural, o achegamento lingüístico e, se é o caso, o perfeccionamento profesional e poderanse solicitar sempre que o centro non teña ningunha axuda concedida para ao mesmo proxecto de aprendizaxe de linguas, na acción Comenius 1.2. (proxectos lingüísticos) ou noutras convocatorias similares. No caso de obter dúas axudas para o mesmo proxecto deberase renunciar a unha delas.
2. As visitas preparatorias e de estudo contarán cunha axuda variable en función do país e serán realizadas por un só profesor de cada centro educativo. A Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais poderá autorizar a participación doutro profesor en casos excepcionais e que estean debidamente xustificados.
3. Os proxectos de aprendizaxe activa de linguas comprenderán as actividades realizadas ao longo do curso, que culminarán na viaxe dos alumnos. As viaxes deberán ter unha duración non inferior a dez días.
4. As axudas máximas por alumno/profesor en concepto de reintegro de gastos de transporte, mantenza e aloxamento en función de se é un intercambio, unha visita preparatoria ou un intercambio de profesores concederanse de acordo cos baremos que figuran no anexo II.
5. Os proxectos de aprendizaxe activa de linguas deberán contar cun número mínimo de dez alumnos por centro, que estarán acompañados durante a viaxe e a estadía por un ou dous profesores do centro, podendo chegar a tres se o número de alumnos supera os trinta. Non obstante, a devandita dirección xeral poderá autorizar, en casos excepcionais e debidamente xustificados, un número inferior de alumnos.
Quinto.
1. O prazo de presentación de solicitudes será de 31 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde.
2. As solicitudes axustaranse ao modelo establecido no anexo I desta orde e irán acompañadas da documentación que se indica a continuación:
2.1. Axudas para visitas preparatorias e de estudos:
-Orzamento da viaxe e estadía.
-Proposta de proxecto do centro galego, co visto e prace do director.
-Documento de aceptación do centro de acollida.
-Certificación de ter ou non ter subvención ou axuda para a mesma finalidade procedente de calquera outra Administración ou ente público.
-Declaración responsable de que os beneficiarios non incumpren as condicións previstas nos puntos 2º e 3º do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
-No caso do centros privados concertados, certificado asinado e selado pola dirección do centro en que acepta participar en calidade de entidade colaboradora e asume todas as obrigas e compromisos establecidos nos artigos 28 e 32 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 11 de decembro) e no artigo 78 e 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG do 5 de novembro), aceptando a consellería esta sinatura.
2.2. Axudas para intercambios de profesores.
-Orzamento do intercambio.
-Proposta de proxecto do centro galego, cun certificado do director de que a actividade está recollida na programación do centro, que incluirá as actividades que vai desenvolver no propio centro, así como as que se realizarán no centro receptor.
-Autorización da Inspección Educativa.
-Calendario dos intercambios. Os intercambios deberán realizarse no centro receptor, por parte dos solicitantes, durante períodos non lectivos en Galicia.
-Documento de aceptación do centro receptor.
-Compromiso de subscribir unha póliza de seguros.
-Certificación de ter ou non ter subvención ou axuda para a mesma finalidade procedente de calquera outra Administración ou ente público.
-Declaración responsable de que os beneficiarios non incumpren as condicións previstas nos puntos 2º e 3º do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
-No caso do centros privados concertados, certificado asinado e selado pola dirección do centro en que acepta participar en calidade de entidade colaboradora e asume todas as obrigas e compromisos establecidos nos artigos 28 e 32 do Decre
to 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 11 de decembro), e no artigo 78 e 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG do 5 de novembro), aceptando a consellería esta sinatura.
2.3. Axudas para viaxes de alumnos para a aprendizaxe de lingua estranxeira:
-Proxecto pedagóxico da viaxe, que incluirá os obxectivos e as actividades de aprendizaxe realizadas durante o curso no propio centro, así como as actividades que vai realizar no centro receptor. Estas deberán estar relacionadas co traballo desenvolto polos alumnos durante o curso escolar, das cales se achegarán mostras acompañando a documentación. As ditas mostras poderanse presentar en soporte fotográfico ou vídeo.
-Certificado do director de que a actividade está recollida na programación anual do centro.
-Declaración xurada do director en que se fará constar a contratación dunha póliza de seguros que cubra o desprazamento e estadía dos alumnos no estranxeiro.
-Autorización do pai, nai ou titor legal para a participación do alumno nesta actividade. A autorización será solicitada polo director e quedará en poder do centro.
-Modalidade de aloxamento e tipo de transporte que se utilizará.
-Calendario da viaxe indicando as datas de saída e chegada do grupo.
-Nome dos profesores acompañantes á viaxe, materias que imparten e situación administrativa que teñan no centro con indicación de ser ou non coordinador do proxecto.
-Listaxes dos alumnos participantes no intercambio, con indicación do seu curso.
-Orzamento detallado dos gastos por conceptos con indicación dos derivados do aloxamento, segundo as modalidades de acollida, do transporte ao país que se visita, así como doutros gastos previstos. Deberase indicar o custo global por alumno e o custo global por grupo.
-Documento de aceptación do centro receptor.
-Certificación de ter ou non ter subvención ou axuda para a mesma finalidade procedente de calquera outra Administración ou ente público.
-Declaración responsable de que os beneficiarios non incumpren as condicións previstas nos puntos 2º e 3º do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
-No caso de centros privados concertados, certificado asinado e selado pola dirección do centro en que acepta participar en calidade de entidade
colaboradora e asumen todas as obrigas e compromisos establecidos nos artigos 28 e 32 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 11 de decembro) e no artigo 78 e 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG do 5 de novembro), aceptando a consellería esta sinatura.
Sexto.-Presentación de solicitudes.
As solicitudes asinadas polo director do centro dirixiránselle á Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (San Caetano, s/n, 15771 Santiago de Compostela), presentándoas a través do rexistro xeral. Tamén poderán utilizarse para a presentación de solicitudes calquera das dependencias previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. No caso de que optasen por presentar a súa solicitude nunha oficina de correos, farano en sobre aberto para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de correos antes de ser certificada.
A presentación da solicitude de concesión de axuda ou subvención polo interesado comportará a autorización á Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais para recadar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia se fose necesario. Igualmente levará implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e da súa publicación na páxina web da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
De acordo co establecido no artigo 71 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, aquelas solicitudes que non reúnan os requisitos sinalados, requirirase o interesado para que nun prazo de dez días emende as faltas ou acompañe os documentos preceptivos; de non o facer, considerarase que desistiu da súa petición e arquivarase o expediente.
Non poderán ter a condición de beneficiarios das axudas previstas nesta orde os alumnos e profesores nos cales concorra algunha das circunstancias previstas nos artigo 13.2º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
Sétimo.-As axudas, subvencións e convenios outorgados pola Xunta de Galicia figurarán nun rexistro con expresión das persoas físicas ou xurídicas beneficiarias, as cantidades concedidas, a normativa que amparou a concesión e a súa finalidade. Este rexistro será de acceso público por procedementos informáticos, nos termos previstos na lexislación de réxime xurídico das administracións públicas e do proce
demento administrativo común, e nas normas sobre tratamento e protección de datos de carácter persoal.
Oitavo.-Comisión de selección e criterios de valoración dos proxectos.
As solicitudes serán avaliadas por unha comisión de selección integrada polos seguintes membros:
Presidente: o subdirector xeral de Formación Permanente e Ensinanzas Especiais ou persoa na que delegue.
Vogais: o xefe do Servizo de Xestión Económica e Educación de Adultos, o xefe do Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e un inspector educativo.
Secretario/a: un/unha funcionario/a da Subdirección Xeral de Formación Permanente e Ensinanzas Especiais.
A comisión reunirase para seleccionar os proxectos tendo en conta os seguintes criterios:
a) Non ter recibido esta axuda, para a mesma modalidade, nas tres últimas convocatorias: 3 puntos.
b) A calidade do proxecto pedagóxico.
b.1) Prevese a realización ou non de actividades lectivas conxuntas durante o desenvolvemento do proxecto: ata 2 puntos.
b.2) Actividades específicas de aprendizaxe da lingua do país que se visita: ata 2 puntos.
b.3) Metodoloxía empregada: ata 2 puntos.
c) A participación no Plan experimental de potenciación de linguas estranxeiras nos institutos de educación secundaria, no Plan da anticipación da primeira lingua estranxeira en educación infantil e primaria, no Plan experimental de seccións europeas, no programa That\'s English!, nas accións Comenius 1 e Grundtvig 2 do programa Sócrates, así como no programa Leonardo, no Portfolio Europeo das Linguas: 3 puntos.
d) Non ter concedida axuda Comenius 1.2. (proxectos lingüísticos) ou Leonardo para a mesma actividade: 1 punto.
e) A acollida familiar como modalidade de aloxamento, no caso dos intercambios de alumnos: 1 punto.
A comisión poderá dispoñer a constitución dunha subcomisión técnica especializada só para os efectos de colaborar na valoración dos méritos previstos no artigo sétimo. Os membros da comisión poderán percibir axudas de custo por asistencias e axudas para gastos de locomoción por concorrer ás sesións conforme o Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).
A comisión de selección elaborará a proposta de adxudicación de subvencións e elevaraa á conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, que resolverá o que proceda.
Noveno.-Comunicación.
A concesión ou denegación da axuda resolverase por orde da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria e publicarase no Diario Oficial de Galicia. Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da recepción da notificación, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
As solicitudes entenderanse denegadas de non ditarse resolución expresa no prazo de seis meses contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Décimo.-Prazos dos pagamentos.
Para as axudas que non superen o importe de 6.000 euros, no momento da concesión poderá acordarse un anticipo de pagamento de ata un 80%, logo de aceptación da subvención. O 20% restante librarase unha vez finalizada e xustificada a actividade. Nas axudas que superen esta cantidade o pagamento realizarase integramente unha vez rematada a actividade.
Décimo primeiro.-Xustificación da actividade.
Logo de efectuada a viaxe, o centro docente deberá, de acordo co establecido no artigo 15 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, tramitar a seguinte documentación, no prazo máximo dun mes:
1. Certificación do director do centro na cal conste que o Consello Escolar aprobou os gastos efectuados.
2. Xustificación da totalidade do custo da viaxe de acordo cos datos indicados no orzamento inicial e desagregada por conceptos, asinada e selada polo director do centro. As facturas orixinais dos referidos gastos arquivaranse no centro docente para a súa custodia e para a posta en disposición, de ser o caso, dos órganos de control que teñan atribuídas as funcións de comprobación e control da aplicación deses fondos.
3. Certificación de ter ou non ter subvención ou axuda para a mesma finalidade procedente de calquera outra Administración ou ente público. O importe da subvención nunca poderá superar illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, o custo da actividade desenvolvida polo beneficiario ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable que legalmente se estableza. No caso de que o custo final sexa inferior
á axuda concedida deberase devolver a cantidade proporcional da axuda concedida en relación coa minoración resultante do orzamento.
4. Certificación do director do centro en que se faga constar o centro de acollida, as datas exactas da duración da actividade, o nome e curso dos alumnos, se é o caso, e do profesor/es que realizaron a viaxe.
5. Memoria do traballo realizado durante a estadía no país de acollida en formato papel ou informático. Incluirá os seguintes datos:
5.1. Visitas preparatorias e de estudo: obxectivos acadados de cara á realización do proxecto incluíndo un breve resumo deste: descrición, datas de realización, etc.
5.2. Intercambios de profesores: programación e avaliación das actividades realizadas no intercambio con descrición das actividades desenvolvidas, métodos utilizados, posibilidade de realización doutras actividades transnacionais e aspectos positivos e negativos que hai que considerar.
5.3. Proxectos de aprendizaxe de linguas, intercambios bilaterais e encontros multilaterais a través de estadías de alumnos en centros educativos estranxeiros:
a) Programación e avaliación das actividades realizadas no intercambio con descrición das actividades desenvolvidas e métodos utilizados.
b) Descrición ou entrega do traballo elaborado.
c) Incidencia do proxecto na mellora das capacidades lingüísticas dos alumnos na lingua estranxeira utilizada.
d) Valoración da estadía: aspectos positivos e negativos que se deben mellorar.
Os proxectos e traballos realizados polos centros seleccionados quedarán en poder da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, reservando o dereito de difundir os traballos realizados en función da súa orixinalidade e pasando a formar parte dos fondos documentais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Outros 23/01/2007
Nóminas
Orde do 16 de xaneiro de 2007 pola que se ditan instrucións sobre a confección
de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2007.
Outros 19/01/2007
Comisións de baremación
O día 22, coa comisión de baremación de profesores de escolas oficiais de idiomas, darase por rematada a revisión dos méritos por publicacións e artísticos(apartados 2.1.1, 2.1.2 e 2.1.3)
Moitos dos libros non foron valorados por non cumprir o requisito de presentar a certificación da editorial e haberá que aproveitar o período de reclamación para achegalo. Desde a CIG manifestamos o noso desacordo con que se esixa este certificado en publicacións anteriores ao presente ano por canto supón un agravio comparativo a respecto dos que presentaron esas mesmas publicacións, se teñen distintos autores, e xa foron valorados, e tamén dáse o caso de que teñen pechado diversas editoriais ás cales no seu momento non se lle solicitou dita certificación e actualmente resulta imposible facelo.
Outros 18/01/2007
O DOG para os centros de ensino
A partir do 1 de xaneiro de 2007 a Xunta de Galiza deixa de enviar gratuitamente aos centros o DOG (Diario Oficial de Galiza) porque está accesible en Internet de xeito libre en formato electrónico, non só o resumo senón tamén o contido dos mesmos na súa totalidade.
O centro que queira seguir a recibir o DOG en papel tería que subscribirse, e pagalo dos seus orzamentos.
Outros 17/01/2007
Listas de profesorado de cursos de Galego
Convocanse listas de profesorado colaborador para impartir os cursos de
galego promovidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, se establecen os
requisitos que deben posuír as persoas aspirantes, así como os criterios de baremación que se terán en conta para a elaboración das listas e o réxime de chamamento para impartir os cursos.
Outros 12/01/2007
Remate a baremación de Mestres
Rematado o período de baremación, aqueles concursantes que o estimen oportuno poden facer reclamacións ante o Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria. As reclamacións poderán presentarse por calquera dos sistemas habituais ou tamén por fax no número 981545484 ou por correo electrónico no seguinte enderezo: persoal.primaria@edu.xunta.es
Poden consultarse os resultados do baremo dende a seguinte LIGAZÓN
Outros 10/01/2007
Baremo definitivo de jazz
Desde aquí poderás consultar a publicación do baremo definitivo correspondente á convocatoria feita mediante o anuncio do 9 de novembro de 2006, da Secretaría Xeral, para solicitar prazas de interinidades e substitucións para impartir a especialidade de Jazz . Aparece no DOG de 15 de xaneiro.
Outros 08/01/2007
Fondo de Acción Social
Desde aquí poderás consultar o texto da resolución (publicada dentro da Consellaría de Traballo) do 28 de decembro de 2006 (no DOG do 5 de xaneiro de 2007) sobre os criterios de reparto das axudas do fondo de acción social do ano 2006.
Outros 07/01/2007
Real Decreto de Ensinanzas Mínimas
Desde aquí poderás consultar o novo Real Decreto sobre Ensinanzas Mínimas para a ESO que aparece publicado no BOE do 5 de xaneiro.