Calendario

Eventos do mes Xuño de 2007

Outros 29/06/2007
Decreto de galego
Desde aquí poderás consultar o Decreto 124/2007, do 28 de xuño, (no DOG de 29 de xuño) polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo.
Outros 28/06/2007
Destinos provisionais secundaria
Resolución do 20 de xuño de 2007, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2007-2008, entre profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia.
Outros 26/06/2007
Fondo de acción social
No DOG de 26 de xuño aparece a resolución do 15 de xuño de 2007, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais das axudas aprobadas e denegadas das prestacións de xubilación, fillos menores, estudos dos fillos e estudos do traballador do Fondo de Acción Social para o exercicio de 2006 para o persoal ao servizo da Administración da Xunta de Galicia. Poderás consultar a listaxe coa resolución provisional desde aquí.
Outros 25/06/2007
Aptos na fase de prácticas
Desde aquí poderás consultar a Orde de 12 de xuño (en DOG de 25 de xuño) pola que se declaran aptos na fase de prácticas a opositores que superaron os procedementos selectivos para ingreso no corpo de mestres, convocados polas Ordes do 7 de febreiro de 2005 e 10 de marzo de 2006.
Outros 25/06/2007
Destinos provisionais primaria.
Desde aquí poderás consultar o DOG de 25 de xuño coa Resolución do 19 de xuño de 2007, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2007-2008 aos mestres que non teñan destino definitivo, aos que resultan desprazados por falta de horario, aqueles aos que se lles conceda unha comisión de servizos por concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación familiar, e os que soliciten o reingreso no servizo activo.
Outros 21/06/2007
Destinos provisionais secundaria.
Desde aquí poderás consultar as listaxes de interinidades e substitucións para a adxudicación de destinos provisionais en secundaria.
Outros 20/06/2007
Apertura de listaxes de interinidades
As especialidades para as que se abren as listaxes son: Dicción e expresión oral, Teoría teatral, Dramaturxia, Teoría e historia da arte, Linguaxe musical, Expresión corporal, Espazo escénico, Dirección escénica, Técnicas gráficas, Técnicas escénicas, Interpretación, Interpretación no musical, Interpretación con obxectos, Literatura dramática, Canto aplicado á arte dramática, Danza aplicada á arte dramática, Caracterización e indumentaria, Iluminación. Desde aquí poderás consultar o resto da información. Anúnciase na páxina web da Consellaría a próxima publicación dunha corrección de erros no DOG.
Outros 15/06/2007
Opos 2007 Listaxes definitivas de admitidos
A Consellaría de Educación vén de publicar no seu portal na internet as listaxes definitivas de opositores admitidos e excluídos para as oposicións dos distintos corpos docentes (mestres, PES, PTFP, EOI, etc..).
Outros 15/06/2007
Opos 2007. Distribución por tribunais.
A Consellaría de Educación vén de publicar na súa web a distribución por tribunais dos distintos opositores, tanto para a oposición ao corpo de mestres como para a dos distintos ciorpos de secundaria. En breve está prevista a súa publicación no DOG.
Outros 14/06/2007
Oferta ciclos de FP
Desde aquí poderás consultar a Orde do 28 de maio (en DOG do 14 de xuño) pola que se actualiza a oferta de ciclos formativos polo réxime ordinario, por curso completo en modalidade presencial, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galiza.
Outros 13/06/2007
Comisións de servizo
Desde aquí poderás consultar a Orde do 7 de xuño (en DOG do 14 de xuño) pola que se convoca concurso de méritos específico entre funcionarios do corpo de mestres para cubrir, en comisión de servizos, postos de escolarización a alumnado de atención preferente.
Outros 12/06/2007
Aprendizaxe de linguas
Desde aquí poderás consultar a Orde do 1 de xuño de 2007 pola que se establece o programa de cursos para a formación complementaria da aprendizaxe de linguas estranxeiras, Cuale, nos institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia.
Outros 07/06/2007
Concurso de traslados de secundaria
Desde aquí poderás consultar o DOG de 7 de xuño onde aparece publicada a resolución definitiva do concurso de traslados de secundaria.
Outros 07/06/2007
Prazas de chinés e xaponés
Desde aquí poderás consultar o anuncio do 6 de xuño de 2007, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas das escolas oficiais de Idiomas de Vigo e A Coruña, nas especialidades de chinés e xaponés.
Outros 06/06/2007
Premios extraordinarios de bacharelato
Desde aquí poderás consultar o DOG do 6 de xuño onde se publica a Orde do 29 de maio de 2007 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2006-2007.
Outros 04/06/2007
Axudas a estudantes
Desde aquí poderás consultar a listaxe provisional coas puntuacións obtidas, coa adxudicación de prazas e listaxe de suplentes da Orde do 1 de marzo de 2007 pola que se convocan axudas dirixidas ao alumnado de bacharelato para realizar actividades de inmersión lingüística no estranxeiro (DOG do 13/03/07).
< Xuño 2007 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30  

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario