Calendario
Eventos do día 27 de Maio de 2025
Programa EduMob
Resolución provisional na web da Consellaría coa selección de centros e alumnado para participar no programa EduMob de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade con alumnado matriculado en centros pertencentes á Région Académique de Grand Est (Francia) durante o curso 2025/2026.
Proba de galego nas oposicións
Na web da Consellaría publícanse as cualificacións da proba eliminatoria de acreditación do coñecemento de lingua galega das oposicións do 2025.
Bibliotecas escolares solidarias
Anúnciase a concesión de cinco Selos de Biblioteca Escolar Solidaria e as dez experiencias premiadas na modalidade de Voluntariado na biblioteca escolar Primaria de centros integrados no programa Bibliotecas escolares solidarias no curso 2024/25