Calendario
Eventos do día 21 de Maio de 2025
Resolución do CXT de secundaria no DOG
Publica hoxe o DOG a resolución definitiva do concurso de traslados do profesorado de secundaria, EOI, música, artes plásticas e deseño, profesorado especialista en sectores singulares da FP, mestres de taller e inspección.
Programa CUALE
Publicada a convocatoria dirixida a centros de secundaria, CPIs, CIFPs, para a participación no programa de formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado Cuale para o curso 2025/26.
FP plurilingüe
Anunciada a resolución pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional plurilingües para o curso 2025/26.
Ciclos formativos en centros militares
O BOE publica unha actualización dos ciclos formativos de grao superior e grao medio de FP que se imparten en centros docentes militares.